Saltar ao contido

Auschwitz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:Xeografía físicaAuschwitz
(de) Konzentrationslager Auschwitz
(pl) Obóz Koncentracyjny Auschwitz Editar o valor en Wikidata
Fotomontaxe
Imaxe
Tipocampo de concentración nazi
museo
campo de exterminio
conxunto arquitectónico Editar o valor en Wikidata
EpónimoOświęcim Editar o valor en Wikidata
Parte deMuseo estatal de Auschwitz-Birkenau Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaCondado de Oświęcim, Polonia e Bielitz, Prusia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 50°02′09″N 19°10′42″L / 50.0358, 19.1783
Composto por
Características
Superficie192 ha
Patrimonio da Humanidade: 191,97 ha Editar o valor en Wikidata
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → Europa-América do Norte
Data1979 (3ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (vi) Editar o valor en Wikidata
Identificador31
Monumento inmoble
IdentificadorA-714/95 z 1995-08-02
Monumento inmoble
Auschwitz-Birkenau
Data2 de agosto de 1995
IdentificadorA714/95
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Auschwitz-Birkenau
Data1979 (3ª Sesión)
Identificador31-002

Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Auschwitz I
Data1979 (3ª Sesión)
Identificador31-001
Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación20 de maio de 1940 Editar o valor en Wikidata
Data de disolución, retirada ou demolición27 de xaneiro de 1945 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
27 de xaneiro de 1945 liberación Editar o valor en Wikidata
Código do catálogocontrol de autoridades EHRI: camps/0. Editar o valor en Wikidata

Páxina webauschwitz.org Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451335
Entrada de Auschwitz-Birkenau. Os raís do tren, operativos entre maio e outubro de 1944, levaban directamente ás cámaras de gas.[1]

O campo de concentración de Auschwitz (en alemán: Konzentrationslager Auschwitz) foi un complexo de 40 campos de concentración e de exterminio operados pola Alemaña nazi na Polonia ocupada durante a segunda guerra mundial e o Holocausto. Componse de Auschwitz I, o campo principal (Stammlager) en Oświęcim; Auschwitz-Birkenau, un campo de concentración e exterminio construído con numerosas cámaras de gas; Auschwitz III-Monowitz, un campo de traballo creado para achegar persoal a unha fábrica para o conglomerado químico IG Farben; así como ducias de subcampos.[2] Os campos convertéronse nun importante lugar para a Solución final do réxime nazi.

Despois de que Alemaña provocase a segunda guerra mundial coa invasión de Polonia en setembro de 1939, as Schutzstaffel (SS) converteron Auschwitz I, un antigo cuartel do exército polaco, nun campo de prisioneiros de guerra para presos políticos polacos.[3] Os primeiros ocupantes, criminais alemáns levados ó campo en maio de 1940 como funcionarios, estabeleceron a reputación do campo polo seu sadismo, malleiras, torturas e execución de prisioneiros polas razóns máis triviais. Os primeiros gaseamentos de prisioneiros soviéticos e polacos producíronse no bloque 11 de Auschwitz I en agosto de 1941. A construción de Auschwitz II comezou o mes seguinte, e dende 1942 até finais de 1944, trens cargados de xudeus traídos de todas partes da Europa ocupada pola Alemaña nazi, foron conducidos até as cámaras de gas. Dos 1,3 millóns de persoas enviadas a Auschwitz,[4] 1,1 millóns morreron.[4] O número de mortes inclúe 960 000 xudeus (865 000 dos cales foron gaseados ó chegar), 74 000 polacos non xudeus, 21 000 xitanos, 15 000 prisioneiros de guerra soviéticos, e 15 000 outros europeos.[5] Aqueles que non morreron nas cámaras de gas fixérono de fame, esgotamento, doenzas, execucións individuais ou malleiras. Outros foron asasinados por mor de experimentos médicos.

Cando menos 802 prisioneiros tentaron escapar, 144 dos cales tiveron éxito, e o 7 de outubro de 1944, dúas unidades de Sonderkommando, compostas por prisioneiros que atendían as cámaras de gas, fixeron un levantamento sen éxito. Só 789 membros do persoal do campo (non máis do 15%) foron algunha vez xulgados;[6] e moitos, incluíndo o comandante do campo Rudolf Höss, foron executados. O fracaso dos Aliados para actuar ante os primeiros informes de atrocidades no campo, bombardeando ora o campo, ora os seus ferrocarrís, segue a ser controvertido.

Conforme o Exército Vermello soviético se achegaba a Auschwitz en xaneiro de 1945, contra o remate da guerra, as SS enviaron á maioría da poboación dos campos cara ó oeste en marchas da morte con dirección o interior de Alemaña e Austria. As tropas soviéticas entraron no campo o 27 de xaneiro de 1945, un día conmemorado dende o ano 2005 como o Día Internacional de Conmemoración en Lembranza das Vítimas do Holocausto. As décadas seguintes despois da guerra, sobreviventes como Primo Levi, Viktor Frankl e Elie Wiesel escribiron memorias das súas experiencias, e o campo converteuse nun símbolo dominante do Holocausto. En 1947, Polonia fundou o Museo estatal Auschwitz-Birkenau no lugar de Auschwitz I e II, e en 1979 foi nomeado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Contexto histórico

[editar | editar a fonte]
Campos e guetos na Europa ocupada (con fronteiras de 2007).
Auschwitz I, II e III.

