Castelán panameño
Castelán panameño | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Español panameño | |
Falado en: | Panamá | |
Total de falantes: | 4,1 millóns (2018)[1] | |
Familia: | Indoeuropea Itálica Románica Occidental Galoibérica Iberorrománica Ibero-occidental Castelán Castelán panameño | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Panamá | |
Regulado por: | Academia Panameña da Lingua | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | es
| |
ISO 639-2: | spa | |
ISO 639-3: | spa
| |
SIL: | SPN
| |
Mapa | ||
Status | ||
O castelán panameño é a variedade da lingua castelá ou español falado en Panamá. Corresponde a unha variedade local do castelán caribeño. Por mor da influencia cultural e da presenza dos Estados Unidos, o castelán panameño absorbeu moito vocabulario do inglés. Por outra banda, a inmigración de cidadáns de territorios do Caribe de fala inglesa (Xamaica, Trinidad e Tobago, Barbados, etc), durante o século XIX ás provincias de Bocas del Toro e Colón contribuíu nesta influencia.
O francés tamén tivo unha lixeira influencia no castelán panameño. As colonias hebreas, árabes, italianas, hindis, chinesas e gregas influíron en menor grao no castelán panameño, ao igual que os pobos indíxenas de Panamá.
A base léxica do castelá panameño é o castelán de España, mais moitas linguas contribuíron á conformación da variedade mediante préstamos. Algunhas linguas amerindias, outras africanas, a inglesa, a francesa, a italiana e a alemá son as que en maior ou menor medida deixaron a súa pegada no castelán panameño.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Instituto Cervantes, El Español: Una Lengua Viva (2018), «1. El Español en Cifras», p. 7
- ↑ Giralt Latorre, Javier (1991). Algunos préstamos en el espaňol de Panamá. Estudios de Lingüística de la Universidad de Alicante: ELUA.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alvarado de Ricord, Elsie: El español de Panamá; estudio fonético y fonológico. Panamá, 1971.
- Banse, Timoteo, Panamanian Spanish Slang: Words and Phrases ISBN 978-0934523-03-5.
- Giralt Latorre, Javier (1991): Algunos préstamos en el español de Panamá. Estudios de Lingüística de la Universidad de Alicante, 7, 137–158.
- Broce, Marlene e Torres Cacoullos, Rena (2002): Dialectología urbana rural: la estratificación social de (r) y (l) en Coclé, Panamá. Hispania, 85/2, 342–354.
- Quilis, Antonio e Graell Stanziola, M. (1992): La lengua española en Panamá. Revista de Filología Española, 72/3–4, 583–638.