Francis Drake
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2014.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1540 Tavistock (Reino de Inglaterra) |
Morte | 28 de xaneiro de 1596 (55/56 anos) Portobelo (Imperio Español) |
Causa da morte | disentería |
Member of the 1572-83 Parliament (en) | |
Circunscrición electoral: Camelford (en) | |
Member of the 1584-85 Parliament (en) | |
Circunscrición electoral: Bossiney (en) | |
Member of the 1593 Parliament (en) | |
Circunscrición electoral: Plymouth (en) | |
Datos persoais | |
Residencia | Buckland Abbey (en) (1589–1594) |
Actividade | |
Ocupación | explorador, corsario, político, militar, mariño, enxeñeiro |
Carreira militar | |
Rama militar | Royal Navy |
Rango militar | vice admiral (en) |
Conflito | Guerra anglo-española de 1585-1604 |
Familia | |
Cónxuxe | Elizabeth Sydenham (1585–1596) Mary Newman (1569–1582) |
Pais | Edmund Drake e Mary Mylwaye |
Premios | |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Francis Drake, nado en Cronwdale en 1543 e finado en Portobelo (Panamá) o 28 de xaneiro de 1596, foi un corsario inglés e vicealmirante da Royal Navy británica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Sir Francis Drake naceu en Tavistock, Devon, fillo de Edmund Drake e a súa muller (de nome descoñecido), que foron granxeiros protestantes. Durante a revolta católica de 1549 a familia viuse forzada a abandonar Kent. Á idade de 13 anos, Francis saíu ao mar nun cargueiro e converteuse en capitán á idade de 20 anos.
Viaxes
[editar | editar a fonte]Aos 23 anos, Drake realizou a primeira das súas viaxes polo Novo Mundo, coa axuda da familia Hawkins de Plymouth, en compaña do seu primo segundo, John Hawkins. Xuntos, Hawkins e Drake, fixeron a primeira expedición inglesa para comerciar con escravos. A pesar de existir unha tregua formal entre ambas as coroas de España e Inglaterra, durante aquela época os incidentes armados entre ambas as potencias mariñas fixéronse máis violentos e frecuentes, ata que finalmente desembocaron no desastre inglés de San Juan de Ulúa (1568), cando a frota ao mando de Hawkins e de Drake foi atacada pola frota española en Nueva España, nun ataque sorpresa cando días antes se declarara unha tregua. Este feito case lle custa a vida ao propio Drake. Dende ese día Drake estivo en guerra co Imperio Español para o resto da súa vida. Os españois considerábano un pirata, os ingleses dicían que era un mariñeiro.
Acompañado, segundo conta a lenda, dunha tripulación formada por franceses e escravos africanos, conseguiu unha inmensa fortuna en ouro, pero, como o propio Drake contaba, tivo que deixar atrás un importante botín en prata xa que era demasiado pesado para levalo a Inglaterra. Durante esta expedición a Nombre de Dios, Drake subiu a unha inmensa árbore no istmo das montañas de Panamá e así converteuse no primeiro inglés en ver o océano Pacífico.
Cando Drake volveu a Inglaterra o 9 de agosto do 1573, os escasos 30 mariñeiros que volveron xunto a el eran todos ricos de por vida. A Raíña Isabel que patrocinaba as súas expedicións e incursións asinara unha tregua temporal polo que non podía recoñecer oficialmente os actos de Drake.
Estreito de Magalhães
[editar | editar a fonte]Drake foi o primeiro inglés en cruzar o estreito de Magalhães, en dar a volta ao mundo (1580). A raíz disto iniciou unha campaña propagandística para facer ver que el fora o primeiro home en circunnavegar a Terra, ignorando por completo que o español Juan Sebastián Elcano lograra a fazaña (inconclusa por Fernão de Magalhães) case 60 anos antes. Pretendeu tamén ser o primeiro en descubrir que Tierra del Fuego non era parte do continente senón un arquipélago, pero numerosos documentos de navegantes españois proban que esta foi só outra das súas ególatras pretensións, xa que o explorador español Francisco de Hoces descubrira o estreito chamado Mar de Hoces moito antes en 1525.
Tras as súas longas viaxes e un botín que como contaba Drake podía chegar aos 25 barcos, dedicouse á piratería nas Antillas e a súa volta a Inglaterra atacou e saqueou Cádiz en 1587, destruíndo máis de 30 barcos destinados á Armada Invencible. Isto retardou os plans de invasión de Inglaterra un ano máis. Polos seus logros foi nomeado Vicealmirante pola raíña Isabel I, que mentres afirmaba ante os embaixadores españois non ter nada que ver coa piratería, seguía financiando discreta e xenerosamente as campañas de Drake.
Francis Drake loitou contra a Armada Invencible que intentaba invadir Inglaterra no 1588. A pesar de que finalmente Drake se retirou da loita, unha lenda inglesa conta que Drake xogaba ós birlos en Plymouth cando recibiu noticias de que a frota española se acercaba, ao cal respondeu que primeiro terminaría a partida e despois derrotaría os españois.
En Galicia e Portugal
[editar | editar a fonte]Na viaxe a Portugal para liberala da ocupación, Drake desembarcou e saqueou A Coruña en maio de 1589 e sábese que despois o corsario inglés desembarcou nas Illas Cíes o 29 de xuño de 1589.[1] Fracasou en iniciar a revolta dos portugueses contra Filipe II de España. Ao non conseguir ocupar Lisboa, Drake embarcouse nunha longa e desastrosa campaña contra a América Española, na que sofre varias derrotas consecutivas. Cando cumpre co encargo de atacar Porto Rico, os artilleiros españois do castelo de El Morro alcanzaron a ponte do seu barco, aínda que Drake sobreviviu. Pouco despois, atacou de novo San Xoán, e volveu saír derrotado. Ante as grandes perdas económicas e humanas da súa campaña contra os portos fortificados españois, probou sorte coas poboacións desprotexidas. Finalmente morreu de disentería.
Existen historiadores que sosteñen que en realidade Drake foi envelenado por algún dos seus homes.[Cómpre referencia] A súa tripulación saqueou e queimou a indefensa cidade de Portobelo na súa honra. Tras a súa morte, as campás das igrexas de Castela repenicaron como símbolo de celebración. Miguel de Cervantes e Francisco de Quevedo dedicaron versos á morte do máis innobre inimigo de Filipe II.
Casa natal
[editar | editar a fonte]A casa onde naceu e viviu ata aventurarse polos mares encóntrase actualmente ao bordo dunha estrada secundaria a uns cen quilómetros ao oeste de Londres. Hoxe está convertida nunha hostalería.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bará, Milagros (30 de decembro de 2015). "Cuando Drake arrasó Pontevedra". El Diario de Pontevedra (en español). Consultado o 12 de xullo de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francis Drake |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
- "Drake, Francis". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Francis Drake". Copia arquivada. Enciclopedia Microsoft Encarta (DVD) (en castelán). Microsoft Corporation. 2009. Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2009. Consultado o 12 de febreiro de 2023.