Saltar ao contido

Persecucións aos cristiáns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A persecución aos cristiáns é o conxunto de accións represivas ou maltrato, persistentes, realizadas por un individuo ou máis -comunmente un grupo específico- sobre as persoas con crenzas ou prácticas cristiás. Non se trata só da violación do dereito a escoller a súa relixión, senón de toda discriminación ou trato vexatorio.

Tales persecucións consisten en diversas prácticas, como a diminución de dereitos públicos, o encarceramento, a tortura, a execución, o pago dun imposto suplementario, a expropiación ou destrución dos seus bens, propiedades, arte, libros ou símbolos ou a incitación á renegación da súa fe e a delatar outros cristiáns.

Idade Antiga

[editar | editar a fonte]

Persecucións durante o Imperio Romano

[editar | editar a fonte]

Século I

[editar | editar a fonte]
A crucifixión de San Pedro, por Caravaggio, representa o momento no que o Apóstolo Pedro é crucificado boca abaixo porque non se considera digno de morrer como o seu mentor.

As primeiras persecucións contra os cristiáns veñen recollidas no Novo Testamento, efectuadas polos xudeus, que vían o nacemento do cristianismo como unha seita da súa relixión. Polo tanto podemos considerar a Cristo como o primeiro axustizado a causa da súa fe cristiá. O seguinte -segundo a Biblia- foi Estevo, un seguidor de Xesús que foi apedrado.[1] Os apóstolos foron presos en numerosas ocasións, chegando algúns a ser executados.

O primeiro caso documentado da persecución aos cristiáns polo Imperio Romano atribúese ao emperador Nerón.[2] No ano 64, houbo un grande incendio en Roma, que destruíu boa parte da cidade e devastou economicamente a poboación romana. Nerón culpou os cristiáns do terríbel incendio, aumentando aínda máis a sospeita pública xa existente e -pódese dicir- exacerbou as hostilidades contra eles por todo o imperio.[3] As formas de execución utilizadas polos romanos incluían a crucifixión e seren devorados por leóns e outras feras salvaxes. Milleiros deles foron tamén mortos nas rúas; outros eran cosidos en costais, despois embarrañados con peixe e queimados vivos nos banquetes nocturnos que Nerón realizaba nos seus xardíns. San Pedro e San Paulo morreron nesta persecución.

Outro emperador lembrado pola súa crueldade cos cristiáns foi Domiciano, entre os anos 81 e 96. Entre os numerosos cristiáns martirizados durante esta persecución estaban Simeón, bispo de Xerusalén, que foi crucificado. Flavia, filla dun senador romano, foi así mesmo desterrada ao Ponto; e ditouse unha lei dicindo: «Que ningún cristián, unha vez traído ante un tribunal, quede exento dun castigo sen que renuncie á súa relixión». Segundo a tradición, durante esta persecución San Xoán foi botado a un caldeiro con aceite fervendo, pero foi preservado milagrosamente. Logo foi desterrado á illa de Patmos, onde recibiu revelacións divinas acerca do futuro da Igrexa e da gloria do ceo, e escribiu o libro da Apocalipse.

Século II

[editar | editar a fonte]

As persecucións continuaron baixo o goberno de Traxano (98-117). O papa San Clemente foi unha das súas primeiras vítimas. Ademais Simeón (segundo bispo de Xerusalén) foi crucificado e san Ignacio (bispo de Antioquía) foi botado aos leóns no anfiteatro de Roma. Este emperador considera a confesión do cristianismo como un crime digno da morte, pero prohibe a busca dos cristiáns e a aceptación de denuncias anónimas. Este foi o primeiro avance para a liberación do cristianismo durante o imperio romano. Porén, a quen se lle probase a adherencia ao cristianismo recibiría a pena de morte. Calquera que demostrase non ser cristián ao ofrecer culto aos deuses, era liberado.

Esta represión proseguiu baixo Hadriano, quen profanou os lugares sagrados de Xerusalén e erixiu estatuas de deuses pagáns no lugar do calvario e sobre o sepulcro de Xesucristo.

Tras un período de benevolencia cara aos cristiáns durante o mandato de Antonino Pío, a represión foi retomada durante o reinado de Marco Aurelio (161-180). Parte do problema que os cristiáns tiveron durante esta época foi maiormente provocado pola plebe, que saqueou as comunidades cristiás de Asia Menor fundadas polo apóstolo Paulo. A condena de Marco Aurelio ao cristianismo tivo repercusións tan coñecidas como a condena a morte de Xustino. A persecución de Lión, que foi precedida pola violencia colectiva incluíndo asaltos, roubos e lapidacións, provocou a aniquilación da nacente cristiandade desta cidade.[4][5] Outros cristiáns coñecidos foron torturados e martirizados neste momento, como Potino ou Blandina.

Século III

[editar | editar a fonte]

A persecución cristiá entrou nunha nova etapa cando as autoridades romanas se deron conta de que cada vez eran máis numerosas as comunidades cristiás e formaban unha unidade poderosa mediante unha organización eclesiástica universal. A presentación da Igrexa como unha organización xurídica supranacional, que apareceu visíbel dende finais do século II, constituíu o fondo sobre o que xurdiu un decreto do emperador Septimio Severo no ano 202, debido ao cal a persecución da Igrexa se estendeu e aumentou, especialmente en Cartago, Alexandría, Roma e Corinto. San Clemente de Alexandría dixo desta persecución: «Todos os días se queiman e crucifican mártires ante os nosos ollos».

Posteriormente outra persecución, suscitada por Maximino Tracio no 235, comezou por sucesivos terremotos, que os pagáns atribuían ao esquecemento dos seus deuses. Dous papas, Pontiano e Antero, e moitos outros, sufriron martirio sen seren xulgados, sendo enterrados indiscriminadamente a montóns, ás veces cincuenta ou sesenta botados nunha mesma fosa común.

A persecución de Decio (250-251) quería terminar coa Igrexa matando os seus líderes, polo que se dirixiu especialmente contra os bispos e o clero. O emperador Decio decretouna coa escusa de que o cristianismo e o Imperio Romano nunca poderían reconciliarse. Nos seus días a persecución aos cristiáns abrangueu todo o imperio. Neste período un gran número de cristiáns renegaron da súa fe para salvar as súas vidas pero aínda así milleiros de persoas foron torturadas e executadas.[6]

Século IV

[editar | editar a fonte]
A derradeira oración dos mártires cristiáns, por Jean-Léon Gérôme (1883), plasmou unha escena deste masacre atroz.

