H.G. Wells
Herbert George Wells, máis coñecido como H. G. Wells, nado o 21 de setembro de 1866 en Atlas House, Bromley, Kent[1] , e finado o 13 de agosto de 1946, foi un escritor británico. Estivo nomeado catro veces ao Premio Nobel de Literatura.[2]
Biografía
[editar | editar a fonte]Primeiros anos, estudos e relacións
[editar | editar a fonte]Naceu o 21 de setembro de 1866 en Bromley, hoxe incluído no Gran Londres, daquela en Kent,[1] como terceiro fillo de Joseph Wells e da súa esposa Sarah Neal. A familia pertencía á empobrecida clase media-baixa. Os seus pais eran antigos criados que estableceran un pequeno negocio, ademais o pai xogaba ao crícket profesionalmente. En 1874 como consecuencia dunha fractura dunha perna, H. G. Wells tivo que pasar un tempo na cama, durante ese tempo afeccionouse á lectura. En 1877 o seu pai lesionouse e tivo que deixar o crícket, Wells para a axudar á economía familiar empregouse como aprendiz nunha tenda de tecidos. En 1883 logrou un emprego de mestre na Midhurst Grammar school ata que conseguiu unha bolsa de estudos na Escola Normal de Ciencias de Londres, onde estuda bioloxía con T.H. Huxley e participa no debate político achegándose ás posicións socialistas da Sociedade Fabiana, foi un dos fundadores do xornal da súa escola, The Science School Journal. En 1887 perdeu a bolsa ao suspender xeoloxía e marcha a vivir cunha tía súa que ten unha filla, Isabel, coa que Wells casou en 1891, pero en 1894 déixaa por unha alumna súa, Amy Catherine, con quen tivo dous fillos. Ademais Wells tivo relacións coa feminista Margaret Sanger e coas escritoras Amber Reeves e Rebecca West. Wells mantivo correspondencia coa galega Hildegart Rodríguez Carballeira, e tiña a pretensión de que fose a súa secretaria en Londres en 1933, pero Hildegart foi asasinada ao pouco pola súa nai Aurora R. Carballeira.[3]
Diversidade de xéneros
[editar | editar a fonte]Wells foi un autor prolífico que escribiu nunha variedade de xéneros literarios, incluíndo ciencia ficción, ducias de novelas, relatos, obras de crítica social, sátiras, biografías e autobiografías. É lembrado polas súas novelas de ciencia ficción e é frecuentemente citado como o "pai da ciencia ficción" xunto con Jules Verne e Hugo Gernsback.[4][5]
Visión social
[editar | editar a fonte]Durante a súa vida foi recoñecido como un crítico social con visión de futuro, mesmo profética, que dedicou o seu talento literario ao desenvolvemento dunha visión progresista escala global. Wells estudou orixinalmente bioloxía e as súas ideas sobre cuestións éticas desenvolvéronse nun contexto específico e fundamentalmente darwinista.[6] Tamén foi sempre un socialista que moitas veces (aínda que non sempre, como no inicio da primeira guerra mundial) simpatizaba coas opinións pacifistas. Os seus traballos posteriores foron cada vez máis políticos e didácticas, deixando de lado a ciencia ficción, mentres que ás veces indicaba en documentos oficiais que a súa profesión era o xornalismo.[7] Novelas como Kipps ou The Story of Mr. Polly, que describen a vida de clase media baixa, levou a suxerir que era un digno sucesor de Charles Dickens,[8] aínda que Wells retratou numerosos estratos sociais e mesmo intentou, en Tono-Bungay (1909), un diagnóstico da sociedade inglesa no seu conxunto. Padecendo diabetes, Wells cofundou The Diabetic Association (hoxe coñecida como Diabetes UK) en 1934 con fins benéficos. Por mor dos seus escritos relacionados coa ciencia, en 1970 decidiuse na súa honra chamar H. G. Wells a un astroblema lunar situado no lado afastado da Lúa.[9]
Imaxinou viaxar no tempo, invasións alieníxenas, invisibilidade e enxeñería biolóxica. Entre as súas obras máis destacadas están A máquina do tempo (1895, levada ao cine polo seu bisneto Simon Wells como A máquina do tempo en 2002), A illa do doutor Moreau (1896), O home invisible ( 1897), A guerra dos mundos (1898) e A guerra no aire (1907).
