ARD
- Véxase tamén: Atmospheric Reentry Demonstrator.
ARD | |
---|---|
Acrónimo | ARD |
Tipo | difusora |
Data de fundación | 5 de xuño de 1950 |
Presidente/a | Tom Buhrow (en) (2022-) |
Organización subsidiaria | Bayerischer Rundfunk, Südwestrundfunk, Westdeutscher Rundfunk, ARD Foto, ARD-Hauptstadtstudio e ARD-Stern |
Premios | sen etiquetar |
Sede | Stuttgart |
País | Alemaña |
Na rede | |
http://www.ard.de/ e https://www.ard.de/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
ARD, siglas de Arbeitsgemeinschaft der öffentlich-rechtlichen Rundfunkanstalten der Bundesrepublik Deutschland (en galego: "Consorcio de institucións públicas de radiodifusión da República Federal de Alemaña"), é unha organización conxunta de empresas de radiodifusión públicas rexionais de Alemaña. Fundada na Alemaña Occidental en 1950 para representar os intereses comúns dos novos e descentralizados servizos de radiodifusión da posguerra, e en particular, para a introdución dunha rede de televisión conxunta. A ARD é un dos membros fundadores da Unión Europea de Radiodifusión.
As diferentes institucións que forman a ARD son: BR, HR, NDR, Radio Bremen, RBB, SR, SWR e WDR, así coma a cadea internacional Deutsche Welle. ARD opera 54 estacións de redes rexionais e locais, dúas cadeas de radio nacionais, e sete redes de televisión rexionais, algunhas das cales emiten programación diferenciada durante certas horas do día.
Servizos da ARD
[editar | editar a fonte]Radio
[editar | editar a fonte]As estacións membros da ARD regulan a súa propia programación de radio. Algunhas colaboran para os servizos comúns de radio. A maioría das estacións da ARD teñen polo menos unha cadea de noticias, unha de música clásica, unha para a mocidade e un cultural. Durante a noite algunhas descansan na programación nocturna común, producida por un sistema de rotación entre as mesmas estacións. Hai tres servizos nocturnos comúns: Nachtexpress/Radiowecker (música lixeira), Nachtkonzert (música clásica) e Popnacht (música pop). Moitos dos servizos están na FM, aínda que outros tamén están dispoñibles vía dixital.
A rede que ten unha cobertura nacional é a DeutschlandRadio. Porén, DeutschlandRadio non é un membro exclusivo da ARD, senón que é controlada pola ARD e a ZDF. DeutschlandRadio ofrece dous servizos de radio: DeutschlandFunk (DLF), un servizo de novas, e DeutschlandRadio Kultur, un servizo de música. A radio internacional Deutsche Welle transmite en onda curta, aínda que a súa transmisión pode ser recibida vía satélite e Internet.
Televisión
[editar | editar a fonte]As principais cadeas de televisión da ARD son Das Erste, que é nacional, e sete cadeas rexionais operadas por diferentes axencias radiodifusoras locais. Estas cadeas estaban dispoñibles nos transmisores análogos terrestres ata que os transmisores análogos comezáronse a apagar no ano 2003. Das Erste e as terceiras cadeas, como as estacións de radio, fináncianse na súa maior parte a través de impostos específicos.
Das Erste transmite a nivel nacional as 24 horas do día, excepto por "Morgenmagazine" (un programa matutino que tamén se emite simultaneamente en ZDF de 05:30 a 9:00) e por 2 horas e media de programación rexional provista polas estacións membros na tarde.
Os respectivos membros rexionais operan unha cadea rexional propia, "die Dritten", os "Terceiros Canles". Estes son:
- Bayerisches Fernsehen da Bayerischer Rundfunk
- HR-fernsehen da Hessischer Rundfunk
- MDR Fernsehen da Mitteldeutscher Rundfunk
- NDR Fernsehen da Norddeutscher Rundfunk
- RBB Fernsehen da Rundfunk Berlin-Brandenburg
- SWR Fernsehen da Südwestrundfunk
- WDR Fernsehen da Westdeutscher Rundfunk.
As cadeas rexionais tamén teñen a opción de desencadenarse durante certas horas. As emisoras pequenas, como Radio Bremen e Saarländischer Rundfunk non teñen unha terceira cadea de televisión, senón que colaboran con NDR e SWR, respectivamente.
ARD tamén está envolta en diversas cadeas de investimento conxunto:
- 3sat, unha cadea cultural con ZDF, ORF e SRG
- KI.KA, unha estación infantil con ZDF
- Arte, unha cadea cultural franco-alemán
- Phoenix con ZDF
A emisora internacional Deutsche Welle tamén produce servizos de televisión; porén só están dispoñibles mediante satélite.
ARD engadiu tres cadeas adicionais como parte do seu paquete ARD Dixital:: EinsPlus, EinsExtra e EinsFestival.
Notas
[editar | editar a fonte]- ARD: ARD Jahrbuch 2005. Hans-Bredow-Institut, 2005 ISBN 3-8329-1730-6 (Partes en liña, en alemán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: ARD |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio oficial (en alemán)
- Información oficial da ARD en inglés (documento PDF)