A persecución de Diocleciano, tamén coñecida como «Gran Persecución», foi a máis cruel persecución dos cristiáns no Imperio Romano.[7] Foi planeada pola suprema autoridade imperial, que en pouco máis dun ano promulgou catro edictos sucesivos, nos que se marca o ritmo crecente da acción emprendida contra a Igrexa. Un primeiro edicto no 303 ordenaba a destrución dos lugares de culto e dos libros das Sagradas Escrituras, e a privación dos dereitos civís aos cristiáns. Dous meses máis tarde, un segundo edicto dispuxo o internamento na prisión de todo o clero, co fin de privar os fieis dos seus pastores. Un terceiro esixía aos clérigos encarcerados que sacrificasen aos deuses: os que accedesen serían ceibados e daríase morte aos que rexeitasen o culto aos deuses pagáns. Finalmente, un cuarto edicto publicado xa no 304 estendeu a obriga de sacrificar todos os cristiáns. A persecución foi variando en intensidade ao longo do imperio: as represalias máis febles foron na Galia e en Britania, onde só se aplicou o primeiro edicto, mentres que as máis violentas tiveron lugar nas provincias orientais.

A persecución continuou ata que Constantino I chegou ao poder e, no 313, legalizou a relixión cristiá por medio do edicto de Milán. Porén, o emperador Xuliano (361-363) levou a cabo a derradeira persecución romana ao cristianismo. Entre tanto, foi soamente con Teodosio I cando o cristianismo se tornaría a relixión oficial do Imperio polo edicto de Tesalónica no 380.

Persecucións fóra do Imperio Romano

[editar | editar a fonte]

Entre os persas

[editar | editar a fonte]

Os cristiáns foron perseguidos polo Imperio Sasánida a partir do ano 337, por seren considerados traidores, amigos dunha Roma cada vez máis cristianizada. No 341, Shapur II ordenou o masacre de todos os cristiáns de Persia.[8]

Entre os godos

[editar | editar a fonte]

Nos séculos III e IV, misioneiros cristiáns (especialmente Ulfilas) levaron a moitos godos á conversión ao cristianismo ariano. Isto provocou unha reacción a favor da relixión gótica. Así, o rei gótico Atanarico iniciou unha política de persecución aos cristiáns, levando moitos deles á morte.[9]

Idade Media

[editar | editar a fonte]

Arabia preislámica

[editar | editar a fonte]

No século VI Dhu Nwas, rei xudeu do Himiar (no actual Iemen), promoveu un masacre contra os cristiáns da península Arábica iniciado no 518, destruíndo as cidades cristiás de Zafar e Najaran, queimando as súas igrexas e matando quen non renunciase ao cristianismo. O evento diminuíu considerabelmente a poboación cristiá na rexión.[10][11]

O nacemento do islam

[editar | editar a fonte]
Expansión do islam entre o 622 e o 750

Na época do expansionismo do islam (iniciado no 622) as poboacións da Mesopotamia, Siria, Fenicia (Líbano actual e costa siria), Exipto, Xordania, norte de África, Asia Menor (actual Turquía) e Armenia eran predominantemente cristiás.

Aos cristiáns foilles asignado o status de dhimmi (xunto con outros monoteístas, como xudeus, samaritanos e mandeos), que era inferior de musulmáns. Aos cristiáns, así, prohibíuselles baixo pena de morte realizar proselitismo (difundir ou promover o cristianismo) en terras conquistadas polos musulmáns, prohibíuselles portar armas e a realización de determinadas profesións. Baixo a xaria, os non-musulmáns foron obrigados a pagar impostos inxentes que en moitas ocasións non eran quen de pagar, polo que moitos cristiáns se viron obrigados a converterse ao islam ou a entregar os seus fillos aos gobernantes musulmáns, para seren vendidos como escravos ás familias musulmás. Ademais, os homes cristiáns non foron autorizados a casar con mulleres musulmás. Pola contra, os homes musulmáns foron autorizados a casar con mulleres cristiás, que debían converterse ao islam. Os cristiáns baixo dominio islámico tiñan o dereito de converterse ao islam ou calquera outra relixión, mentres que un musulmán non podía abandonar a súa fe, podendo chegar a ser penado coa morte. Mediante a promulgación do Pacto de Umar no 717, prohibiuse aos cristiáns amosar publicamente a cruz sobre os edificios das igrexas, chamar os fieis á oración cunha campá e reconstruír ou reparar igrexas e mosteiros despois de seren destruídos ou danados.

A Igrexa do Santo Sepulcro foi reconstruída posteriormente.

Durante a era do califa abásida Al-Mutawakkil aumentou a represión contra os cristiáns, ordenando a demolición de todas as igrexas en Iraq e noutros lugares. Produciuse entón o éxodo de cristiáns que se negaron a converterse ao islam desde as cidades cara ás zonas de montaña máis afastadas; foi o caso dos maronitas, que se desprazaron dende o fértil val do Orontes cara ás montañas do Líbano. Posteriormente, impedíuselles celebrar as súas festas e ordenouse a demolición dalgunhas das igrexas do Cairo e da Igrexa do Santo Sepulcro (Xerusalén), que contén os dous lugares máis sagrados da cristiandade: o lugar onde Xesús foi crucificado (o Calvario) e a tumba baleira de Xesús, onde se di que foi enterrado e onde resucitou. Esta demolición supuxo un dos principais motivos para o inicio das Cruzadas, contexto que supuxo o masacre de milleiros de cristiáns.

Imperio Timúrida baixo o goberno de Tamerlán.

O emperador Tamerlán instigou masacres de cristiáns a grande escala a finais do século XIV nos seus dominios, que comprendía desde o sueste de Turquía ata cerca de Kashgar, na China. A maioría das vítimas eran indíxenas enlaces externos asirios e armenios, os membros da Igrexa Asiria do Oriente, Igrexa Apostólica Armenia e Igrexas Ortodoxas, que levou ao exterminio de boa parte da poboación asiria que era maioritaria ata entón no norte de Mesopotamia e ao abandono da antiga cidade asiria de Ashur (no actual Iraq).

Tras a caída de Constantinopla, os soldados otománs usurparon a cidade nos días póstumos á batalla, obtendo así trofeos de guerra. A cidade foi saqueada, miles de cristiáns foron asasinados, moitas monxas foron violadas e unhas 30000 persoas foron desprazadas para seren escravizadas.

Dende o inicio da Idade Moderna (1492) á primeira guerra mundial (1914-1918)

[editar | editar a fonte]
Representación dos mártires de Nagasaki nunha pintura xaponesa do século XVII.

Tras o primeiro desembarco de mariñeiros portugueses no Xapón en 1542, comezou unha misión cristiá, liderada por Francisco Xabier. Nas décadas seguintes convertéronse centos de miles de xaponeses, incluíndo algunhas familias principescas, chegándose a formar unha institución central para o cristianismo no Xapón. O shogūn (valido) imperial tolerou inicialmente o estabelecemento de misións católicas, pensando aproveitar o feito da presenza dos cristiáns para diminuír o poder dos monxes budistas e axudar no comercio con España e Portugal. Posteriormente, o shogūn receou o colonialismo, vendo que Filipinas fora tomada polos españois tras a conversión da poboación. Viuse entón o cristianismo como unha ameaza e comezouse a perseguir os cristiáns. A relixión católica foi prohibida e os que recusasen renegala eran executados. En 1597 comezaron estas persecucións: 26 cristiáns foron crucificados (mártires de Nagasaki). A persecución continuou considerabelmente entre 1598 e 1639, 341 misioneiros e cristiáns xaponeses foron executados pola súa fe. Moitos dos cristiáns do Xapón continuaron por dous séculos a manter a súa relixión como cristiáns kakure, ou cristiáns ocultos, sen padres ou pastores. A maioría destes mártires foron canonizados durante os séculos XIX e XX.