A ideoloxía do nazismo (ou nacionalsocialismo) reuniu elementos de "hixiene racial", euxenesia e antisemitismo, segundo describe Richard J. Evans, combinados co panxermanismo e o expansionismo territorial.[7] O Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores (Partido Nazi), e en particular Adolf Hitler, obsesionouse coa "cuestión xudía".[8] Tanto durante como inmediatamente despois da toma de poder dos nazis en Alemaña no ano 1933, os actos de violencia contra os xudeus alemáns foron omnipresentes,[9] e aprobouse unha lexislación que os excluía de certas profesións, incluídos o servizo civil e o dereito.[a] O acoso e a presión económica foron empregados para alentalos a abandonar Alemaña; ós seus negocios negóuselles o acceso ós mercados, prohibíuselles a publicidade en xornais e privóuselles de contratos gobernamentais.[11] O 15 de setembro de 1935, o Reichstag aprobou as Leis de Nürnberg. A Lei de Cidadanía do Reich definía como cidadáns aqueles "alemáns ou de sangue relacionado que demostren polo seu comportamento que están dispostos e son axeitados para servir fielmente ó pobo alemán e ó Reich", e a Lei de Protección do Sangue e a Honra Alemáns prohibiu o matrimonio e as relacións extramatrimoniais entre os "alemáns ou de sangue relacionado" e os xudeus.[12]

Cando Alemaña invadiu Polonia en setembro de 1939, provocando a segunda guerra mundial, Hitler ordenou que os líderes e os servizos de intelixencia polacos fosen destruídos.[13] O campo de Auschwitz foi estabelecido en abril de 1940, ó principio como un campo de corentena para prisioneiros políticos polacos. O 22 de xuño de 1941, nun intento de obter novos territorios, Hitler invadiu a Unión Soviética.[14] O primeiro gaseamento en Auschwitz, dun grupo de prisioneiros de guerra soviéticos, tivo lugar por volta de agosto de 1941.[15] No remate dese mesmo ano, durante o que moitos historiadores consideran como a primeira fase do Holocausto, entre 500 000 e 800 000 xudeus soviéticos foron asasinados en tiroteos masivos polos Einsatzgruppen alemáns, soldados ordinarios e colaboradores locais.[16] Na conferencia de Wannsee que se celebrou en Berlín o 20 de xaneiro de 1942, Heydrich resumiu a Solución Final da cuestión xudía ós líderes nazis,[17] e dende comezos de 1942, trens cargados con xudeus de todas partes da Europa ocupada foron levados polos alemáns a campos de exterminio en Polonia: Auschwitz, Bełżec, Chełmno, Majdanek, Sobibór e Treblinka. A maioría dos prisioneiros foron gaseados á súa chegada.[18]

Auschwitz I

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Auschwitz I.
Auschwitz I, no ano 2013. (nas coordenadas 50°01′39″N 19°12′11″L / 50.027606, 19.203088 (Auschwitz I))
Auschwitz I, no ano 2009; o centro de recepción de prisioneiros de Auschwitz I convertéuse no centro de recepción de visitantes do museo estatal Auschwitz-Birkenau.[19]
Antigo centro de recepción de prisioneiros; o edificio no extremo esquerdo coa ringleira de chemineas era a cociña do campo.
Imaxe aérea do campo I, o 4 de abril de 1944.

Crecemento

[editar | editar a fonte]

Auschwitz I foi un antigo campo para traballadores transitorios durante a primeira guerra mundial, e posteriormente uns cuarteis do exército polaco. Baixo o réximo nazi foi convertido no campo principal (Stammlager) e na sede administrativa do complexo. O lugar, a 50 quilómetros ó suroeste de Cracovia, foi suxerido por vez primeira en febreiro de 1940 como un campo de corentena para prisioneiros polacos polo SS-Oberführer Arpad Wigand, o inspector da Sicherheitspolizei (policía de seguridade) e o deputado das SS-Obergruppenführer Erich von dem Bach-Zelewski, o alto mando das SS líder da policía de Silesia. Richard Glücks, xefe de Inspección dos campos de concentración, enviou ó antigo comandante do campo de concentración de Sachsenhausen, Walter Eisfeld, para que o inspeccionase.[20] Cuns 1 000 m de longo e 400 m de ancho,[21] Auschwitz constaba nese momento de 22 bloques de edificios, oito deles de dous andares; un segundo andar foi engadido ós demais en 1943 e foron construídos oito novos bloques.[22]

O Reichsführer-SS Heinrich Himmler, líder das Schutzstaffel (SS), aprobou o lugar en abril de 1940 por recomendación do SS-Obersturmbannführer Rudolf Höss, de Inspección dos campos. Höss supervisou o desenvolvemento do campo e exerceu como o seu primeiro comandante. Os primeiros 30 prisioneiros chegaron o 20 de maio de 1940 dende o campo de Sachsenhausen en Oranienburg, Alemaña. Eran "criminais de carreira" alemáns (Berufsverbrecher), que foron coñecidos como "verdes" (grünen) polos triángulos verdes que tiñan que levar na súa roupa de prisión. Traídos ó campo como funcionarios, este grupo foi o principal encargado de estabelecer o sadismo dende os primeiros momentos do campo, cuxa violencia estaba dirixida especialmente ós reclusos polacos, até que os presos políticos tamén asumiron as súas funcións no campo.[23] Bruno Brodniewitsch, o primeiro prisioneiro (que tiña o número de serie "1"), converteuse en Lagerältester (responsable do campo); os outros recibiron postos como kapos e supervisores de bloques.[24]

Primeiro transporte masivo

[editar | editar a fonte]

O primeiro transporte masivo, que estaba composto de 728 prisioneiros políticos polacos, incluíndo sacerdotes católicos e xudeus, chegou o 14 de xuño de 1940 dende Tarnów, Polonia. Recibiron os números de serie dende o 31 até o 758.[b] Nunha carta do 12 de xullo de 1940, Höss cóntalle a Glücks que a poboación local era "fanaticamente polaca, preparada para emprender calquera tipo de operación contra os odiados homes das SS".[26] A finais de 1940, as SS confiscaron as terras arredor do campo para crear unha "zona de interese" (Interessengebiet) de 40 quilómetros cadrados patrullada polas SS, a Gestapo e a policía local.[27] En marzo de 1941, outras 10 900 persoas foron encarceradas no campo, a maioría delas eran polacos.[21]

O primeiro encontro dos reclusos con Auschwitz, no caso de seren rexistrados e non enviados directamente á cámara de gas, era no centro de recepción de prisioneiros preto da porta co sinal Arbeit macht frei, onde eran tatuados, afeitados, desinfectados e se lles daba un uniforme a raias de prisioneiros. Construído entre 1942 e 1944, o centro contiña uns baños, unha lavandería e 19 cámaras de gas para limpar a roupa. O centro de recepción de prisioneiros de Auschwitz I converteuse no centro de recepción de visitantes do museo estatal Auschwitz-Birkenau.[19]

