Alfagann é Flanagan
Alfagann é Flanagan | |
---|---|
Título orixinal | Alfagann és Flanagan |
Autor/a | Andreu Martín e Jaume Ribera |
Orixe | Cataluña |
Lingua | catalán |
Colección | Fóra de Xogo (nº 14) |
Xénero(s) | Novela negra, literatura xuvenil |
Editorial | Edicións Xerais |
Data de pub. | decembro 1996 |
Formato | 13 x 21 cm. edición rústica cosida a fío |
Páxinas | 208 |
ISBN | 978-84-8302-072-2 |
Precedido por | Flanagan de luxe |
Seguido por | Flanagan Blues Band |
Tradución | Xavier Rodríguez Baixeras |
[ editar datos en Wikidata ] |
Alfagann é Flanagan é un libro escrito en 1996 por Andreu Martín e Jaume Ribera. É o quinto da saga protagonizada polo detective xuvenil Flanagan.
Trama
[editar | editar a fonte]Principios de febreiro. Xa hai un mes que Nieves, unha das "corpos dez" de clase, está desaparecida. Malia que a carreira de detective de Flanagan está de capa caída, é contratado polo pai para que averigüe algo. Ao tempo, o pai pídelle información sobre Paco (o mozo da súa irmá Pili), e Charcheneguer pretende contratalo para que lle consiga un exame no instituto.
Flanagan descobre que o pai de Nieves lle mente, e que mente á súa muller. Coa colaboración de Blanca Online, outra dos "corpos dez", deduce que Nieves foi violada polo señor Lage, o xefe do seu pai, e que o pai, apertado pola ameaza do paro, prefire non denuncialo.
Un grupo de pícaros anda a loitar ó seu modo contra o señor Lage. Malia que ó principio ven a Flanagan como un inimigo, logo deciden que non é un mal tipo, e colaboran. Finalmente, aínda que nunha situación límite e logo de que o señor Lage ameace con disparar e matar a Nieves, chega a policía e o detén. Pero isto non serve de moito. Sae absolto da acusación da violación por falta de probas, e só está un ano na cadea polo delito de posesión de armas de fogo e ameazas. Por outra banda, Nieves é incapaz de recompoñer a súa vida, e finalmente mudará de barrio cos seus pais sen avisar a ninguén.
Narración
[editar | editar a fonte]Logo de varios fracasos, semella que o asunto do amor pinta ben para Flanagan, que anda amigado con Blanca Online.
Nesta ocasión Flanagan volve ser enganado pola xente para desviar a súa atención, pero finalmente todo acaba saíndo ben.
O libro convértese nunha clara alegación contra o silencio nos casos de violación e abusos a menores. Hai que falar do tema, para evitar que se repitan os casos e para que os culpables non queden impunes.
O título, un anagrama, débese a que varias personaxes intercambian mensaxes escritas codificadas para se comunicaren.