Sultán Fateh Ali Tipu (1750-1799)

Coa chegada do colonialismo europeo á India nos séculos XVI, XVII e XVIII, os cristiáns foron sistematicamente perseguidos nos reinos da India baixo goberno musulmán. O caso máis salientábel foi o do sultán musulmán Fateh Ali Tipu, o gobernante do Reino de Mysore tomou medidas contra a comunidade católica de Mangalore e do Canara do Sur, distrito na costa suroeste da India. Tras o Tratado de Mangalore, en 1784, Tipu gañou o control do Canara, onde emitiu ordes para capturar os cristiáns, confiscar as súas propiedades, e deportalos para Seringapatam, a capital do seu imperio. 70 000 cristiáns desta rexión foron capturados e tan só 10 000 conseguiron escapar, uns 20 000 capturados morreron durante a viaxe á capital, que durou seis semanas nas que percorreron 340 km e ascenderon aos 1 200 m de altitude. As mulleres novas e nenas foron forzadas a converterse en esposas dos musulmáns do reino. Os mozos que ofreceron resistencia foron desfigurados cortándolles os seus narices, beizos superiores e orellas. Se se descubría a un fuxitivo era castigado mediante o corte das orellas, nariz, os pés e unha man. Tipu ordenou a destrución de 27 igrexas católicas. A persecución aos cristiáns de Tipu tamén se estendeu aos soldados británicos capturados. Por exemplo, houbo unha cantidade significativa de conversións forzadas de cativos británicos entre 1780 e 1784. Tras a súa desastrosa derrota na batalla de Pollilur, 7 000 homes británicos, xunto cun número descoñecido de mulleres foron mantidos en catividade por Tipu na fortaleza de Seringapatnam.

Unha das maiores persecucións contra os cristiáns da historia moderna tivo lugar no Vietnam ao longo do período que vai dende 1625 ata 1886. Calcúlase que neses anos foron asasinados uns 130 000 cristiáns.

A descristianización de Francia durante a Revolución Francesa é o nome que se lle da á campaña, impulsada polo presidente Robespierre, que comezou co inicio da Revolución Francesa, en 1789, para eliminar calquera símbolo que puidese ser asociado co pasado monárquico.

Estre estes símbolos atopábase o cristianismo, polo que a República Francesa iniciou un programa que incluía as seguintes políticas:

  • A abdicación forzada do clero, a deportación destes (30 000 padres foron obrigados a deixar Francia) e a condena de moitos deles á morte.
  • O peche e profanación de igrexas.
  • Eliminación da palabra "santo" dos nomes de rúas e outros actos para eliminar a cultura cristiá da esfera pública.
  • Eliminación de estatuas, placas e outra iconografía de lugares de culto.
  • Destrución de cruces, campás e outros signos de culto.
  • A instauración de cultos revolucionarios e cívicos, como o culto á razón.
  • A destrución a grande escala de monumentos relixiosos.
  • A prohibición de culto público e privado e da educación relixiosa.
  • Matrimonios forzados do clero (entre 6 000 e 9 000 foron obrigados a casar).
Fusilamentos en Nantes

En 1793, boa parte da poboación do departamento francés de Vendée levantouse en armas como "O Exército Católico" e loitou pola "protección e reapertura das súas igrexas parroquiais cos seus ex-sacerdotes". O movemento foi duramente reprimido. Despois da batalla de Savenay ocorreu o afogamento de 3 000 mulleres e nenos cristiáns e 5 000 sacerdotes no río Loira en Nantes, feito que foi chamado "baño nacional". Na rexión as granxas foron destruídas, as colleitas e os bosques queimados e as aldeas arrasadas. Foron moitas as atrocidades relatadas e houbo unha campaña de matanza masiva dos habitantes de Vendée, independentemente de ser combatentes, da filiación política, da idade ou do sexo. En xullo de 1796, o número estimado de mortos era de entre 117 000 e 500 000, dunha poboación de preto de 800 000.

Madagascar

[editar | editar a fonte]

A raíña Ranavalona I (1828-1861) emitiu un edicto real que prohibiu a práctica do cristianismo en Madagascar, expulsando os misioneiros ingleses da illa e buscando conter o crecemento da conversión ao cristianismo dentro do seu reino. Moitos cidadáns malgaxes morreron durante este período como consecuencia da súa negativa a renegar da súa fe cristiá. Máis, con todo, foron castigados doutras formas: moitos foron obrigados a pasar a proba da tangena, mentres que outros foron condenados a traballos forzados, á confiscación das súas terras e propiedades ou á morte. A proba tangena era comunmente administrada para determinar a culpa ou inocencia dunha persoa acusada de calquera crime, incluíndo a práctica do cristianismo, e implica o consumo do veleno contido nos froitos da árbore tangena. Os sobreviventes foron considerados inocentes, mentres que aqueles que pereceron foron considerados culpábeis.

Imperio Otomán

[editar | editar a fonte]
Primeiros territorios perdidos polos otománs en cores claras e últimas perdas en cores escuras.
Artigo principal: Xenocidio asirio.
Artigo principal: Xenocidio armenio.

Dende o tempo de guerra austro-turca (1683-1699) as relacións entre musulmáns e cristiáns nas provincias europeas do Imperio Otomán foron gradualmente máis violentas, producíndose a decisión dalgúns líderes relixiosos musulmáns de expulsaren ou exterminaren os cristiáns locais. Nas campañas posteriores punitivas, as forzas turcas realizaron atrocidades sistemáticas contra a poboación cristiá en rexións serbias, producíndose grandes migracións de serbios.

Moitas persecucións semellantes e migracións forzadas da poboación cristiá foron inducidas por forzas turcas durante os séculos XVIII e XIX nas provincias europeas e asiáticas do Imperio Otomán. En 1842, os asirios cristiáns que vivían nas montañas de Hakkari no sueste de Anatolia afrontaron un ataque, que resultou na morte de decenas de miles de desarmados cristiáns.

Durante a revolta de Bulgaria (1876) e a guerra ruso-turca (1877-1878), tivo lugar a persecución da poboación cristiá de Bulgaria. Durante a guerra, cidades enteiras, incluíndo a máis grande de Bulgaria, foron destruídas e a maioría dos habitantes masacrados, o resto serían expulsados ou escravizados. As atrocidades incluían empalar e queimar as persoas vivas. Ataques similares foron realizados por tropas turcas contra os cristiáns serbios durante a guerra serbio-turca (1876-1878).