Crematorio I, primeiros gaseamentos

[editar | editar a fonte]
Crematorio I, fotografado en 2016, reconstruído despois da guerra.[28]

A construción do crematorio I comezou en Auschwitz I a finais de xuño ou comezos de xullo de 1940.[29] Nun principio, non estaba pensado para o asasinato masivo senón para desfacerse dos prisioneiros que foron executados ou daqueles que morreron no campo. O crematorio estivo operativo dende agosto de 1940 até xullo de 1943, cando os crematorios de Auschwitz II xa estaban en funcionamento.[30] En maio de 1942, instaláronse tres fornos no crematorio I, que xuntos podían queimar 340 corpos en 24 horas.[31]

O primeiro gaseamento experimental tivo lugar en agosto de 1941, cando o Lagerführer Karl Fritzsch, por orde de Rudolf Höss, asasinou un grupo de prisioneiros de guerra soviéticos introducindo Zyklon B na súa cela do soto do bloque 11 de Auschwitz I. Un segundo grupo de 600 prisioneiros de guerra soviéticos e arredor de 250 prisioneiros polacos enfermos foron gaseados o 3–5 de setembro.[32] A morgue converteuse máis tarde nunha cámara de gas capaz de albergar cando menos a 700–800 persoas.[31][c] O Zyklon B era introducido na habitación a través das fendas do teito.[31]

Primeiro transporte masivo de xudeus

[editar | editar a fonte]

Os historiadores non están de acordo sobre a data na que os transportes de soamente xudeus comezaron a chegar a Auschwitz. Na Conferencia de Wannsee celebrada en Berlín o 20 de xaneiro de 1942, o liderado nazi bosquexou, nunha linguaxe eufemística, os seus plans para a Solución final.[33] De acordo con Franciszek Piper, o comandante de Auschwitz Rudolf Höss ofreceu versións inconsistentes despois da guerra, suxerindo que o exterminio comezou en decembro de 1941, en xaneiro de 1942, ou antes do estabelecemento do campo de mulleres en marzo de 1942.[34] En Kommandant in Auschwitz, escribiu: "Na primavera de 1942 os primeiros transportes de xudeus, todos destinados ó exterminio, chegaron dende a Alta Silesia."[35] O 15 de febreiro de 1942, de acordo con Danuta Czech, un transporte de xudeus de Beuthen, Alta Silesia (Bytom, Polonia), chegou a Auschwitz I e foi enviado directamente á cámara de gas.[d][37] En 1998, unha testemuña dixo que o tren contiña "as mulleres de Beuthen".[e] Saul Friedländer escribiu que os xudeus de Beuthen procedían dos campos de traballo da Organización Schmelt e que foran considerados como non aptos para traballar.[39] De acordo con Christopher Browning, os transportes de xudeus non aptos para o traballo foron conducidos á cámara de gas en Auschwitz dende o outono de 1941.[40] A evidencia disto e o transporte de febreiro de 1942 foi discutida en 2015 por Nikolaus Wachsmann.[41]

O 20 de marzo de 1942, de acordo con Danuta Czech, un transporte con xudeus polacos procedente de Silesia e Zagłębie Dąbrowskie foi conducido directamente dende a estación até a cámara de gas de Auschwitz II, que acababa de entrar en funcionamento.[42] O 26 e 28 de marzo, dous transportes con xudías eslovacas foron rexistrados como prisioneiras no campo de mulleres de Auschwitz II, onde foron mantidas para o traballo escravo; estes foron os primeiros transportes organizados polo departamento de Adolf Eichmann na Oficina Central de Seguridade do Reich (RSHA).[f] O 30 de marzo, o primeiro transporte da RHSA chegou dende Francia.[43] A "selección", segundo a cal os novos prisioneiros eran escollidos para o traballo ou para as cámaras de gas, comezou en abril de 1942 e foi realizada de maneira regular dende o mes de xullo. Piper escribe que isto reflectía a crecente necesidade de man de obra de Alemaña. Os seleccionados como non aptos para traballar foron gaseados sen ser rexistrados como prisioneiros.[44]

Tamén hai desacordo sobre o número de persoas que foron gaseadas en Auschwitz I. Perry Broad, un SS-Unterscharführer, escribiu que "un transporte e outro desaparecían no crematorio de Auschwitz [I]."[45] De acordo con Filip Müller, un dos Sonderkommando de Auschwitz I, ducias de miles de xudeus foron asasinados, procedentes de Francia, os Países Baixos, Eslovaquia, Alta Silesia e Iugoslavia, e dos guetos de Theresienstadt, Ciechanow, e Grodno.[46] En contra desta afirmación, Jean-Claude Pressac estimou que o número de persoas asasinadas no campo de Auschwitz I foi de 10 000.[45] Os derradeiros reclusos gaseados alí, en decembro de 1942, foron uns 400 membros dos Sonderkommando de Auschwitz II, que se viron obrigados a desenterrar e queimar os restos das foxas comúns dese campo, que se cre que contiñan máis de 100 000 cadáveres.[47]

Auschwitz II-Birkenau

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Auschwitz-Birkenau.

Construción

[editar | editar a fonte]
Porta de Auschwitz II-Birkenau dende o interior do campo, fotografada en 2007.
A mesma escena, en maio/xuño de 1944, coa porta no fondo. A "selección" de xudeus húngaros, escollidos para traballar ou para a cámara de gas. Fotografía dun Álbum de Auschwitz.
A porta cos restos do campo no fondo, fotografada no ano 2009.

