Antón Figueroa Mosteiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1915 Curtis, España |
Morte | 22 de outubro de 2005 (89/90 anos) Lugo, España |
Actividade | |
Ocupación | médico, farmacéutico, político |
Familia | |
Fillos | Adela Figueroa |
Antón Figueroa Mosteiro, nado en Curtis en 1915 e finado en Lugo o 22 de outubro de 2005,[1] foi un farmacéutico, médico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do farmacéutico Manuel Figueroa Barros que se estableceu en Curtis. Marchou a Lugo con dous anos e alí estudou Farmacia por libre. Recibiu unha bolsa da Fundación Figueroa. Licenciouse na Universidade de Santiago de Compostela en 1936 e enfermo de tuberculose marchou a Salamanca onde fixo Medicina.[2] En 1934 fundou con Ramón Piñeiro as Mocedades Galeguistas de Lugo. Traballou no Hospital General de Madrid co doutor Enrique de la Vega Uaco, e despois, en Lugo, co doutor Exiquio Sánchez Cuesta. Logo foi forense. En 1944 fíxose cargo da farmacias de Lugo herdada do seu pai. Participou na fundación da Editorial Galaxia. Logo da morte de Franco militou no PSOE do que foi presidente da agrupación local de Lugo.