Produciuse de novo un gran masacre de decenas de miles de asirios e armenios cristiáns entre 1894 e 1897 realizado por tropas turcas e kurdas partidarios. Os motivos para estes masacres foron un intento de reafirmar o panislamismo no Imperio Otomán e o resentimento coa riqueza das antigas comunidades indíxenas cristiás.

Grupo de armenios sendo levados a un campo de concentración para seren executados. (1915)
Vítimas do xenocidio armenio (1918)

En 1915, cerca do fin do Imperio, o exército otomán -incluídos os irregulares kurdos, árabes e circasianos- levou a cabo o maior dos exterminios dos chamados cristiáns do Oriente. Houbo 3,4 millóns de mortos, divididos entre preto de 1,5 millóns de armenios cristiáns, 0,75 millóns de asirios cristiáns, 0,90 millóns de cristiáns ortodoxos gregos e 0,25 millóns de cristiáns maronitas e grupos de xeorxianos cristiáns.

Entre 1648 e 1930, 87 chineses e 33 misioneiros occidentais foron martirizados simplemente por seren católicos e, en varios casos, pola súa recusa a apostatar. Moitos morreron no levantamento dos boxers (1899-1900), no que campesiños e ultra-nacionalistas chineses xenófobos mataron cristiáns chineses e misioneiros e outros estranxeiros occidentais. Na Igrexa Católica, os 120 mártires chineses foron canonizados no 2000 polo papa Xoán Paulo II.

Persecución no Bloque Leste

[editar | editar a fonte]
En rosa e verde os estados comunistas europeos entre 1950 e 1990.

Tras a Revolución de Outubro en 1917, houbo un movemento dentro da Unión Soviética para unir todos os pobos do mundo baixo o réxime comunista (ver Internacional Comunista). Isto incluíu os países que asinaron o Pacto de Varsovia e a República Federal Socialista de Iugoslavia. Nestes países os gobernos socialistas levaron a cabo unha campaña de completa abolición das relixións, o que levou á falta de liberdade relixiosa, ao peche ou demolición de igrexas e a condenar a persoas por motivo das súas crenzas relixiosas.

Inmediatamente despois da Revolución de Outubro, comezou unha intensa campaña para acabar coa relixión, especialmente co cristianismo, xudaísmo e islamismo. En 1920, abriuse un campo de concentración preto do Mar Branco no terreo que fora unha vez un mosteiro ortodoxo ruso. Este campamento, que foi principalmente formado por padres ortodoxos e católicos, serviu como prototipo para outros campos. O campamento comezou a exterminar os que non seguisen as esixencias do estado.

Algúns anos máis tarde, en 1929, os padres non foron considerados funcionarios, polo que tiveron que pagar máis impostos. Os sacerdotes non podían servir no exército porque non cumprían os requisitos. Os padres eran tamén elixíbeis para participaren en granxas colectivas, polo que non recibiron pensións nin sanidade. En 1939, máis do 99% das igrexas ortodoxas rusa foran pechadas. 50 000 sacerdotes foron executados e moitos da xerarquía eclesiástica foron substituídos por individuos que tiñan conexións coa KGB .

En 1995, o comisario de Estado de Rusia confirmou que 200 000 padres rusos ortodoxos, monxes e monxas foron executados.

En España, dende 1934 a 1939 (período que vai dende a revolución de outubro ata o fin da guerra civil española), contabilizáronse arredor de 10 mil católicos (sacerdotes, relixiosos e laicos) asasinados por motivos relixiosos.

Mundo actual (1989-actualidade)

[editar | editar a fonte]

Segundo o Papa Emérito Bieito XVI , os cristiáns son o grupo máis perseguido no mundo contemporáneo. A Santa Sé informou que máis de 100 000 cristiáns son violentamente mortos cada ano por mor dalgunha relación coa súa fe. Segundo a Alianza Evanxélica Mundial, a máis de 200 millóns de cristiáns lle son negados os dereitos humanos fundamentais unicamente por mor da súa fe. Dos 100-200 millóns de cristiáns baixo ataque, a maioría son perseguidos en nacións musulmás. Os cristiáns sofren numericamente máis do que calquera outro grupos relixiosos ou grupos sen fe no mundo. Das tres maiores relixións do mundo os cristiáns son os máis perseguidos supostamente co 80% de todos os actos de discriminación relixiosa dirixidos a cristiáns, que só compoñen 33% da poboación do mundo.

Todos os anos, a organización cristiá sen fins lucrativos Portas Abertas publica unha lista dos cincuenta países onde a persecución dos cristiáns por razóns relixiosas é peor. A lista de 2016 ten os seguintes países como os seus dez maiores "criminais":

  1. Corea do Norte
  2. Iraq
  3. Eritrea
  4. Afganistán
  5. Siria
  6. Paquistán
  7. Somalia
  8. Sudán
  9. Irán
  10. Libia

Causas das persecucións e actitude dos perseguidos

[editar | editar a fonte]

Hai catro fontes de persecución no mundo: o extremismo islámico, a opresión comunista, o nacionalismo e a intolerancia relixiosa e secular. O principal cambio observado nos últimos 30 anos foi a substitución da opresión comunista polo extremismo islámico como o perseguidor principal de cristiáns en todo o mundo. Porén, outras forzas de opresión continúan. Corea do Norte, baixo o seu réxime estalinista, segue sendo o país máis perigoso para os cristiáns.

As persecucións causan diversas reaccións por parte dos cristiáns baixo a represión, que poden resumirse en tres tipos. En moitos dos casos os cristiáns agochan a súa fe para non prexudicar as súas vidas, tendo nalgunhas ocasións que apostatar ante as institucións ou a sociedade aínda que sigan practicando as súas crenzas clandestinamente. Non é menos frecuente o feito de que os cristiáns opten polo exilio cara países tolerantes coa fe cristiá; é habitual o caso das emigracións masivas de eritreos, sirios e iraquís. Por último, os máis valentes álzanse contra gobernos ou grupos opresores para loitaren polos dereitos e liberdades dos seus iguais e polo fin das hostilidades, estes adoitan verse baixo represións máis violentas, podendo perder o seu traballo, a liberdade e mesmo a vida, como é común en políticos e líderes relixiosos.

Estas ideas veranse exemplificadas nos seguintes apartados, nos que se mostran casos de dezanove países.

Persecución aos cristiáns no mundo musulmán

[editar | editar a fonte]
A apostasía (manifestar o abandono dunha fe) do islam está punida coa pena de morte (estados coa cor granate) ou co encarceramento ou coa perda do matrimonio ou da custodia dos nenos (cor vermella). Nos países coa cor amarela é un delito facer que un musulmán abandone a súa fe.