Logo de visitar Auschwitz I en marzo de 1941, semella que Himmler ordenou que o campo fose expandido,[48] malia que Peter Hayes sinala que, o 10 de xaneiro de 1941, a resistencia polaca díxolle ó goberno polaco no exilio en Londres: "o campo de concentración de Auschwitz ...pode acoller aproximadamente 7 000 prisioneiros no presente, e debe ser reconstruído para albergar aproximadamente 30 000."[49] A construción de Auschwitz II-Birkenau, chamado Kriegsgefangenenlager (campo de prisioneiros de guerra) sobre o plano, comezou en outubro de 1941 en Brzezinka, a uns tres quilómetros de Auschwitz I.[50] O plan inicial era que Auschwitz II estivese composto de catro sectores (Bauabschnitte I–IV), cada un consistente en seis subcampos (BIIa–BIIf) coas súas propias portas e valados. Os dous primeiros sectores foron completados (o sector BI era nun principio un campo de corentena), mais a construción de BIII comezou en 1943 e parou en abril de 1944, e o plan de facer BIV foi abandonado.[51]

O SS-Sturmbannführer Karl Bischoff, un arquitecto, foi o xefe da construción.[48] En base a un orzamento inicial de 8,9 millóns de reichsmarks, os seus planos esixían que cada barracón tivese 550 prisioneiros, mais logo cambiouno a 744 por barracón, o que significa que o campo podía conter 125 000 persoas, no canto de 97 000.[52] Había 174 barracóns, cada un deles medindo 35,4 por 11 metros, divididos en 62 segmentos de 4 metros cadrados. Os segmentos estaban divididos en "niños", inicialmente para tres reclusos e despois para catro. Cun espazo persoal dun metro cadrado para durmir e para pousar as pertenzas que tiñan, os presos estaban privados, segundo escribiu Robert-Jan van Pelt, "do espazo mínimo preciso para existir".[53]

Os prisioneiros foron obrigados a vivir nos barracóns mentres os construían; ademais de traballar, enfrontábanse a longas chamadas pola noite. Como resultado, moitos prisioneiros do BIb (o campo dos homes) morrían nos primeiros meses por mor de hipotermia, inanición ou cansazo.[54] Uns 10 000 prisioneiros de guerra soviéticos chegaron a Auschwitz I entre o 7 e o 25 de outubro de 1941,[55] pero o 1 de marzo de 1942 só 945 seguían aínda rexistrados; foron transferidos a Auschwitz II,[36] onde a maioría deles morreu en maio.[56]

Crematorios II–V

[editar | editar a fonte]

A primeira cámara de gas de Auschwitz II estivo operativa en marzo de 1942. Contra o 20 de marzo, un transporte de xudeus polacos enviado pola Gestapo dende Silesia e Zagłębie Dąbrowskie foi conducido directamente dende a estación de carga de Oświęcim até a cámara de gas de Auschwitz II, sendo posteriormente enterrados nun prado achegado.[42] A cámara de gas atopábase no que os prisioneiros chamaban a "pequena casa vermella" (coñecida como búnker 1 pola SS), unha cabana de ladrillos que se converteu nunha instalación de gas; as fiestras foran tapiadas e os seus catro cuartos convertidos en dous cuartos illados, cuxas portas dicían "Zur Desinfektion" ("para desinfección"). Unha segunda cabana de ladrillos, a "pequena casa branca" ou búnker 2, foi convertida e posta en funcionamento en xuño de 1942.[57] Cando Himmler visitou o campo o 17 e o 18 de xullo de 1942, recibiu unha demostración dunha selección de xudeus neerlandeses, un asasinato en masa nunha cámara de gas do búnker 2 e unha visita ós edificios de Auschwitz III, a nova planta de IG Farben construída en Monowitz.[58]

O uso dos búnkeres I e 2 detívose na primavera de 1943 cando o novo crematorio foi construído, aínda que o búnker 2 estivo operativo de novo en maio de 1944 para o asasinato de xudeus húngaros. O búnker I foi demolido en 1943 e o búnker 2 en novembro de 1944.[59] Piper escribe que os planos dos crematorios II e III amosan que ámbolos dous tiñan salas de forno de 30 por 11,24 metros na planta baixa, un vestiario subterráneo de 49,43 por 7,93 metros e unha cámara de gas de 30 por 7 metros. Os vestidores tiñan bancos de madeira ó longo das paredes e colgadoiros numerados para a roupa. As vítimas eran conducidas dende estes cuartos a un andadeiro estreito de cinco iardas de longo, que á su vez conducía a un espazo dende o cal se abría a porta da cámara de gas. As cámaras eran brancas no seu interior, e tiñan difusores fixados no teito para semellar duchas.[60] A capacidade diaria dos crematorios (é dicir cantos corpos podían ser queimados nun período de 24 horas) era de 340 corpos no crematorio I; 1 440 nos crematorios II e III; e 768 nos crematorios IV e V.[61] En xuño de 1943 catro dos crematorios estaban operativos, mais o crematorio I non foi utilizado máis despois de xullo de 1943. Isto supoñía unha capacidade total diaria de 4 416 persoas, aínda que cargando de tres a cinco corpos cada vez, os Sonderkommando podían queimar máis de 8 000 corpos ó día. A capacidade máxima raramente era necesaria, xa que a media entre 1942 e 1944 era duns 1 000 corpos queimados cada día.[62]

Auschwitz III-Monowitz

[editar | editar a fonte]
Mapa detallado de Buna Werke, Monowitz, e os subcampos achegados.

Despois de considerar diferentes lugares para a nova planta de manufactura de Buna-N, un tipo de caucho sintético esencial para os esforzos bélicos, a fábrica de químicos alemá IG Farben escolleu un sitio preto das vilas de Dwory e Monowice (Monowitz en alemán), a uns 7 quilómetros ó leste de Auschwitz I.[63] As exencións de impostos estaban dispoñibles para as corporacións preparadas para desenvolver industrias nas rexións fronteirizas baixo a Lei de Asistencia Fiscal do Leste, aprobada en decembro de 1940. Ademais da súa proximidade ó campo de concentración e a unha fonte de man de obra barata, o sitio tiña boas conexións ferroviarias e acceso ás materias primas.[64] En febreiro de 1941, Himmler ordenou que a poboación xudía de Oświęcim fose expulsada para deixar sitio a traballadores cualificados, que tódolos polacos capaces de traballar permanecesen na cidade e traballasen na construción da fábrica e que os prisioneiros de Auschwitz fosen empregados nos traballos de construción.[65]

