Saltar ao contido

AJ Auxerre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Auxerre
NomeAssociation de la Jeunesse Auxerroise
Alcume(s)Marines et blancs
Les Girondins
Fundación1905
EstadioStade de l'Abbé-Deschamps,
Auxerre, Francia
Inauguración1918
Capacidade24.493
PresidenteFrancia Guy Cotret
AdestradorFrancia Cédric Daury
LigaLigue 2
2015–168.º
Na rede
http://www.aja.fr/
Facebook: ajaofficiel Twitter: AJA Instagram: aja Editar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo

A Association de la Jeunesse Auxerroise, máis coñecido como AJ Auxerre ou simplemente Auxerre, é un club de fútbol francés da cidade de Auxerre, na Borgoña. Foi fundado en 1905 e actualmente compite na Ligue 2, logo de descender na tempada 2011–12.

O AJ Auxerre foi fundado o 29 de decembro de 1905 polo Abade Ernest Deschamps. O Auxerre empezou sendo un club polideportivo no que había diferentes seccións. A sección de fútbol creouse en 1906.

En 1980 o equipo debuta na Ligue 1 francesa. En 1994 o Auxerre consegue o seu primeiro título, a Copa de Francia.

Auxerre é un club moi particular pola súa historia, a súa pequena cidade, o seu estilo de xogo, non moi similar ao resto de clubs franceses. O antigo xogador do Auxerre Éric Cantona, saído da canteira do equipo, declarou sobre o seu antigo club : "Francia non merece o Auxerre, Inglaterra sen dúbida pero non Francia"

  • Uniforme titular: Camiseta branca, pantalón branco e medias brancas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta azul, pantalón azul e medias azuis.

O Auxerre xoga no Stade de l'Abbé-Deschamps fundado o 13 de outubro de 1918 co nome de Stade de la Route de Vaux. En 1950 o estadio cámbiase o nome polo actual en honra ao fundador do club, que acababa de falecer ese ano. O estadio ten unha capacidade de 23 467 persoas.

Datos do club

[editar | editar a fonte]
  • Tempadas na Ligue 1: 25
  • Tempadas na Ligue 2: 7
  • Mellor posto na liga: 1º (tempada 1995/96)
  • Peor posto na liga: 15º (tempada 1981/82)
  • Maior goleada conseguida:
    • En campionatos nacionais: Auxerre 8 - 0 Sète (Ligue 2, tempada 1976/77)
    • En torneos internacionais: Nea Salamina (Chipre) 1 - 10 Auxerre (Intertoto tempada 1997/98)
  • Maior goleada encaixada:
  • Máximo goleador: Andrzej Szarmach (94 goles)
  • Máis partidos disputados: Martini Bruno (322 partidos de Ligue 1)

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais

[editar | editar a fonte]

Torneos internacionais

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]