Os cristiáns teñen afrontado niveis de persecución crecentes no mundo musulmán. Teñen sufrido fortes discriminacións, persecucións, represión, violencia e, nalgúns casos, a morte, limpeza étnica e asasinatos masivos, nas seguintes nacións con maiorías musulmás (globais ou rexionais): Acerbaixán, Afganistán, Alxeria, Arabia Saudita, Bahrain, Bangladesh, Bosnia e Hercegovina, Brunei, Casaquistán, o Chad, as Comores, Djibuti, os Emiratos Árabes Unidos, Eritrea, Exipto, Filipinas, Gambia, o Iemen, a India, Indonesia, Iraq, Irán, Kirguizistán, Kosovo, Kuwait, o Líbano, Libia, Malaisia, as Maldivas, Malí, Marrocos, Mauritania, Níxer, Nixeria, Omán, Palestina, Paquistán, Qatar, Kenya, Rusia (no Cáucaso Norte), Siria, Somalia, o Sudán, Tanzania, Taxiquistán, Tunisia, Turkmenistán, Turquía, Uzbekistán, e Xordania.[12][13][14]

Ademais, calquera persoa nacida nunha familia musulmá ou que se tornase musulmá nun determinado momento da vida, que se converte ao cristianismo é considerada apóstata. Manifestar o abandono consciente do islam por un musulmán por palabras ou por medio de actos, incluíndo a conversión ao cristianismo, é puníbel como delito baixo a aplicación da xaria. Hai, con todo, casos nos que un musulmán pode adoptar a fe cristiá en segredo, sen declarar a súa apostasía. Como resultado, son cristiáns practicantes, pero legalmente seguen a ser musulmáns, para non afrontar a pena de morte prevista pola xaria. Un exemplo disto foi o caso de Meriam Ibrahim, sudanesa, sentenciada a morte por apostasía en 2014, ao ser clasificada polo goberno do Sudán como musulmá malia ter sido criada cristiá.[15]

Segundo un informe da organización católica internacional Axuda á Igrexa Necesitada, a limpeza étnica por motivos relixiosos contra os cristiáns é tan forte que se pode prever a súa desaparición total dalgúns países de Oriente Medio nunha década.[16][17][18]

Afganistán

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Cristianismo en Afganistán.

Afganistán non recoñece cidadáns cristiáns, e non permite legalmente aos afgáns a conversión ao cristianismo. Só hai un templo cristián no país, a capela católica da embaixada de Italia, non aberta para os nacionais.[19] En 2006, Abdul Rahman, un cidadán de 41 anos de idade, foi acusado por rexeitar o islam, un crime puníbel coa morte pola xaria. Non foi executado polas presións dos países occidentais, mais tivo que exiliarse.[20] En 2008 os talibáns mataron a unha cooperante británica, Gayle Williams, "por estar a traballar para unha organización que tentaba introducir o cristianismo en Afganistán" malia que tiña especial coidado en non tentar converter afgáns.[21][22]

Na noite de 26-27 de marzo de 1996, sete monxes católicos do mosteiro de Tibhirine foron secuestrados durante a guerra civil alxeriana. Foron retidos durante dous meses e foron atopados mortos o día 21 de maio de 1996. As circunstancias do seu secuestro e morte seguen sendo unha incógnita; o Grupo Islámico Armado (GIA) supostamente asumiu a responsabilidade, pero o agregado militar francés de entón, o xeneral retirado François Buchwalter, relatou que foron asasinados accidentalmente polo exército alxerino nun intento de rescate.

Arabia Saudita

[editar | editar a fonte]

Arabia Saudita é un estado islámico que restrinxe todas as outras relixións, incluíndo a posesión de artigos relixiosos, como a Biblia e crucifixos. Neste país a xaria aplícase estritamente, os cristiáns son encarcerados e azoutados en público por practicaren a súa fe abertamente. Os non-musulmáns teñen impedida a entrada na cidade da Meca. Os musulmáns teñen prohibido converterse a outra relixión, podendo ser executados.

Bangladesh

[editar | editar a fonte]

O 3 de xuño de 2001 nove persoas foron mortas nunha explosión nunha igrexa católica no Distrito Gopalganj.

En abril de 2006 unha persoa foi asasinada e doce feridas en ataques de coitelo simultáneos en tres igrexas coptas ortodoxas en Alexandría.

En xullo de 2012 un centenar de familias da comunidade cristiá de Dahshur fuxiron para cidades próximas debido á violencia sectaria. A violencia comezou nunha disputa sobre unha camisa á que lle pasaran mal o ferro, que á súa vez se converteu nunha loita na que un cristián queimou un musulmán á morte, que á súa vez provocou unha axitación por musulmáns irritados e mentres a policía non puido actuar. Polo menos 16 casas e propiedades de cristiáns foron saqueadas, algunhas foron incendiadas e unha igrexa foi danada durante a violencia.

De 2011 a 2013, máis de 150 secuestros de cristiáns foron notificados en Minya.

En 2016, a poeta exipcia Fátima Naoot foi condenada por "desacato á relixión" a tres anos de prisión por criticar en Facebook a matanza de animais. Tamén este ano, catro mozos cristiáns coptos foron condenados por "desprezo da relixión" o mes seguinte, con tres deles condenados a cinco anos de prisión.

Indonesia

[editar | editar a fonte]

Aínda que os cristiáns son minoría en Indonesia, o cristianismo é unha das seis relixións oficiais de Indonesia e a liberdade relixiosa é permitida. Pero hai algunhas tensións relixiosas e persecucións no país, a maioría das tensións e persecucións son civís e non gobernamentais.

En xaneiro de 1999 decenas de miles de persoas morreron cando musulmáns armados aterrorizaron os cristiáns que votaran pola independencia en Timor Leste.

Na Indonesia, ten habido conflitos relixiosos en Nova Guinea Occidental, Maluku e Sulawesi. A presenza de musulmáns nesas rexións tradicionalmente cristiás é en parte resultado dun programa de redistribución da poboación. Estes conflitos moitas veces ocorreron por mor dos obxectivos radicais islámicos de organizacións como a Yemaa Islamiah ou Laskar Xihad para impoñer a xaria, que atacaron cristiáns e destruíron máis de 600 igrexas. En 2005, tres novos cristiáns foron decapitados como represalia polas mortes musulmás anteriores en disturbios entre cristiáns e musulmáns. Os homes foron detidos polos asasinatos, incluíndo o líder provincial do Yemaa Islamiyah Hasanuddin. Ao ir á cadea, Hasanuddin dixo: "Non é un problema (se son condenado), porque esta é unha parte da nosa loita." Máis tarde, en novembro de 2011, outra loita entre cristiáns e musulmáns aconteceu en Ambon. Os islamitas radicais prenderon supostamente lume a varias casas de cristiáns, forzando os ocupantes a deixaren os edificios.


En decembro de 2011, unha segunda igrexa en Bogor, Xava Occidental foi condenada a suspender as súas actividades polo alcalde local. Outra igrexa católica fora construída alí en 2005. Anteriormente unha igrexa cristiá, GKI Taman Yasmin, fora selada. As autoridades locais negáronse a levantar a prohibición sobre as actividades da igrexa, a pesar dunha orde do Tribunal Supremo de Indonesia . As autoridades locais teñen perseguido a igrexa cristiá por tres anos. Aínda que o Estado ordenou a tolerancia relixiosa, as autoridades locais non cumpriron tales ordes.