Como futurista, escribiu varias obras utópicas e previu a chegada dos avións, tanques, viaxes espaciais, armas nucleares, televisión por satélite, e foi dos poucos, con Isaac Asimov, que predixo algo similar a Internet.[10]
Obra
[editar | editar a fonte]En 1888 publica o seu primeiro relato, The Chronic Argonauts, en The Science School Journal, pero foi con The Time Machine (A máguina do tempo) (1895), The Island of Dr. Moreau (A illa do doutor Moreau), The Invisible Man (O home invisible) (1896) e The War of the Worlds (A guerra dos mundos) (1898) cos que acada a popularidade. Con clara influencia de Jules Verne, trata temas que se converterán en clásicos da ciencia ficción como o da fantasía científica, o cuestionamento da propia humanidade ou a invasión extraterrestre. Escribiu tamén unha serie de novelas utópicas como In the Days of the Comet ou The Shape of Things to Come
Listaxe
[editar | editar a fonte]- A máquina do tempo[11] (The Time Machine, 1895)
- The Stolen Bacillus and Other Incidents (1895)
- A illa do doutor Moreau[12] (The Island of Doctor Moreau), 1896)
- The Wheels of Chance (1896)
- O home invisible[13] (The Invisible Man, 1897)
- A guerra dos mundos[14] (The War of the Worlds, 1897)
- Dos días do porvir[15][16] (A Story of the Days to Come, 1899)
- When the Sleeper Wakes (1899)
- Love and Mr. Lewisham (1900)
- The First Men in the Moon (1901)
- Mankind in the Making (1903)
- The Scepticism of the Instrument (1903)
- The Food of the Gods and How It Came to Earth (1904)
- Kipps[17] (1905)
- A Modern Utopia (1905)
- Nos días do cometa (In the Days of the Comet, 1906)
- The War in the Air (1908)
- First and Last Things (1908)
- Ann Veronica (1909)
- Tono-Bungay (1909)
- The History of Mr Polly (1910)
- The New Machiavelli (1911)
- The Country of the Blind and Other Stories (1911)
- The Sleeper Awakes (1911) - Edición revisada de When the Sleeper Wakes
- Floor Games (1911)
- Marriage (1912)
- Little Wars (1913)
- The World Set Free (1914)
- The Research Magnificent (1915)
- God the Invisible King (1917)
- War and the Future (1917)
- The Soul of a Bishop (1917)
- The Outline of History I, II 1920, 1931, 1940 (1949, 1956, 1961, 1971)
- The Secret Places of the Heart (1922)
- Men Like Gods (1923)
- The World of William Clissold (1926)
- Meanwhile (1927)
- Mr Blettsworthy on Rampole Island (1928)
- The Open Conspiracy (1928)
- The Shape of Things to Come (1933)
- An Experiment in Autobiography (1934
- Star-Begotten (1937)
- Crux Ansata (1943)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Parrinder, Patrick (2004). Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press.
- ↑ [https://www.nobelprize.org/nomination/archive/show_people.php?id=10075 "Base de datos de nominacións : Herbert G Wells". Premio Nobel.org. Consultado o 19 de marzo de 2015.
- ↑ Traverso, Alba Hernández (2020-12-15). "El asesinato de Hildegart Rodríguez Carballeira. La Virgen Roja". Archivos de la Historia (en castelán). Consultado o 2022-04-22.
- ↑ Adam Charles Roberts (2000), [https: / /books.google.com/books?id=IRw_MIPjnXwC&pg=PA48"A historia da ciencia ficción", páx. 48.] En: Ciencia ficción, Routledge, ISBN 0-415-19204-8.
- ↑ Siegel, Mark Richard (1988). Hugo Gernsback, pai da ciencia ficción moderna: con ensaios sobre Frank Herbert e Bram Stoker. Borgo Pr. ISBN 0-89370-174-2.
- ↑ Robert M. Philmus e David Y. Hughes, ed., ' 'H. G. Wells: Early Writings in Science and Science Fiction (Berkeley, Los Angeles e Londres: University of California Press, 1975), p. 179.
- ↑ Vincent Joke, H . G. Wells: A Biography (Londres, Nova York e Toronto: Longmans, Green, 1951).
- ↑ Vincent Brome, H. G. Wells: A Biography (Londres, Nova York e Toronto: Longmans, Green, 1951), p. 99.
- ↑ [http: / /planetarynames.wr.usgs.gov/jsp/FeatureNameDetail.jsp?feature=62474 Ficha técnica do cráter lunar H. G. Wells, Gazeteer of Planetary Nomenclature.] Consultado o 5 de xullo de 2009.
- ↑ Modelo:Quote publication
- ↑ A máquina do tempo. Traducido por Raúl Araya (1ª ed.). A Coruña: Toxosoutos. 2002. ISBN 8474660203 – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ A illa do doutor Moreau. Traducido por Onofre Savaté (1ª ed.). Edicións Positivas. 2005. ISBN 84-87783-86-4 – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ O home invisible. Traducido por Francisco Bedoya Díaz. Xerais. 1991 – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ Ficha Arquivado 10 de decembro de 2017 en Wayback Machine. en BiTraGa. Traducido por Esther Sánchez Rodríguez e Gonzalo Constenla Bergueiro e publicado por Edición Xerais (Col. Xabarín, nº 55) en 1997.
- ↑ traducido por Alejandro Tobar e publicado pola Editorial Hugin e Munin en 2018.
- ↑ Salgado, Daniel. Sermos Galiza, ed. "O futurismo crítico de H.G. Wells". Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2018. Consultado o 4 de abril de 2018.
- ↑ Ficha Arquivado 11 de decembro de 2017 en Wayback Machine. en BITRAGA. Traducido por Celia Recarey e publicado por Irmás Cartoné en 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galicitas posúe citas sobre: H.G. Wells |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Obra de H. G. Wells no Proxecto Gutenberg. (en inglés)