Aerodramus sawtelli
Aerodramus sawtelli Salangana das Cook Salangana de Atiu | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Vulnerable[1] | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Aerodramus sawtelli Holyoak, 1974 | |||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||
|
Aerodramus sawtelli, denominada kōpeka na lingua maorí das Illas Cook,[2] de onde é orixinaria, é unha especie de ave da subclase das neornites, infraclase dos neognatos, orde dos apodiformes, familia dos apódidos e tribo dos colocaliinos (salanganas), unha das integradas no xénero Aerodramus.[1][3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1974 polo científico británico David Holyoak.[4]
Historia taxonómoca
[editar | editar a fonte]Anteriormente foi coñecido como Collocalia sawtelli,[5] e como a subespecie Aerodramus leucophaeus sawtelli (Holyoak, 1974).
Características
[editar | editar a fonte]É unha ave escura e veloz voadora. Mide 10 cm de lonxitude, e é de cor café escuro polas partes superiores, e lixeiramente máis claro polas inferiores.[6]
Distribución e poboación
[editar | editar a fonte]A especie está restrinxida á illa de Atiu, no arquipélago das Cook, aínda que existe un posíbel rexistro histórico temperán en Mitiaro.[7]
Cando se recolectou en 1973 na cova Anatakitaki había preto de 60 niños, e os habitantes locais informaron que había algunhas colonias máis pequenas noutras partes da illa.[4]
Segundo observadores locais a poboación da especie eran maiores hai varias décadas.[8]
En 1987-1988, un reconto detallado rexistrou 190 niños activos en dúas covas.[9] En 1994 e 1995 realizáronse recontos adicionais e, aínda que o número de niños activos en cada cova varía de ano en ano, os totais mantivéronse estábeis entre os 172 e os 175.[10]
Hábitat e ecoloxía
[editar | editar a fonte]Endémica da illa de Atiu, nas Illas Cook, o seu hábitat natural son as matogueiras tropicais e zonas mixtas cultivadas, onde se alimenta, e aniña nas covas calcarias da zona.[11]
A especie ten o seu hábitat en bosques, zonas de fentos, terras de cultivo, e áreas mixtas de horticultura, pero evita o anel de coral seco (makatea) de Atiu. Estas aves vense con maior frecuencia alimentándose a 3-5 m do solo, aínda que ocasionalmente descenden aos bordos de árbores ou arbustos.[12]
A especie aniña en colonias en covas de pedra calcaria de makatea.[13]
Status
[editar | editar a fonte]Aínda que está case en perigo de extinción, a súa poboación é estábel, calculándose en 350 individuos adultos e un pouco máis de 170 niños por ano.[14].
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UINC), considerando que a especie ten unha poboación pequena, confinada nunha illa, e que se reproduce en covas e, polo tanto, é susceptíbel a eventos estocásticos e a accións, cualifícaa como VU (vulneábel). De demostrase que a poboación está en declive, podería xustificar o paso a unha categoría de ameaza máis alta.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 BirdLife International (2016): Aerodramus sawtelli na Lista vermella da UICN.
- ↑ "Cook Islands Biodiversity& Natural Heritage". Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2016. Consultado o 16 de novembro de 2010.
- ↑ Ver Aerodramus na páxina Order Apodiformes na IOC World Bird List do Congreso Ornitolóxico Internacional. Versión 9.2. Consultada o 1 de outubro de 2019.
- ↑ 4,0 4,1 Holyoak, D. T. (1974): "Undescribed land birds from the Cook Islands, Pacific Ocean". Bulletin of the British Ornithologists' Club '94: 145-150.
- ↑ Collocalia sawtelli en Birds.
- ↑ Josep del Hoyo 2014.
- ↑ Steadman, D. W. (1989): "Extinctions of birds in Eastern Polynesia: a review of the records and comparisons with other Pacific Island Groups". Journal of Archaeological Science 16: 177-205.
- ↑ Rongo, T. & Dyer, C. (2014): Using local knowledge to understand climate variability in the Cook Islands. Avarua, Rarotonga, Cook Islands: Government of the Cook Islands Arquivado 01 de outubro de 2019 en Wayback Machine.. 55 pp.
- ↑ Tarburton, M. K. (1990): "Breeding biology of the Atiu Swiftlet". Emu 90: 175-179.
- ↑ McCormack, G. (1997): "Cook Islands: an oceanic oasis". World Birdwatch 19: 13-16.
- ↑ [https://web.archive.org/web/20090104141759/http://www.birdlife.org/datazone/search/species_search.html?action=SpcHTMDetails.asp&sid=1730&m=0 Arquivado 04 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine. Ficha en BirdLife International].
- ↑ Fullard, J. H.; Barclay, R. M. R. & Thomas, D. W. (2010): "Observations on the behavioural ecology of the Atiu Swiftlet Aerodramus sawtelli". Bird Conservation International 20 (4): 385-391.
- ↑ Pratt, H. D.; Bruner, P. L. & Berrett, D. G. (1987): A field guide to the birds of Hawaii and the tropical Pacific. Princeton, New Jersey, USA: Princeton University Press. ISBN 978-0-6910-2399-1.
- ↑ "birdlife.org". Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2011. Consultado o 16 de novembro de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aerodramus sawtelli |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Aerodramus sawtelli |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Josep del Hoyo; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A. & Fishpool, L. D. C. (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1: Non-passerines. Barcelona, España / Cambridge, UK: Lynx Edicions / BirdLife International. ISBN 978-84-9655-394-1.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Aerodramus sawtelli Arquivado 04 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine. en BirdLife Species Factsheet.
- Aerodramus sawtelli en Avibase.
- Atiu Swiftlet Aerodramus sawtelli Vídeos en The Internet Bird Collection.