Na provincia de Aceh, a única provincia na Indonesia coa Lei Xaria autónoma islámica, 20 igrexas foron ameazadas con ser demolidas. O 30 de abril de 2012, as 20 igrexas (17 igrexas protestantes, 2 igrexas católicas e un lugar de culto pertencente a seguidores dunha fe non dominante local) foron pechadas e ordenóuselles aos membros das congregacións derrubar as igrexas por si mesmos. A maioría das igrexas marcadas para demolición foran construídas nas décadas de 1930 e 1940.

Debido ás presións políticas e socioeconómicas nos anos que seguiron á revolución iraniana, sucedéronse períodos de aberta persecución e tempos de discriminación máis moderada; moitos cristiáns iranianos, tanto como parte dun éxodo xeral de iranianos e como resposta a presións específicas, emigraron, maiormente aos Estados Unidos, Canadá e Europa Occidental. En 1975 os cristiáns supoñían un 1,5% da poboación total. Estatisticamente unha porcentaxe moito maior de non musulmáns emigraron fora do Irán. Vinte e cinco anos despois, arredor do 0,4% da poboación iraniana era cristiá.

Aínda que o goberno garantise ás minorías cristiás recoñecidas unha serie de dereitos, Amnistía Internacional recoñeceu que os cristiáns evanxélicos sofren acoso polas autoridades, ao tratarse en moitos casos de musulmáns conversos están expostos a ser detidos, agredidos ou condenados a morte.

Youcef Nadarkhani é un pastor cristián iraniano que foi detido baixo a acusación de apostasía en outubro de 2009 e posteriormente condenado a morte. En xuño de 2011 o Tribunal Supremo de Irán anulou a súa sentenza de morte coa condición de que se retractase, o que se negou a facer. Nunha revogación o 8 de setembro de 2012 foi absolto dos cargos de apostasía e extorsión, e condenado ao tempo xa cumprido pola acusación de "propaganda contra o réxime", e inmediatamente liberado.

Segundo ACNUR, os cristiáns (case exclusivamente asirios e armenios) pasaron a representar menos do 5% da poboación iraquí total e compoñen o 40% dos refuxiados que viven agora en países veciños.

En 1987, o último censo iraquí contou 1,4 millóns de cristiáns. Eran tolerados baixo o réxime de Sadam Husein, que ata fixo un deles, Tariq Aziz, o seu vicepresidente. Con todo a persecución por parte de Sadam Husein continuou contra os cristiáns a nivel étnico, cultural e racial. A linguaxe asiria foi reprimida e os nomes cristiáns prohibidos. Moitos asirios e armenios foron obxecto de limpeza étnica nas cidades e aldeas baixo a Campaña al Anfal en 1988.

En 2004, cinco igrexas foron destruídas polos bombardeos, e os cristiáns foron obxecto de secuestradores e extremistas islámicos, levando a decenas de miles de cristiáns a fuxir para rexións asirias no norte ou deixar o país.

En 2006, o número de cristiáns asirios caeu a entre 500 000 e 800 000, dos cales 250 000 vivían en Bagdad. Produciuse un éxodo á rexión de Asiria no norte de Iraq, e para os países veciños: Siria , Xordania , Líbano e Turquía, deixando atrás parroquias pechadas, seminarios e conventos. ACNUR estimou en 2007 que 2,2 millóns de iraquís foron desprazados ao estranxeiro e 2 millóns foron desprazados internamente, con preto de 100 000 iraquís que foxen a Siria e Xordania cada mes.

Houbo un ataque á catedral Nosa Señora da Salvación de Bagdad durante unha misa nocturna o 31 de outubro de 2010 que deixou polo menos 58 persoas mortas, despois de que máis de 100 fosen tomados como reféns.

Os cristiáns asirios, que ata hai pouco estaban sen unha milicia propia para protexer vilas e cidades, son perseguidos tanto por milicias musulmás xiítas e sunnitas, nacionalistas kurdos, e tamén por grupos criminais.

En 1995, as relacións historicamente problemáticas entre serbios (cristiáns ortodoxos) e albaneses (musulmáns sunitas) en Kosovo comezou a escalar ata o conflito aberto que culminou na guerra de Kosovo (1999). Durante esta época, o Exército de Liberación de Kosovo cometeu varios ataques contra os serbios e as súas institucións culturais e relixiosas en Kosovo. Como resultado da persecución por musulmáns albaneses, máis de 200. 000 serbios cristiáns tiveron que fuxir de Kosovo en 1999.

A violencia contra os restantes serbios cristiáns en Kosovo estalou de novo o 17 de marzo de 2004. Os albaneses musulmáns realizaron nese ano preto de 50.000 ataques sobre a minoría cristiá e as súas igrexas e mosteiros. Durante os disturbios, civís serbios morreron e miles foron forzados a deixar as súas casas. 935 casas serbias, 10 edificios públicos (escolas, centros de saúde e correos) e 35 edificios da Igrexa foron profanados ou destruídos.

Na Malaisia, aínda que o islam é a relixión oficial, o cristianismo é tolerado conforme á Constitución. Pero nalgún momento, a difusión do cristianismo é un punto sensíbel para a maioría musulmá, o goberno de Malaisia ten perseguido grupos cristiáns que foron acusados de proselitismo. Os que mostran interese na fe cristiá ou noutras prácticas relixiosas son normalmente enviados pola policía ou os seus familiares a Centros de Rehabilitación da Fe onde se lles aconsella permanecer fieis ao islam e algúns estados impoñen sancións á apostasía do islam. A literatura cristiá debe levar por lei unha lenda "só para os non-musulmáns". Na maioría dos estados de Malaisia prohiben a propagación doutras relixións para os musulmáns. Hai, con todo, casos en que un musulmán pode adoptar a fe cristiá sen declarar a súa apostasía abertamente. Efectivamente, son cristiáns practicantes, pero legalmente musulmáns.

Nos 11 estados do norte de Nixeria que introduciron o sistema islámico de lei, a xaria, enfrontamentos sectarios entre musulmáns e cristiáns tiveron como resultado moitas mortes e algunhas igrexas queimadas. Máis de 30 000 cristiáns foron desprazadas dos seus fogares en Kano, a maior cidade do norte de Nixeria. O Boko Haram, grupo islámico da rexión, bombardeou igrexas e matou numerosos cristiáns.

Paquistán

[editar | editar a fonte]

En Paquistán, o 1,5% da poboación é cristiá. A lei paquistaní esixe que as "blasfemias" contra o Corán deben ser castigadas. En 2005, 80 cristiáns estaban encarcerados debido a esas leis.

En outubro de 2001 homes armados en motocicletas abriron fogo contra unha congregación protestante en Punjab, matando 18 persoas.

