Saltar ao contido

Almanaque Agrícola ZZ

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Almanaque Agrícola ZZ

Editar o valor en Wikidata
Fundación1953
Lingualingua galega
LocalidadeO Porriño
Na rede
https://www.syngenta.es/servicios/almanaque-agricola
editar datos en Wikidata ]

O Almanaque Agrícola ZZ é un almanaque agrícola de periodicidade anual editado no Porriño desde 1953, orixinalmente por iniciativa da empresa Zeltia Agraria e desde 2001 pola súa sucesora Syngenta Agro.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

O primeiro número apareceu en 1953, a iniciativa de Fidel Isla Couto e de Ismael Sierra Franco.[1] Ao igual ca os números seguintes, foi integramente en galego. A publicación informa sobre os ciclos da Lúa, as datas para os labores da terra, feiras e festas, coñecementos agronómicos, cultura popular, refraneiro e contos e información da propia empresa. Nos primeiros números as viñetas debuxábana ilustradores recoñecidos e logo apareceron as fotografías a toda cor. Nos primeiros anos do comezo do século XXI distribuíanse anualmente 100.000 exemplares de balde entre os distribuidores oficiais.[2]

En 2024 recibiu o Premio Antonio Palacios á cultura.

  1. Pérez Rego, David e Alonso Rodríguez, Albino (2005) "Un caso destacado de publicaciones españolas: el almanaque agrícola ZZ de Zeltia" Boletín de la ANABAD Vol. 55 Nº 3 pp: 123-126
  2. "O "Mintireiro Verdadeiro" e o "Almanaque Agrícola ZZ" sobreviven logo de máis de cincuenta anos a publicar en galego" consello da Cultura Galega, 2 de xaneiro de 2005

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]