A muller biónica
A muller biónica | |
---|---|
Creado por | Kenneth Johnson bseado na novela Cyborg de Martin Caidin |
Intérpretes | Lindsay Wagner Richard Anderson Martin E. Brooks |
País de orixe | USA |
Episodios | 58 |
Produción | |
Duración | 48 minutos |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | ABC (1976–1977) NBC (1977–1978) |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A muller biónica (en inglés: The Bionic Woman) é unha serie de televisión estadounidense, que naceu como spin-off da película para televisión The Six Million Dollar Man (O home dos seis millóns de dólares). Nesta serie naceu o personaxe de Jaime Sommers (a muller biónica), interpretado pola actriz Lindsay Wagner, que conseguiu un éxito notable e un Premio Emmy.
O primeiro episodio de The Bionic Woman emitiuse nos Estados Unidos en xaneiro de 1976. A serie tivo 3 tempadas, cun total de 58 episodios (algún deles filmado en coprodución con The Nuclear Man) no período entre os anos 1976 e 1978.
No 2007 a NBC emitiu unha nova serie dedicada á muller biónica, protagonizada pola actriz inglesa Michelle Ryan. Trátase dun remake que presenta algunhas diferenzas con respecto á serie orixinal. A causa da folga do sindicato de guionistas de Hollywood só se emitiron oito episodios.