Saltar ao contido

Aespa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aespa
OrixeSeúl, Corea do Sur
Período2020-presente
Xénero(s)
Selo(s) discográfico(s)
Membros
  • Karina
  • Giselle
  • Winter
  • Ningning
Na rede
https://aespa.com e https://aespa-official.jp
IMDB: nm12160550 Rottentomatoes: celebrity/aespa Metacritic: person/aespa
Facebook: aespa.official Twitter: aespa_official Instagram: aespa_official Youtube: UC9GtSLeksfK4yuJ_g1lgQbg TikTok: aespa_official Spotify: 6YVMFz59CuY7ngCxTxjpxE iTunes: 1540251304 Last fm: aespa Musicbrainz: b51c672b-85e0-48fe-8648-470a2422229f Songkick: 10157778 Discogs: 8724412 Allmusic: mn0003996763 Genius: Aespa Editar o valor en Wikidata

Aespa (en hangul, 에스파; romanización revisada do coreano, Eseupa; McCune-Reischauer, Esŭp'a; estilizado como aespa ou æspa) é un grupo feminino surcoreano formado por SM Entertainment. O grupo consta de catro integrantes: Karina, Giselle, Winter e Ningning. Debutaron o 17 de novembro de 2020, co sinxelo Black Mamba.[1][2]

Aespa é notable por introducir o concepto de metaverso e explorar o xénero musical hyperpop no K-pop. Grazas a isto, converteuse nun dos grupos femininos con máis éxito de Corea do Sur, con recoñecemento tanto a nivel nacional como internacional.[3][4] O seu regreso co sinxelo Next Level en maio de 2021 foi un éxito comercial, chegando á segunda posición en listas como Circle e K-pop Hot 100 en Corea. Aespa gañou varios premios importantes, incluíndo "Canción do ano" nos Korean Music Awards e Melon Music Awards. En outubro de 2021, lanzaron o seu primeiro miniálbum, Savage, e o seu sinxelo principal do mesmo nome. O EP converteuse no álbum debut dun grupo feminino de K-pop coa posición máis alta na listas Billboard 200 de Estados Unidos no número 20, mentres alcanzou o número dous en Corea do Sur e marcou a súa primeira entrada no top 40 na Billboard Global 200.

En xullo de 2022, Aespa lanzou o seu segundo EP Girls, que rompeu o récord do álbum máis vendido da historia por un grupo de K-pop feminino e converteuse no primeiro en vender un millón de copias na primeira semana de lanzamento. Tamén debutou co número tres nas listas do Billboard 200, tendo o seu primeiro álbum no top 10 en Estados Unidos. O seu terceiro EP, My World foi lanzado en maio 2023, alcanzando máis de dous millón de vendas e converténdose no seu segundo álbum top 10 no Billboard 200. En maio de 2024, o grupo lanza o seu primeiro álbum de estudio, titulado Armageddon. Isto foi precedido polo éxito comercial do seu sinxelo " Supernova", que se converteu na primeira canción do grupo na lista Circle Digital Chart, encabezando a lista durante once semanas, ademais do seu primeiro éxito no top 10 nas listas Billboard Global (excluíndo Estados Unidos). En outubro do 2024, a canción principal co mesmo nome do quinto EP de Aespa Whiplash converteuse no seu primeiro éxito no top 10 do Billboard Global 200 na posición número oito.

2016-19: Predebut

[editar | editar a fonte]

Ningning foi presentada como parte do grupo de adestramento SM Rookies de SM Entertainment o 19 de setembro de 2016. Durante o seu tempo neste equipo, participou no segmento «Rookies Princess: Who's the Best?» do programa My SMT en 2016 e gravou varios covers para o programa surcoreano Shining Star en 2017.[5]

Karina estivo catro anos adestrando na empresa antes de debutar. Durante o seu tempo como aprendiz, apareceu no videoclip da canción «Want» de Taemin, o seu compañeiro de axencia, en febreiro de 2019, e posteriormente actuou xunto a el en varios programas musicais.[6] Karina tamén participou xunto a Kai nunha presentación para o showcase virtual de colaboración de SM Entertainment e Hyundai, Beyond Drive.[7]

O logotipo de Aespa tamén foi revelado ao final do videoclip «One (Monster & Infinity)» de SuperM.[8]

O seu nome é unha combinación de «æ», que significa «Experiencia Avatar X», e «aspecto», que significa «dous lados», e simboliza «encontrar o outro eu» e «experimentar un novo mundo».[9]

