Área de conservación Guanacaste
Tipo | espazo natural protexido organización | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Costa Rica | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | Patrimonio da Humanidade: 147.000 ha | |||
Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio natural → América Latina-Caribe | |||
Data | 1999 (23ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ix) e (x) | |||
Extensión dun sitio Patrimonio da Humanidade | 2004 | |||
Identificador | 928bis | |||
Categoría II da UICN: Parque Nacional | ||||
Historia | ||||
Cronoloxía | ||||
2004 | extensión dun sitio Patrimonio da Humanidade | |||
A Área de conservación Guanacaste é unha rede de áreas protexidas e Patrimonio da Humanidade da UNESCO na Provincia de Guanacaste, no noroeste de Costa Rica. O Patrimonio da Humanidade contén unha extensión ininterrompida de bosque tropical seco e un hábitat importante para varias especies vulnerables, incluíndo o Tapir de Baird, o Colibrí do mangleiral e o Gran guacamaio verde.[1] No parque localizáronse máis de 7.000 especies de plantas e 900 de vertebrados.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A superficie dos parques nacionais combinados suma 1470 km² desde 2004. Isto reflicte un proceso de crecemento a longo prazo, que comezou co establecemento do Parque Nacional de Santa Rosa en 1971. Durante varias décadas, compráronse terras circundantes e os parques nacionais próximos conectaronse á crecente área protexida, polo que a Área de Conservación de Guanacaste chegou a abarcar unha gran diversidade de bosque seco tropical, selva tropical, bosque nubrado e hábitats mariños. O parque contén preto de dous terzos dos animais en perigo de extinción de Costa Rica.[2]
Formalmente pasou a formar parte do Sistema Nacional de Áreas de Conservación—SINAC en 1994, e do Patrimonio da Humanidade en 1999. En 2004, o Patrimonio da Humanidade ampliouse cunha propiedade privada que mide 15.000 ha na selva tropical de Santa Elena.[1]
Elementos
[editar | editar a fonte]O Patrimonio da Humanidade inclúe:
- Parque Nacional de Santa Rosa
- Parque Nacional de Guanacaste
- Parque Nacional Volcán Rincón de la Vieja
- Refuxio de Vida Silvestre de Baía Junquillal
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Area de Conservación Guanacaste". United Nations Educational, Scientific, and Cultural Organization. Consultado o 14 de maio de 2021.
- ↑ Pringle, Robert M. (2017). "Upgrading protected areas to conserve wild biodiversity". Nature 546 (7656): 91–99. Bibcode:2017Natur.546...91P. PMID 28569807. doi:10.1038/nature22902.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Área de conservación Guanacaste |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha do sitio na UNESCO (en inglés e francés).
- Sitio web do Área de Conservación Guanacaste