Saltar ao contido

Lucio Cornelio Sila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLucio Cornelio Sila

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Lucius Cornelius L.f.P.n. Sulla Felix Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento138 a. C. Editar o valor en Wikidata
Roma Antiga Editar o valor en Wikidata
Morte78 a. C. Editar o valor en Wikidata (59/60 anos)
Puteoli, Roma Antiga (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza cerebrovascular Editar o valor en Wikidata
Senador romano
valor descoñecido – 78 a. C.
Triunviro monetario
84 a. C. – 80 a. C.
Ditador romano
82 a. C. – 80 a. C.
Tribuno militar
Cuestor
Cónsul romano

Cónsul romano

Pretor
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma Antiga Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico da Roma antiga, líder militar, militar da Roma antiga, político Editar o valor en Wikidata
Período de tempoRepública Romana Tardía Editar o valor en Wikidata
Partido políticooptimates Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
LealdadeRepública Romana Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaCornelii Sullae (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeJulia (década de 110 a. C.–década de 100 a. C.)
Aelia (década de 100 a. C.–década de 90 a. C.)
Cloelia (década de 90 a. C.–89 a. C.)
Caecilia Metella Dalmatica (89 a. C.–80 a. C.)
Valéria Messala (79 a. C.–78 a. C.) Editar o valor en Wikidata
ParellaNicopolis
Metrobius Editar o valor en Wikidata
FillosFausta Cornelia
 () Caecilia Metella Dalmatica
Cornelius Sulla
 () Caecilia Metella Dalmatica
Cornelia Postuma
 () Valéria Messala
Faustus Cornelius Sulla
 () Caecilia Metella Dalmatica
Cornelia
 () Julia Editar o valor en Wikidata
PaisLucius Cornelius Sulla Editar o valor en Wikidata  e valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
IrmánsCornelia
Publius Cornelius Sulla Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteVidas paralelas
Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1121979

Lucio Cornelio Sila, c. 138 a. C – 78 a. C., foi un político e xeneral romano, membro dunha antiga familia patricia romana de modesta fortuna.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Recibiu unha boa educación e era un apaixonado da literatura e das artes. Sila dilapidou os seus primeiros anos nunha vida de pracer, pero comezou a súa carreira política tras herdar unha fortuna de grande envergadura de parte da súa madrasta.

As migracións de cimbrios e teutóns

Loitou co exército de Mario na guerra contra Iugurta, no 107, e grazas ás súas habilidades diplomáticas conseguiu que Bocco lle entregase a Iugurta. Sila permaneceu ao mando de Mario durante a guerra entre os cimbros e os teutóns ata o 102 a.C. Daquela abandonou a Mario para servir co Quinto Cátulo, conseguiu a vitoria de Campi Raudii en 101 a. C. Sila fracasou en ser elixido pretor para o 98 pero grazas a unha serie de cuantiosos subornos foi elixido no 99 a.C.

Sila iniciou a súa carreira (107 a.C) servindo como cuestor durante a guerra contra o rei de Numidia, Iugurta, baixo as ordes de Caio Mario. O rei númida levaba anos acosando os romanos con grande éxito, e a pesar do avance logrado por Mario, o duro conflito prolongábase. Sila foi enviado na calidade de embaixador a parlamentar co sogro do esquivo monarca númida, o tamén rei Bocco de Mauritania, co cal trabou amizade e logrou convencer para que traizoase a Iugurta, apresándoo para os romanos (105 a.C). O evento proporcionou a Sila un gran prestixio militar e unha considerable popularidade tanto co cónsul coma cos soldados, atribuíndoselle a fin da guerra. Plutarco afirma que esta circunstancia foi o comezo da fricción entre Mario e Sila, posto que aquel se volveu envexoso do éxito do seu subordinado e este non facía senón atizar o lume cunha actitude fachendosa que atopou eco entre algunhas persoas, inimigos políticos de Mario.

A derrota dos cimbrios, por Alexandre-Gabriel Décamps (Museo do Louvre).

A situación de extremo perigo creada pola invasión de cimbros e teutóns adiou as posibles diferenzas entre xeneral e subordinado, e Sila permaneceu baixo as ordes de Mario nas sucesivas campañas dos anos 104 a.C e 103 a.C. Dirixiu con éxito unha expedición contra os tectosagos, matando o seu caudillo Cepilo, e pouco despois, como tribuno militar, destacaría tamén ao negociar un tratado cos marsos e dirixir extraoficialmente o exército do cónsul Lutacio Catulo -un dos protexidos de Mario- contra os cimbros, que ameazaban o norte de Italia. Derrotounos en Vercellae no ano 101 a.C., dando mostras ao mesmo tempo da súa capacidade para o combate e a organización.

Finalmente, a disputa con Mario manifestouse en toda a súa amplitude trala vitoria sobre os cimbros: Catulo e Sila parecen reclamar máis crédito pola súa actuación en Vercellae do que Mario estaba disposto a conceder. En circunstancias tan nimias e puerís -expresa Plutarco- fundamentouse o odio de ambos, que máis tarde conduciu aos desmandos da Guerra Civil e despois á tiranía e á perversión de todo o Estado. Porén, o conflito entre Mario e Sila desenvolveuse máis lentamente do que Plutarco e outros autores parecen admitir, e non adquiriu o carácter de aberta hostilidade ata moito máis tarde.

Despois de moitas loitas, de modificar as leis do Senado, de cuñar moeda co seu nome e de crear moitos aliados e inimigos, retirouse da política; influíu na súa decisión unha profecía que escoitara había xa moito tempo en Cilicia, segundo a cal morrería no cumio do poder. Viviu unha vida tranquila, aínda que extravagante, dedicada ao estudo e ao pracer, en Campania, escribindo as súas memorias en vinte e dous libros que foron editados por Lúculo. No 78 casou de novo e morreu.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Quién es quién en la Antigua Roma. John Hazel . Ediciones archivos acento, 2002.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]