Saltar ao contido

Historias de Oregón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Historias de Oregón
Título orixinalHistorias de Oregón
Autor/aDiego Ameixeiras
OrixeGaliza
Linguagalego
Xénero(s)Novela
EditorialEdicións Xerais
Data de pub.novembro de 2011
Formato14,7 x 22 cm.
edición rústica cosida a fío
Páxinas104
ISBNISBN 978-84-9914-312-5
Precedido porAsasinato no Consello Nacional
Premios
editar datos en Wikidata ]

Historias de Oregón é unha novela de Diego Ameixeiras, publicada por Edicións Xerais en novembro de 2011 logo de que gañase ese verán o Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia.

A trama relaciona diversos personaxes da vila de Oregón, heterónimo literario de Ourense. A acción discorre nun verán de forte calor.

Aurora P.G. é unha muller que sofre os maltratos do seu home. Unha enfermeira que coñece a través da doazón de sangue intenta animala para que faga tai chi. Cae no cristianismo e confesa a un sacerdote que lle atrae a idea do suicidio, mais mata o seu home, Andrés Carracedo Sánchez, cun coitelo.

Ponte sobre o río Bibei na Pobra de Trives.

Diana Maroto é unha rapaza de São Paulo de 20 anos que ten unha filla alá e exerce a prostitución en Oregón. É asasinada por un home, e logo de que o seu corpo apareza a tres quilómetros da ponte do Bibei, Eusebio R.S. acaba confesando o crime.

Camélia V.P. é unha prostituta portuguesa, que unha vez ao mes se cita cun construtor de sona nun motel á beira da estrada de Santiago de Compostela, a 10 km da vila. Nunha das citas róuballe a carteira con bastantes cartos. Dá estes cartos á nai de Diana, xunto con outros recadados por emigrantes da vila, para que llos dea á súa neta.

Rafael B.D. está namorado da doutora Carme Méndez T., mais esta non quere seguir con el. Autolesiónase e contrata os servizos de Camélia.

Mateo G.L. é un peón forestal. Ten algún negocio escuro con Gumersindo E.V., quen matou a Anselmo Vázquez Prada, un construtor que lle tiña que dar uns cartos. Carlos A.N. é amigo de Mateo e irmán de Rosa A.N., á súa vez muller do construtor.

Narración

[editar | editar a fonte]

A obra está narrada en terceira persoa cun narrador omnisciente.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]