Os reclusos de Auschwitz comezaron a traballar na planta, coñecida como Buna Werke e IG-Auschwitz, en abril de 1941, e derrubaron casas en Monowitz para facerlle sitio.[66] No mes de maio, debido á escaseza de camións, varios centos deles erguíanse ás 3 da mañá para camiñar alí dúas veces ó día dende Auschwitz I.[67] Debido a que unha longa ringleira de reclusos exhaustos camiñando pola cidade de Oświęcim podería danar as relacións entre alemáns e polacos, díxoselles que se afeitaran diariamente, se aseguraran de que estivesen limpos e que cantasen mentres camiñaban. Dende finais de xullo, eran levados á factoría en vagóns de trens de mercancías.[68] Por mor da dificultade de desprazalos, sobre todo durante o inverno, IG Farben decidiu construír un novo campo na planta. Os primeiros reclusos foron trasladados alí o 30 de outubro de 1942.[69] Coñecido como KL Auschwitz III-Aussenlager (subcampo Auschwitz III), e posteriormente como o campo de concentración de Monowitz,[70] foi o primeiro campo de concentración en ser financiado e construído por unha industria privada.[71]

Heinrich Himmler (o segundo pola esquerda) visita a planta de IG Farben en Auschwitz III, xullo de 1942.

Cunhas medidas de 270 x 490 metros, o campo era meirande ca Auschwitz I. A finais de 1944, contiña 60 barracóns de 17,5 x 8 metros, cada un cunha sala de día e un dormitorio con 56 liteiras de madeira de tres niveis.[72] IG Farben pagou ás SS tres ou catro reichsmarks polas quendas de nove a once horas de cada traballador.[73] En 1943–1944, arredor de 35 000 reclusos traballaban na planta; 23 000 (unha media de 32 ó día) morreron como resultado da malnutrición, doenzas e a carga de traballo. Logo de tres ou catro meses no campo, segundo escribe Peter Hayes, os reclusos eran "reducidos a esqueletos andantes".[74] As mortes e os traslados ás cámaras de gas en Auschwitz II reducían a poboación en case un quinto cada mes.[75] Os administradores do sitio ameazaban constantemente ós reclusos coas cámaras de gas, e o cheiro dos crematorios de Auschwitz I e II sentíase fortemente no campo.[76][77]

Aínda que se esperaba que a fábrica comezase a producir en 1943, a escaseza de man de obra e materias primas provocou que a posta en marcha se pospuxese repetidamente.[78] Os Aliados bombardearon a planta en 1944 os días 20 de agosto, 13 de setembro, 18 de decembro e 26 de decembro. O 19 de xaneiro de 1945, as SS ordenaron que o sitio fose evacuado, enviando a 9 000 reclusos, a maioría deles xudeus, nunha marcha da morte a outro subcampo de Auschwitz en Gliwice.[79] Dende Gliwice, os prisioneiros foron transportados en tren de mercadorías en vagóns abertos ata Buchenwald e o campo de concentración de Mauthausen-Gusen. Os 800 reclusos que foron abandonados no hospital de Monowitz foron liberados xunto co resto do campo o 27 de xaneiro de 1945 pola 1ª Fronte Ucraína do Exército Vermello.[80]

Subcampos

[editar | editar a fonte]

Numerosas empresas industriais alemás, como Krupp e Siemens-Schuckert, construíron factorías cos seus propios subcampos.[81] Existían arredor de 28 campos preto de plantas industriais, tendo cada campo centos ou milleiros de prisioneiros.[82] Designados como Aussenlager (campo externo), Nebenlager (campo de extensión), Arbeitslager (campo de traballo) ou Aussenkommando (detalle de traballo externo),[83] os campos foron construídos en Blechhammer, Jawiszowice, Jaworzno, Lagisze, Mysłowice, Trzebinia, e mesmo no Protectorado de Bohemia e Moravia, en Checoslovaquia.[84] Entre as industrias con campos satélite había minas de carbón, fundicións e outros traballos do metal e plantas químicas. Os presos tamén foron obrigados a traballar na silvicultura e na agricultura.[85] Por exemplo, Wirtschaftshof Budy, na vila polaca de Budy, preto de Brzeszcze, era un subcampo agrícola onde os prisioneiros traballaban 12 horas ó día, labrando os campos, coidando dos animais e facendo compost a partir de cinzas humanas dos crematorios mesturadas con herba e esterco.[86] Os actos de sabotaxe para diminuír a produción producíronse en varios subcampos, incluíndo Charlottengrube, Gleiwitz II e Rajsko.[87] As condicións de vida nalgúns dos campos eran tan pobres que eran considerados subcampos de castigo.[88]

A vida nos campos

[editar | editar a fonte]

Gornición das SS

[editar | editar a fonte]
Fotografía do Álbum de Höcker (de esquerda a dereita): Richard Baer (comandante de Auschwitz dende maio de 1944), Josef Mengele (médico do campo) e Rudolf Höss (primeiro comandante) en Solahütte, un resort das SS preto de Auschwitz, no verán de 1944.[89]
O edificio do comandante e da administración, Auschwitz I.

Nado en Baden-Baden en 1900,[90] Rudolf Höss foi nomeado primeiro comandante de Auschwitz cando Heinrich Himmler ordenou o 27 de abril de 1940 o estabelecemento do campo.[91] Viviu coa súa muller e fillos nunha casa de dous pisos feita de estuco preto do edificio do comandante e da administración,[92] e exerceu como comandante até o 11 de novembro de 1943,[91] con Josef Kramer como o seu adxunto.[21] Foi sucedido como comandante por Arthur Liebehenschel,[91] e Höss uniuse á Oficina Económica e Administrativa Central das SS en Oranienburg como director de Amt DI,[91] un posto que o converteu en adxunto da inspección dos campos.[93]

Richard Baer converteuse en comandante de Auschwitz I o 11 de maio de 1944, e Fritz Hartjenstein o de Auschwitz II dende o 22 de novembro de 1943, seguido por Josef Kramer dende o 15 de maio de 1944 até a eliminación do campo en xaneiro de 1945. Heinrich Schwarz foi comandante de Auschwitz III dende o momento en que se converteu nun campo autónomo en novembro de 1943 até a súa liquidación.[94] Höss regresou a Auschwitz entre o 8 de maio e o 29 de xullo de 1944 como comandante da gornición local das SS (Standortältester) co obxectivo de supervisar a chegada de xudeus húngaros, o cal o converteu no oficial superior de tódolos comandantes dos campos de Auschwitz.[91]