En marzo de 2002 cinco persoas morreron nun ataque a unha igrexa en Islamabad. En agosto de 2002 homes armados e enmascarados invadiron unha escola misioneira cristiá para estranxeiros en Islamabad; houbo seis mortos e tres feridos, ningún deles eran fillos de misioneiros estranxeiros. O 25 de setembro de 2002, dous terroristas entraron na "Institución da Paz e Xustiza", Karachi, onde separaron os cristiáns e sete foron asasinados nun tiro na cabeza; todos eran cristiáns paquistanís. No Nadal de 2002 houbo tres novas vítimas cando unha granada foi explotada nunha igrexa preto de Lahore.

En novembro de 2005, 3 000 militantes islámicos atacaron cristiáns en Sangla Hill e destruíron igrexas. O ataque foi por alegacións de violación das leis de blasfemia por un paquistaní cristián chamado Yusuf Masih. Os ataques foron amplamente condenados por algúns partidos políticos en Paquistán.

Un ano despois, en agosto de 2007, unha parella de misioneiros cristiáns morreron a tiros por militantes islámicos en Islamabad.

En agosto de 2009 seis cristiáns, incluíndo catro mulleres e un neno, foron queimados vivos por musulmáns militantes e unha igrexa foi incendiada en Gojra, cando a violencia estalou tras a suposta profanación do Corán nunha voda de cristiáns.

O 8 de novembro de 2010, unha muller cristiá da provincia de Punxab foi condenada á morte por enforcamento por violar a lei de blasfemia do Paquistán. Tras ofrecer auga a uns campesiños musulmáns sedentos, estes afirmaron que ela blasfemara contra Mahoma. Desde o 8 de abril de 2011 está en confinamento solitario e a súa familia tivo que fuxir. Un imán ofreceu 5 400 € para quen a matase.

O 2 de marzo de 2011, o único ministro cristián no goberno do Paquistán foi asasinado a tiros. Antes da súa morte, declarara publicamente que non tiña medo de ameazas dos talibáns e estaba disposto a morrer pola súa fe e crenzas. A súa morte foi provocada por avogar pola liberdade relixiosa e de expresión.

O 27 de marzo de 2016, un home-bomba dunha facción do talibán paquistaní matou polo menos 60 persoas e feriu outras 300 nun ataque nun parque de Lahore.

En setembro de 2011, un grupo de militantes xurou erradicar o cristianismo de Somalia decapitando tres cristiáns conversos.

Durante a segunda guerra civil sudanesa (1983-2005) milleiros de cristiáns foron levados á escravitude. As estimacións dos raptos varían de 14 000 a 200 000. En 1992 houbo detencións masivas e torturas de sacerdotes locais. Antes da recente independencia do Sudán do Sur, un significativo número de aldeas da rexión foron destruídas por milicias islamistas.

Estado Islámico

[editar | editar a fonte]
Zonas controladas polo autoproclamado Estado Islámico.

O Estado Islámico empezou a súa ocupación en Siria a finais de decembro de 2013. Meses antes separáranse Al-Qaeda, e aproveitando a conxuntura da guerra civil siria, estabeleceron o seu califato en pobos fronteirizos entre Siria e Iraq, ampliándose tamén por Libia.

Nesta rexión en conflito, onde a organización islamista armada aínda controla partes significativas de territorio, os xihadistas son responsábeis de actos bárbaros, como matanzas, torturas, trata de seres humanos, violacións e outros delitos sexuais contra as minorías cristiás. Aínda que a información que se ten destas atrocidades do Estado Islámico é limitada sabemos que se están estendendo prácticas como as degolacións, crucifixións e fusilamentos de cristiáns. Estimase que o número de vítimas mortais cristiás supera os 3 000 e un total de 200 000 cristiáns asirios refuxiados.

En xullo de 2014 o Estado Islámico emitiu un decreto que esixía que todos os cristiáns asirios da zona baixo o seu control deixasen as terras que ocuparan hai 5 000 anos, estivesen suxeitos a extorsión en forma dun imposto especial de aproximadamente 450 € por familia, se convertesen ao islam ou fosen asasinados. Moitos deles refuxiáronse nas veciñas rexións controladas polos kurdos. As casas de cristiáns foron pintadas coa letra árabe ن , inicial de Nassarah (palabra árabe para cristián) e unha declaración de que son "propiedade do Estado Islámico ". O 18 de xullo anunciaron que todos os cristiáns tiñan que saír ou ser executados. A maioría dos que saíron tiñan os seus bens roubados polos islamitas. Segundo o Patriarca Louis Sako, non hai cristiáns que permanezan na cidade cristiá de Mosul, por primeira vez na historia.

Durante un ataque na cidade cristiá asiria de Qaraqosh, un neno de 5 anos de idade, fillo dun dos membros fundadores da Igrexa Anglicana de St George, en Bagdad, foi abatido por terroristas do ISIS, que cortaron o neno pola metade.

Catedral de Asmara, sede da Igrexa Católica de Eritrea.

Considerado como a "Corea do Norte africana", Eritrea sitúase entre os peores países para a liberdade relixiosa, liberdade de prensa, Estado de Dereito e outros dereitos humanos. A "paranoia ditatorial" do presidente Afewerki é o principal condutor da persecución a cristiáns. Calquera cristián que alce a voz en Eritrea para protestar sobre o trato aos da súa fe é encarcerado ou detido sen importar o seu status. O antigo patriarca da Igrexa Ortodoxa Eritrea, Abune Antonius, atópase baixo arresto domiciliario desde 2007 por protestar. Segundo un informe de ACNUR de novembro de 2014, o 22% de todos os refuxiados que chegan a Italia en pateiras son eritreos. Os cristiáns eritreos, aínda sabendo que existe unha probabilidade moi alta de caer en mans de traficantes e grupos radicais desapiadados, seguen desesperados por saíren de Eritrea.

Co triunfo de Mao Tse Tung, a China pasou a ser un estado oficialmente ateo. Ademais, o "ateísmo marxista-leninista é amplamente publicitado".[23] Durante a Revolución Cultural moitos templos, igrexas, mesquitas, mosteiros e cemiterios foron pechados e ás veces destinados a outros usos, saqueados e destruídos.[24]

O goberno comunista da República Popular da China tenta manter un gran control sobre todas as relixións, polo que as únicas Igrexas cristiás legais (o Movemento Patriótico das Tres Autonomías e a Asociación Católica Patriótica Chinesa) son aquelas baixo o control do Partido Comunista da China. As Igrexas que non son controlados polo goberno son eliminadas e os seus membros son apresados: por exemplo, Gong Shengliang, pastor líder da Igrexa do Sur da China, foi condenado a morte en 2001; a súa sentenza foi conmutada polo cárcere, e Aministía Internacional informa que ten sido torturado.[25] Un grupo cristián asegura que preto de 300 cristiáns estaban en prisión en 2004 por acudiren a igrexas non oficiais.[25]

En xaneiro de 2016, un destacado líder dunha igrexa cristiá, o reverendo Gu Yuese, que criticara a eliminación masiva de crucifixos das igrexas polo goberno foi detido por "malversación de fondos". As autoridades chinesas retiraran centos de cruces na provincia de Zhejiang, coñecida como o "cinto bíblico chinés".[26]

Corea do Norte

[editar | editar a fonte]
O culto á personalidade en Corea do Norte consiste na veneración do líder Kim Il-Sung (Presidente Eterno) e dos seus sucesores, que son elevados ao nivel de deidades relixiosas.