Giselle - NingNing - Karina - Winter
  1. "SM 신인 걸그룹 에스파, 17일 데뷔 확정…독특 세계관". n.news.naver.com (en coreano). 2 de novembro de 2020. Consultado o 5 de novembro de 2020. 
  2. Lee, Jung-woon (2 de novembro de 2020). "SM新女团aespa将于17日出道 | 韩联社". Yonhap (en chinés). Consultado o 28 de novembro de 2020. 
  3. "Aespa: Representatives of the Metaverse Era". L'Officiel Singapore (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2023. Consultado o 13 de maio de 2023. 
  4. "How K-Pop Group aespa Is Making the Metaverse Their Home". Time (en inglés). 11 de maio de 2022. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2022. Consultado o 13 de maio de 2023. 
  5. Lee Yoo-min (20 de setembro de 2016). "SM루키즈, 중국 출신 새 멤버 2인 공개 '기대'". TV Daily (en coreano). Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2020. Consultado o 2020-11-17. 
  6. Kim, Soo-young (11 de novembre de 2020). "'SM 신인' 에스파, 카리나 아바타 티저 공개…점까지 유지민 판박이". Naver (en coreano). Consultado o 2 de novembro de 2023. 
  7. "Hyundai and SM Entertainment Present 'The All-New Tucson, Beyond DRIVE' Innovative Virtual Showcase for Hot New SUV". Hyundai Motors (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2023. Consultado o 2 de novembro de 2023. 
  8. Garcia, Cara Emmeline (16 de outubro de 2020). "SM Entertainment announces new girl group, "aespa"". GMA Network (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2023. Consultado o 14 de outubro de 2023. 
  9. "SM 신인 걸그룹 ‘에스파(aespa)’ 11월 데뷔!". SM Town (en coreano). 26 de outubro de 2020. Consultado o 16 de novembro de 2020. 
  10. Ham Young-hoon (7 de decembro de 2021). "에스파 등 K스타 가상 제페토 공연, 한국매력 알린다" [K-star virtual ZEPETO performance, such as Aespa, to promote Korean charm]. Herald Economy (en coreano). Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2021. Consultado o 31 de decembro de 2021 – vía Naver. 영화 '아바타' 같은 느낌의 K팝 스타 에스파 리더 카리나 등 멤버들이 진짜 아바타의 모습으로 확장 가상세계에서 공연한다. [Members such as K-pop star Aespa leader Karina, who feel like the movie 'Avatar', perform in an expanded virtual world in the form of real avatars.] 
  11. Jeong Hee-yeon (28 de outubro de 2020). "SM, 신인 걸그룹 aespa(에스파) 카리나 공개 [공식]" [SM reveals new girl group aespa Karina [Official]] (en coreano). Sports Donga. Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2021. Consultado o 30 de agosto de 2021 – vía Naver. 
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 "[인터뷰] aespa, 지금 'Black Mamba'로 입덕하면 데뷔팬!: 네이버 포스트" [[Interview] aespa, if you become a fan of 'Black Mamba', debut fan!] (en coreano). SM Entertainment. 17 de novembro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2021. Consultado o 26 de decembro de 2020 – vía Naver Post. 
  13. Kim Soo-young (5 de febreiro de 2021). "에스파, 퍼포먼스만? 노래도 잘하네 ... 보컬 매력 극대화 'Forever' [신곡in가요]" [Aespa, performance only? You sing well ... Maximizing vocal charm 'Forever' [New song in song]] (en coreano). The Korea Economic Daily. Arquivado dende o orixinal o 5 de febreiro de 2021. Consultado o 6 de febreiro de 2021 – vía Naver. 
  14. Cheon Yun-hye (27 de outubro de 2020). "SM 새 걸그룹 에스파, 첫 멤버 윈터 공개 ... 뛰어난 보컬+댄스 실력 겸비" [SM's new girl group Aespa reveals its first member Winter ... Excellent vocal + dance skills] (en coreano). Herald POP. Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2021. Consultado o 30 de agosto de 2021 – vía Naver. 
  15. Chu Seung-hyun (9 de novembro de 2020). "SM 신예 에스파 닝닝 아바타 공개 ... 매력적인 보컬 눈길" [SM's newest Aespa Ningning avatar released ... Attractive vocal gaze] (en coreano). Seoul Economic Daily. Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2021. Consultado o 30 de agosto de 2021 – vía Naver. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]