Alónissos
Αλόννησος (el) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Grecia | ||||
Administracións descentralizadas | Decentralized Administration of Thessaly and Central Greece (en) | ||||
Periferias | Tesalia | ||||
Unidades periféricas | Sporades Regional Unit (en) | ||||
Concello | Alonnisos Municipality (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 117 (2001) (1,81 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 64,5 km² | ||||
Medición | 4,5 () × 20 () km | ||||
Bañado por | Mar Exeo | ||||
Altitude | 456 m | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 370 05 | ||||
Prefixo telefónico | 24240 | ||||
Páxina web | alonissos.gr |
Alónissos, Alonisos ou Alonnisos (grego:Αλόννησος) é unha illa grega no mar Exeo. Logo de Skiathos e Skopelos é a terceira das Espóradas. Está a 3 km da illa de Skopelos. Alonissos é tamén o nome dun pobo da illa, así como do municipio que abarca a illa e o pobo.
O pobo de Alonissos atópase na parte sur da illa. É coñecida localmente como Chora (cidade). O principal porto da illa atópase no sueste e chámase Patitiri. Hai servizo de transbordador e de hidrofoil de Patitiri a Volos, Agios Konstantinos e Salónica no continente e as illas de Skiathos, Skopelos e Skyros. A baía no extremo sur da illa tamén se chama Alonissos.
O Municipio de Alonissos inclúe as outras illas da Adelfoi, Gioura, Kyra Panagia (Pelagos), Peristera, Piperi, Psathoura e Skantzoura.
Historia
[editar | editar a fonte]Na Idade Media e ata o século 19, o pobo foi coñecido como Chiliodromia o que significa, un milleiro de rutas. Outros nomes foron Liadromia e Heliodromia. En tempos antigos, o lugar era coñecido como Ikos Evonymos.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A illa na súa parte máis ancha ten de 4´5 km de noroeste a sueste e na súa parte máis longa ten de 20 km de suroeste a nordés. A illa é na súa maioría de pedra calcaria. Atópase ao leste de Grecia continental da prefectura de Magnesia, ao nordés de Eubea e ao noroeste da illa de Skyros. Alonissos ten unha estrada principal que conduce a tres aldeas na parte occidental da illa e varios camiños por toda a illa.
A Illa
[editar | editar a fonte]A agricultura está moi estendida en Alonissos, predominantemente granxas mixtas e viñedos. Os principais produtos son améndoa, uva, figos e olivas. Os abetos son abundantes na illa. Mentres que a pesca é unha profesión popular na illa, o turismo é agora a principal industria.
A vivenda tradicional componse de casas con paredes de pedra, que, ata 1965, estaban centradas na capital. Unha pequena fortaleza protexíaa contra os inimigos e piratas. A illa e a vila resultaron gravemente danados co terremoto de 1965. Moitos habitantes non volveron á vila de Alonissos, pero si a Patitiri. A antiga vila foi restaurada nos últimos anos, e as casas reconstruídas son agora utilizadas para o turismo.
As praias ao redor da illa son de seixos. O ecosistema no lado norte da illa está en boas condicións. O Monachus monachus (-Monachus monachus) é común ao redor da illa, e en 1992 foi creado o Parque Mariño de Alonissos para protexer as focas e outros animais.
Comunidades e subdivisiónses
[editar | editar a fonte]O municipio comprende varias pequenas illas con poboacións residentes. A superficie total do municipio é de 129´607 km². No censo de poboación de 2001 había 2.700 habitantes, dos cales só 28 persoas vivían nas outras illas.
Illa de Alonissos
[editar | editar a fonte]- Agios Petros (Άγιος Πέτρος) [censo de poboación de 2001: 7]
- 'Alonissos' (Αλόννησος) [173]
- Chrysi Milio (Χρυσή Μηλιά)) [35]
- Gerakas (Γέρακας) [24]
- Isiomata (Ισιώματα) [19]
- Kalamákia (Καλαμάκια) [45]
- Marpounta (Μαρπούντα) - abandonada [0]
- Mourtero (Μουρτερό) [65]
- Patitiri (Πατητήρι) [1697]
- Steni Vala (Στενή Βάλα)) [107]
- Votsi (Βότση) [500]
Outras Illas
[editar | editar a fonte]- Adelfoi (Αδελφοί) [11]
- Gioura (Γιούρα) [0]
- Kyra Panagia (Κυρά Παναγιά) [10]
- Peristera (Περιστέρα) [5]
- Piperi (Πιπέρι) [2]
- Psathoura (Ψαθούρα) [0]
- Skantzoura (Σκάντζουρα) [0]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alónissos |