Corea do Norte é un estado ateo, onde se pretende disuadir da relixión.[27] The Oxford Handbook of Atheism di que "Corea do Norte mantén un ateísmo forzoso e apoiado polo estado".[28]

Corea do Norte encabeza a lista dos 50 países nos que os cristiáns son máis perseguidos segundo Open Doors.[29] Actualmente, estímase que máis de 50 000 cristiáns están encarcerados dentro de campos de concentración por mor da súa fe, onde son sistematicamente sometidos a malos tratos como a tortura extrema, a inanición masiva e ata a morte por asfixia en cámaras de gas.[30] Ademais, os familiares dos crentes son considerados culpábeis por asociación e enviados a estes campos de traballo. As actividades relixiosas puníbeis inclúen a propagación da relixión, posuír artigos relixiosos, rezar, cantar himnos e ter contacto con persoas relixiosas.

Isto implica que un 20% da comunidade cristiá norcoreana viva en campos de concentración.[31] O número de cristiáns asasinados pola súa fe parece esta a aumentar hoxe en día, porque en 2013 o número de mortos foi de 1 200 e a cifra duplicouse en 2014. Corea do Norte sitúase en cabeza da persecución aos cristiáns dende hai 12 anos.[32]

En 1999, o Departamento de Estado dos Estados Unidos criticou á India polo aumento da violencia social contra os cristiáns. O informe inclúe unha lista con máis de 90 incidentes de violencia anti-cristiá, que van desde danos de edificacións relixiosas a violencia contra os cristiáns peregrinos.

  1. Burke, John J., Characteristics Of The Early Church, p.101, Read Country Books 2008
  2. Nero Ch 38
  3. Nero 16
  4. "IRENAEUS — The mass slaughter of Lyon’s Christians". Christian History Project. 
  5. Christopher Reyes (2010). In His Name. California: AuthorHouse. p.33
  6. Scarre 1995, p.170
  7. Gaddis, 29.
  8. "OCA - Hieromartyr Simeon the Bishop in Persia, and those with him in Persia". Ocafs.oca.org. 17 April 2013. Consultado o 14 October 2013. 
  9. Peter Heather & John Matthews, Goths in the Fourth Century, pp. 96ff
  10. "Historians back BBC over Jewish massacre claim". The Jewish Chronicle. Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2017. Consultado o 30 March 2015. 
  11. Jacques Ryckmans, La persécution des chrétiens himyarites au sixième siècle Nederlands Historisch-Archaeologisch Inst. in het Nabije Oosten, 1956 pp 1–24
  12. Corombos, Greg (1 de novembro de 2014). "37 Muslim nations persecuting Christians". WND. Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  13. Palmer, Richard (5 de novembro de 2014). "Prince Charles urges Muslim leaders to 'show tolerance' over persecution of Christians". Express. Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  14. Ben Solomon, Ariel (19 de xaneiro de 2014). "Report: Persecution of Christians reveals most abuse in Muslim countries". The Jerusalem Post. Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  15. "Sudanese woman facing death for apostasy gives birth". BBC. 27 de maio de 2014. Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  16. Dearden, Lizzie (10 de novembro de 2015). "Christianity 'on course to disappear' in parts of Middle East as ethnic cleansing continues, report warns". The Independent. Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  17. Tomlinson, Simon (10 de novembro de 2015). "Christians face being wiped out from the Middle East within TEN YEARS as they are killed by ISIS or forced to flee persecution, warn Catholic aid groups". The Daily Mail. Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  18. Axuda á Igrexa Necesitada (ed.). "Persecuted and Forgotten? A report on Christians oppressed for their Faith 2013-2015". Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  19. USSD Bureau of Democracy, Human Rights, and Labor, ed. (26 de outubro de 2009). "International Religious Freedom Report 2009". Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  20. "Afghan on trial for Christianity". BBC. 20 de marzo de 2006. Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  21. Liardon, Roberts (2016). God's Generals: The Martyrs. Whitaker House. ISBN 9781629117331. 
  22. Norman, Michael (2015). Collapse of Our Nation: Civil unrest is coming. Dog Ear Publishing. p. 111. ISBN 9781457536205. 
  23. Population Aging in China (en inglés). Economic and Social Commission for Asia and Pacific. 1989. p. 48. Since the founding of the People's Republic of China, Marxist-Leninist atheism has been widely publicized, resulting in steadily decreasing religious communities, especially in predominantly Han and the costal areas with a developed economy. 
  24. Sofield, Trevor; Li, Sarah (1998). "China: Tourism Development and Cultural Policies". Annals of Tourism Research 25 (2): 362–392. ISSN 0160-7383. doi:10.1016/S0160-7383(97)00092-3. 
  25. 25,0 25,1 McGeown, Kate (9 de novembro de 2004). "China's Christians suffer for their faith". BBC. Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  26. Leavenworth, Stuart (7 de febreiro de 2016). "China arrests Protestant church leader who opposed removal of crosses". The Guardian. Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  27. Raum, Elizabeth (2012). North Korea. Countries Around the World. Heinemann. p. 28. ISBN 9781432961336. North Korea is an atheist state. This means that people do not pray in public or attend places of worship. Buddhist temples exist from earlier times. They are now preserved as historic buildings, but they are not used for worship. A few Christian churches exist, but few people attend services. North Koreans do not celebrate religious holidays (Corea do Norte é un estado ateo. Isto significa que a xente non prega en público nin acode a templos. Existen templos budistas dende antigo, hoxe preservados como edificios históricos. Tamén existen algunhas igrexas, mais pouca xente acode aos oficios relixiosos. Os norcoreanos non celebran festividades relixiosas). 
  28. Bullivant, Stephen; Ruse, Michael (2013). The Oxford Handbook of Atheism (en inglés). OUP Oxford. p. 506. ISBN 9780191667398. Plagued with poverty and starvation, and characterized by the entrenched denial of basic human or civil rights, North Korea maintains a state-sanctioned and enforced atheism, with the only 'religion' permissible being that of the worship of the dictator. 
  29. Open Doors, ed. (xaneiro de 2011). "Country Profiles. The 50 countries in which the worst Christian persecution exists". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  30. Barnett, Antony (1 de febreiro de 2004). "Revealed: the gas chamber horror of North Korea's gulag". The Guardian. Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  31. Snyder, Christopher (8 de xaneiro de 2014). "Report: North Korea worst for Christian persecution". Fox News (en inglés). Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  32. Funaro, Vincent (2 de xaneiro de 2015). "Christians in North Korea Face Unimaginable Pressure in Every Sphere of Life, Says Open Doors USA President". christianpost.com. Consultado o 13 de xuño de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]