Ana María Bejarano Escanilla
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1959 (64/65 anos) Salamanca, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Barcelona (1990–) |
Actividade | |
Ocupación | tradutora |
Premios | |
Ana María Bejarano Escanilla, nada en Salamanca en 1959, é unha tradutora e investigadora española especializada en filoloxía semítica. Foi galardoada co Premio Nacional de Tradución de España do ano 2016 pola tradución á lingua española de Gran Cabaret, de David Grossman[1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É profesora da Sección de Hebreo e Arameo do Departamento de Filoloxía Semítica da Universidade de Barcelona e coordinadora dos cursos de lingua hebrea da Escola de Tradutores de Toledo da Universidade de Castela-A Mancha.
Publicou versións de máis de cincuenta obras da literatura hebrea contemporánea, traducidas dende o hebreo ó español, cos xéneros de novela, conto, ensaio, teatro e poesía.