De acordo con Aleksander Lasik, unhas 6 335 persoas (6 161 delas, homes) traballaron para as SS en Auschwitz ó longo da existencia do campo;[95] o 4,2% eran oficiais, o 26,1% eran suboficiais, e o 69,7 eran de baixo rango e arquiveiros.[96] En marzo de 1941, había 700 gardas das SS, en xuño de 1942, 2 000 e en agosto de 1944, 3 342. No seu máximo histórico en xaneiro de 1945, 4 480 homes e 71 mulleres das SS traballaban en Auschwitz; este número máis alto probablemente se debese á loxística de evacuación do campo.[97] As gardas femininas eran coñecidas como supervisoras das SS (SS-Aufseherinnen).[98]

A maioría do persoal procedía de Alemaña e de Austria, mais conforme progresaba a guerra medrou o número de Volksdeutsche doutros países, como Checoslovaquia, Polonia, Iugoslavia e os estados bálticos, que se uniron ás SS en Auschwitz. Non todos eran etnicamente alemáns. Os gardas tamén eran recrutados dende Hungría, Romanía e Eslovaquia.[99] Os gardas do campo, que supoñían tres cuartos do persoal das SS, eran membros da SS-Totenkopfverbände (unidades cabeza de morto).[100] Outros membros do persoal das SS traballaban nos departamentos médico e político, ou na administración económica, que era responsable da roupa e doutras subministracións, incluíndo a propiedade de prisioneiros mortos.[101] As SS vían Auschwitz como un destino cómodo; estar alí significaba que evitan a loita na fronte e tiñan acceso ás pertenzas das vítimas.[102]

Funcionarios e Sonderkommando

[editar | editar a fonte]
Auschwitz I, en 2009.

Certos prisioneiros, nun principio alemáns non xudeus, mais despois tamén xudeus e polacos non xudeus,[103] foron asignados a postos de autoridade como Funktionshäftlinge (funcionarios), o que lles daba acceso a mellores vivendas e comida. Os Lagerprominenz (a elite do campo) incluía Blockschreiber (funcionarios dos barracóns), Kapo (capataces), Stubendienst (ordenanzas dos barracóns) e Kommandierte (confiables).[104] Ostentando un inmenso poder sobre outros prisioneiros, os funcionarios gañaron unha reputación como sádicos.[103] Moi poucos foron procesados despois da guerra debido á dificultade de determinar que atrocidades foron cometidas por orde das SS.[105]

Aínda que as SS supervisaban os asasinatos nas cámaras de gas, a maior parte do traballo era realizado por prisioneiros coñecidos dende 1942 como Sonderkommando (escuadrón especial).[106] Na súa maioría eran xudeus pero tamén había grupos de prisioneiros de guerra soviéticos. En 1940–1941, cando só había unha cámara de gas no campo, había uns 20 prisioneiros deste tipo, a finais de 1943 había 400, e en 1944, durante o Holocausto en Hungría, o seu número aumentou até 874.[107] Os Sonderkommando retiraban os bens e os cadáveres dos trens que chegaban, guiaban as vítimas ós vestiarios e ás cámaras de gas, despois retiraban os seus corpos e quitábanlles as xoias, o cabelo e os implantes dentais ou calquera metal precioso dos seus dentes, todo o cal era enviado a Alemaña. Unha vez que os corpos eran despoxados de toda clase de valor, os Sonderkommando queimábanos nos crematorios.[108]

Xa que eran testemuñas dos asasinatos en masa, os Sonderkommando vivían separados dos outros prisioneiros, aínda que esta regra non se aplicou ós non xudeus que había entre eles.[109] A súa calidade de vida era considerablemente mellor polo seu acceso ás propiedades dos acabados de chegar, que intercambiaban dentro do campo, incluso coas SS.[110] Porén, a súa esperanza de vida era curta, xa que eran regularmente asasinados e substituídos.[111] Arredor de 100 sobreviviron logo da liquidación do campo. Foron trasladados pola forza en marchas da morte e por tren até o campo de Mauthausen, onde tres días despois se lles pediu que desen un paso adiante durante o pase de lista. Ningún deles o fixo, e debido a que as SS non tiñan o seu rexistro, varios deles sobreviviron.[112]

Tatuaxes e triángulos

[editar | editar a fonte]
Uniforme dun recluso xudeu de Auschwitz.

Exclusivamente en Auschwitz os prisioneiros eran tatuados cun número de serie, na zona esquerda do peito para os prisioneiros de guerra soviéticos[113] e no brazo esquerdo para os civís.[114][115] As categorías de prisioneiros eran distinguibles por anacos triangulares de roupa (en alemán: Winkel) cosidos na súa chaqueta debaixo do número de prisioneiro. Os prisioneiros políticos (Schutzhäftlinge ou Sch), a maioría polacos, levaban un triángulo vermello, mentres que os criminais (Berufsverbrecher ou BV) eran maioritariamente alemáns e levaban un verde. Os presos sociais (Asoziale ou Aso), que incluía a vagabundos, prostitutas e xitanos, levaban un de cor negra. O morado era para os testemuñas de Xehová (Internationale Bibelforscher-Vereinigung ou IBV) e o rosa para os homes homosexuais, que eran maioritariamente alemáns.[116] Estímase que entre 5 000 e 15 000 homes homosexuais foron procesados baixo o Código Penal Alemán Sección 175 (que prohibía os actos sexuais entre homes) e detidos en campos de concentración, dos cales un número descoñecido foron enviados a Auschwitz.[117] Os xudeus levaban unha insignia amarela, coa forma da Estrela de David, superposta por un segundo triángulo se tamén pertencían a unha segunda categoría. A nacionalidade do preso estaba indicada por unha letra cosida na tela. Existía unha xerarquía racial, cos prisioneiros alemáns no máis alto da mesma. Os seguintes eran os prisioneiros non xudeus doutros países. Os prisioneiros xudeus estaban no posto máis baixo.[118]

