Agripina
Aparencia
Agripina[1] é un nome propio feminino galego. Provén do latín Agrippina, forma feminina de Agrippa, e o seu significado é "de parto difícil", por ser dado no Imperio Romano a nenos e nenas que nacían en posición podálica, cos pés por diante.[1]
En xaneiro de 2023 existían 121 mulleres en Galicia co nome Agripina, cunha media de idade de 77 anos.[2]
Persoas
[editar | editar a fonte]- Vipsania Agripina, filla de Agripa e a primeira dona do emperador Tiberio (36 a.C. - 20 d. C.);
- Vipsania Marcela Agripina, filla de Agripa por parte da súa segunda dona, Claudia Marcela, e dona de Publio Quintilio Varo;
- Vipsania Xulia Agripina, filla de Agripa e neta de Augusto, quen a educou na súa propia casa;
- Agripina a Maior, nome co que se coñecía a Xulia Vipsania Agripina, esposa de Xermánico e nai do emperador Calígula (14 a. C. - 33 d. C.);
- Agripina a Menor, nome co que era coñecida Xulia Vipsania Agripina, filla da anterior, irmá de Calígula e nai de Nerón (15 - 59);
- Agripina de Mineo, mártir cristiá (f. 262).