Saltar ao contido

A Braña, Baleira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Braña
Igrexa parroquial
ConcelloBaleira[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°05′00″N 7°16′00″O / 43.08333333, -7.26666667
Área5,55 km²
Poboación52 hab. (2019)
Densidade9,37 hab./km²
Entidades de poboación3[1]
editar datos en Wikidata ]

San Miguel da Braña é unha parroquia do concello lugués de Baleira. No ano 2013 tiña 61 habitantes, agrupados en 3 entidades de poboación (Abrairas, con 13 habitantes, A Braña con 16 e Millares con 32), cunha densidade media de 11 hab/km².

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A súa altitude media é de 620 metros. Limita coas parroquias de Retizós (ao norte), Cubilledo (ao leste) e Fonteo (ao sur), e con Montecubeiro ao oeste (xa do concello de Castroverde).

Pertence ó arciprestado de Luaces. Era beneficio eclesiástico que presentaba o Marqués de Alcañices e o Señor de Vilacide. Noutros documentos figura coma presenteiro o Conde de Villanova de Caneda.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Entre os seus monumentos relixiosos destaca a Capela de Abrairas e a igrexa parroquial.

A capela de Abrairas é unha pequena capela de planta rectangular de construción popular. Solicitouse a construción en 1766 alegando que estaba moi distante á igrexa parroquial, máis dun cuarto de legua, e que o camiño tiña moita lama cando chovía. Foi bendita en 1769. Os muros son de cachotaría e cantaría de granito e lousa, e a cuberta de lousa a dúas augas. Coñécese baixo a advocación de San Ramón Nonato.

A igrexa parroquial de San Miguel sitúase na aldea da Braña. Foi edificada no século XVII, con profundas reformas ao longo do tempo. Ten planta rectangular e presbiterio da mesma forma. Nun lateral está acaroada a sancristía, de planta rectangular e con acceso dende o presbiterio e dende fóra por unhas portadas alinteladas. Os muros que a conforman son de cachotería e cantería de granito e lousa, e a cuberta de lousa a dúas e catro augas. O arco triunfal de acceso ao presbiterio é de medio punto con imposta. A portada principal é alintelada e culmina no frontis cunha espadana sinxela dun só van. Só conserva un retablo na capela maior, de estilo barroco.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares da Braña

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia da Braña no concello de Baleira (Lugo)

Abrairas | A Braña | Millares


Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Parroquias de Baleira

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Baleira

A Braña (San Miguel) | Córneas (Santiago) | Cubilledo (Santiago) | A Degolada (San Lourenzo) | A Esperela (San Pedro) | A Fontaneira (Santiago) | Fonteo (Santa María) | A Lastra (San Xoán) | Librán (Santa Mariña) | Martín (Santiago) | Pousada (San Lourenzo) | Retizós (Santa María Madanela)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]