Transportes

[editar | editar a fonte]
Vagón de tren dentro de Auschwitz II-Birkenau, preto da porta de entrada, usado para transportar deportados. Foto tirada no ano 2014.[119]

Os deportados eran levados a Auschwitz en vagóns de mercadorías ou de gando que ían repletos, chegando preto dunha estación de ferrocarril ou a unha das varias ramplas dedicadas á vía, incluída unha a carón de Auschwitz I. A Altejudenrampe (antiga rampla xudía), partía da estación de tren de carga de Oświęcim, e foi empregada entre 1942 e 1944 para transportar xudeus.[119][120] Localizada entre Auschwitz I e Auschwitz II, a chegada a esta rampla implicaba unha viaxe de 2,5 quilómetros até Auschwitz II a as cámaras de gas. A maioría dos deportados eran obrigados a camiñar, acompañados polos homes das SS e un coche co símbolo da Cruz Vermella que transportaba o Zyklon B, así como por un médico das SS en caso de que os oficiais fosen envelenados por erro. Os reclusos que chegaban de noite, ou os que estaban débiles de máis para camiñar, eran levados en camión.[121] Os traballos de construción dunha nova liña e dunha rampla entre os sectores BI e BII de Auschwitz II foron completados en maio de 1944 para a chegada dos xudeus húngaros,[120] que se produciu entre maio e comezos de xullo de 1944.[122] Os raís levaban directamente á área das cámaras de gas.[119]

A vida dos prisioneiros

[editar | editar a fonte]

O día comezaba ás 4:30 da mañá para os homes (unha hora máis tarde no inverno), e aínda máis cedo para as mulleres, cando os supervisores do bloque facían soar un gong e comezaban a bater nos reclusos con paus para que se lavaran e usaran as letrinas axiña.[123] As instalacións eran atroces, con poucas latrinas e falta de auga limpa. Cada zona de aseo tiña que dar servizo a milleiros de prisioneiros. Nos sectores BIa e BIb de Auschwitz II, dous edificios que contiñan latrinas e zonas de aseo foron instalados en 1943. Contaban con canles para se lavar e 90 billas; os retretes eran "canles de sumidoiros" cubertas de concreto con 58 buratos para sentar. Existían tres barracóns con instalacións de aseo ou retretes para dar servizo a 16 barracóns residenciais en BIIa, e seis lavadoiros/latrinas para 32 barracóns en BIIb, BIIc, BIId e BIIe.[124][56][125] Primo Levi describiu en 1944 os baños de Auschwitz III:

Latrinas do campo de corentena dos homes, sector BIIa, Auschwitz II. Foto de 2003.
Está mal iluminado, cheo de correntes de aire, co chan de ladrillo cuberto por unha capa de lama. A auga non é potable; ten un cheiro desagradable e a miúdo falla durante moitas horas. As paredes están cubertas por curiosos e didácticos frescos: por exemplo, aí está o bo Häftling [prisioneiro], retratado espido até a cintura, a piques de enxaboar dilixentemente o seu cranio esquilado e rosado, e o mal Häftling, cun gran nariz semítico e unha cor verdosa, envolto na súa roupa manchada de ostentación cunha boina na cabeza, que con cautela somerxe un dedo na auga do lavabo. Debaixo do primeiro está escrito: "So bist du rein" (así estás limpo), e debaixo do segundo, "So gehst du ein" (así chegas a un mal final); e máis abaixo, nun dubidoso francés escrito en letra gótica: "La propreté, c'est la santé" [a limpeza é saúde].[126]

Os presos recibían medio litro de substituto de café ou té de herbas pola mañá, mais non comida.[127] Unha segunda chamada de gong anunciaba que os reclusos se aliñaran fóra en ringleiras de dez para ser contados. Sen importar o clima, tiñan que agardar a que chegaran as SS para que os contase; o tempo que permanecían alí dependía do estado de ánimo dos oficiais e de se houbo fugas ou outros eventos que supuxesen castigo.[128] Os gardas podían obrigar ós prisioneiros a anicarse durante unha hora coas manos sobre a cabeza, ou repartir malleiras ou detencións por infraccións como a falta dun botón ou un tazón de comida mal limpado. Os prisioneiros eran contados e contados de novo.[129]

Barracóns de ladrillo de Auschwitz II, sector BI, fotografía de 2006; catro prisioneiros durmían en cada oco, coñecido como buk.[130]
Barracóns de madeira de Auschwitz, fotografía de 2008.

Despois do pase de lista, ó son de "Arbeitskommandos formieren", os prisioneiros camiñaban cara ós seus postos de traballo, en liñas de cinco, para comezar a xornada laboral que duraba normalmente 11 horas, máis polo verán e menos no inverno.[131][132] Unha orquestra do campo, como a orquestra de mulleres de Auschwitz, estaba obrigada a tocar música alegre cando os traballadores abandonaban o campo. Os kapos eran responsables do comportamento dos prisioneiros mentres traballaban, ó igual que un escolta das SS. Gran parte do traballo realizábase ó aire libre en obras de construción, pozos de grava e serradoiros. Non estaban permitidos os períodos de descanso. Un prisioneiro estaba asignado ás latrinas para medir o tempo que os traballadores tardaban en baleirar as súas vexigas e intestinos.[133]

O xantar consistía en tres cuartos de litro de sopa acuosa polo mediodía, segundo se informou, de mal sabor, con carne na sopa catro veces á semana e verduras (principalmente patacas e rutabagas) tres veces. A cea eran 300 gramos de pan, a miúdo con mofo, parte do cal se agardaba que os prinsioneiros gardasen para o almorzo do día seguinte, cunha cullerada de queixo ou marmelada, ou 25 gramos de margarina ou salchicha. Os presos que realizaban traballos forzados recibían racións adicionais.[134]

