Antonio López Barro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1906 Naves, España |
Morte | 29 de decembro de 1936 (29/30 anos) Lugo, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Outros nomes | Ruso |
Actividade | |
Ocupación | funcionario, político, sindicalista |
Antonio López Barro, coñecido como Ruso, nado en Naves (Llanes) cara a 1906 e finado en Lugo o 29 de decembro de 1936, foi un funcionario e político asturiano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Coñecido como "Ruso" porque o adoptaran os propietarios dunha fonda do Saviñao coñecida como Fonda do Ruso. Empregado nas oficinas do Concello do Saviñao e veciño de Escairón. Secretario da Agrupación Republicana de Escairón en 1931, foi nomeado fiscal municipal do Saviñao en xuño de 1931.[1] Membro da UGT, foi secretario da Agrupación Socialista de Escairón dende 1932. Pola súa participación na folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido e estivo preso en Monforte de Lemos durante tres meses.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 29 de xullo. Xulgado en Lugo por rebelión militar o 9 de decembro, foi condenado a pena de morte. Foi executado as tapias do cuartel da Garda Civil de Lugo o 29 de decembro de 1936.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de la Verdad, 9-6-1931, p. 1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Sampil Sánchez, Enrique (1999). "A carta do Ruso". Circular polo Saviñao. Escairón: Círculo Saviñao. pp. 207–218.
- Souto Blanco, Mª Jesús (2005). "Morir y ser muerto. Estudio de tres casos ejemplares entre los condenados a pena capital en el primer franquismo". Semata. Ciencias Sociales y Humanidades (17): 473–499.