Álex Alfaro
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 15 de xuño de 2002 (22 anos) Alacant, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Alejandro "Álex" Alfaro Cascales, nado en Alacant o 15 de xuño de 2002, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Deportivo Fabril, da Segunda Federación.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar ao fútbol no colexio e máis tarde no Carolina, equipo do seu barrio.[1] A continuación pasou pola canteira do Hércules e en 2014 ingresou nas categorías inferiores do Valencia CF, onde permaneceu catro anos. Pasou a súa etapa xuvenil no Elche, co que xogou na División de Honra.[2]
O 4 de setembro de 2021 debutou co Ilicitano na Terceira Federación, nun partido ante o Hércules B.[3] Axiña se afianzou na titularidade e nos seguintes dous anos disputou 60 encontros, 56 deles saíndo dende o once inicial. O 15 de agosto de 2022 debutou co primeiro equipo na Primeira División, substituíndo a Gerard Gumbau nunha derrota por 3-0 contra o Real Betis no Benito Villamarín.[4]
No verán de 2023 decidiu deixar o filial ilicitano e xogar nun club dunha categoría superior, fichando finalmente polo Alzira, da Segunda Federación.[1] Titular en todos os partidos a partir da cuarta xornada, no mercado invernal recibiu varias ofertas e decidiu aceptar a do Deportivo Fabril, da mesma categoría.[1]
Inmediatamente trala súa chegada ao filial deportivista, converteuse nunha peza importante para o conxunto de Óscar Gilsanz, que lle deu a titularidade en case todos os encontros que restaban da tempada. Comezou como titular indiscutible a tempada 2024/25,[5] disputando completos os 11 primeiros encontros de liga do Fabril, ata que en outubro recibiu as súas primeiras convocatorias co primeiro equipo do Deportivo da Coruña, ao que acababa de subir Gilsanz trala destitución de Idiakez. O 24 de novembro debutou co primeiro equipo na Segunda División, nun partido ante o Sporting de Gijón en Riazor. Saltou ao terreo de xogo no tempo de desconto no lugar de David Mella, rematando o encontro con empate a un gol.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Antelo, Iván (13 de xaneiro de 2024). "Álex Alfaro, nuevo fichaje del Fabril: «Llegué a las 7 de la mañana tras diez horas en coche, y a las 9.30 estaba entrenándome en Abegondo»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 24 de novembro de 2024.
- ↑ "¡Explosión goleadora en el Elche Ilicitano! Los «cracks» de un filial en su mejor momento" (en castelán). Consultado o 24 de novembro de 2024.
- ↑ "El mini-derbi entre Ilicitano y Hércules CF B acaba en tablas" (en castelán). 5 de setembro de 2021. Consultado o 24 de novembro de 2024.
- ↑ Morago, José (16 de agosto de 2022). "El Elche cae 3-0 ante el Betis en un partido errático de los ilicitanos". Cadena SER (en castelán). Consultado o 24 de novembro de 2024.
- ↑ Pereira, Eder (23 de outubro de 2024). "El paso al frente de Alfaro, indiscutible para Gilsanz y en el punto de mira de Idiakez". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 25 de novembro de 2024.
- ↑ "O Dépor suma un punto ante o Sporting de Gijón en "un partido moi esixente desde o principio"". 25 de novembro de 2024. Consultado o 24 de novembro de 2024.