Ás sete da noite tiña lugar un segundo pase de lista, durante o cal os prisioneiros podían ser aforcados ou azoutados. Se faltaba un prisioneiro, os demais tiñan que ficar de pé até que se atopase ó ausente ou se descubrise o motivo da ausencia, mesmo se isto levaba horas. O 6 de xullo de 1940, un pase de lista durou 19 horas porque un prisioneiro polaco, Tadeusz Wiejowski, escapou; despois dunha fuxida no ano 1941, un grupo de prisioneiros foi elixido entre os compañeiros de traballo e de barracón do fuxitivo e foi enviado ó bloque 11 para morrer de fame.[135] Logo do pase de lista, os prisioneiros retirábanse ós seus bloques pola noite e recibían as súas racións de pan. Despois tiñan algo de tempo libre para usar os baños e recibir o seu correo, a non ser que fosen xudeus, que non tiñan permitido recibir correo. O toque de queda era indicado por un novo gong ás nove da noite.[136] Os prisioneiros durmían en cubículos de ladrillo ou madeira, ou no chan, deitándose coa roupa posta e cos zapatos para evitar que llos roubasen.[137] As liteiras de madeira tiñan mantas e colchóns de papel cheos de labras de madeira; nos de ladrillo, durmían sobre palla.[138] De acordo con Miklós Nyiszli:

Entre oitocentas e mil persoas se amoreaban nos compartimentos superpostos de cada barracón. Incapaces de estirarse por completo, durmían alí ó longo e ó ancho, cos pés dun home sobre a cabeza, o pescozo ou o peito doutro. Despoxados de toda dignidade humana, empurrábanse, batíanse, trabábanse e pateaban nun esforzo por obter un espazo duns centímetros máis no que durmir un pouco máis cómodos. Porque non tiñan moito tempo para durmir.[139]

O domingo non era un día de traballo, mais os prisioneiros tiñan que limpar os barracóns e tomar a súa ducha semanal.[140] Tiñan permitido escribir (en alemán) ás súas familias, aínda que as SS censuraban o correo. Os prisioneiros que non falaban alemán intercambiaban pan pola súa axuda.[141] Os Shomer Shabbat tentaban manterse ó día co calendario hebreo e as festas xudías, incluíndo o Shabat, e a porción semanal da Torá. Nin os reloxos nin os calendarios estaban permitidos no campo. Só dous calendarios xudeus feitos en Auschwitz sobreviviron até o final da guerra. Os presos rexistraron os días doutras maneiras, como obtendo información dos acabados de chegar.[142]

O campo das mulleres

[editar | editar a fonte]
Mulleres en Auschwitz II, en maio de 1944.
Pase de lista en fronte do edificio da cociña, en Auschwitz II.

Arredor do 30% dos prisioneiros rexistrados eran mulleres.[143] O primeiro transporte masivo de mulleres, 999 mulleres alemás non xudías do campo de concentración de Ravensbrück, chegou o 26 de marzo de 1942. Clasificadas como criminais, sociais e políticas, foron levadas a Auschwitz como funcionarias fundadoras do campo de mulleres.[144] Rudolf Höss escribiu sobre elas: "Era doado predicir que estas bestas maltratarían ás mulleres sobre as que exercían poder. ... O sufrimento espiritual era completamente alleo para elas."[145] Recibiron os números de serie 1–999.[43][g] A garda de mulleres de Ravensbrück, Johanna Langefeld, converteuse na primeira Lagerführerin do campo de mulleres de Auschwitz.[144] Un segundo transporte masivo de mulleres, 999 xudías de Poprad, Eslovaquia, chegaron o mesmo día. De acordo con Danuta Czech, este foi o primeiro transporte rexistrado cara a Auschwitz pola Oficina Central de Seguridade do Reich (RSHA) oficina IV B4, coñecida como a Oficina Xudía, liderada polo Obersturmbannführer das SS Adolf Eichmann.[43] (A oficina IV era da Gestapo.)[146] Un terceiro transporte de 798 mulleres xudías de Bratislava, Eslovaquia, ocorreu o 28 de marzo.[43]

Nun principio, as mulleres estaban detidas nos bloques 1–10 de Auschwitz I,[147] pero dende o 6 de agosto de 1942,[148] 13 000 prisioneiras foron transferidas ó novo campo de mulleres (Frauenkonzentrationslager ou FKL) en Auschwitz II. Compoñíase de 15 barracóns de ladrillos e 15 de madeira no sector (Bauabschnitt) BIa; máis tarde foi expandido no BIb,[149] e en outubro de 1943 contiña 32 066 mulleres.[150] En 1943 e 1944, tamén había arredor de 11 000 mulleres no campo de familias xitanas, así como varios milleiros no campo familiar de Theresienstadt.[151]

As condicións do campo das mulleres eran tan pobre que cando un grupo de reclusos masculinos chegaron alí para instalar unha enfermaría en outubro de 1942, a súa primeira tarefa, segundo os investigadores do museo de Auschwitz, era distinguir os cadáveres das mulleres que aínda estaban con vida.[150] Gisella Perl, unha xinecóloga romanesa e xudía que estivo no campo das mulleres escribiu en 1948:

Había unha latrina para trinta ou trinta e dúas mil mulleres e só tiñamos permitido usalo a certas horas do día. Facíamos cola para entrar neste pequeno edificio, con excrementos humanos até os xeonllos. Como todas sofríamos de disentería, apenas podíamos agardar até que chegase a nosa quenda, e lixábamos as nosas roupas estragadas, que nunca saíron dos nosos corpos, o que se sumou ó horror da nosa existencia polo terrible cheiro que nos arrodeaba como unha nube. A latrina consistía nunha gabia profunda con tablóns dispostos sobre ela a certos intervalos. Encrequenábamos neses tablóns como paxaros pousados nos cables do telégrafo, tan xuntas que non podiamos evitar mancharnos as unhas ás outras..[152]

Langefeld foi sucedida como Lagerführerin pola Oberaufseherin das SS Maria Mandl en outubro de 1942, quen desenvolveu unha reputación pola súa crueldade. Höss contratou homes para controlar as supervisoras femininas, primeiro ó Obersturmführer das SS Paul Müller, e despois ó Hauptsturmführer das SS Franz Hössler.[153] Mandl e Hössler foron executados despois da guerra. Os experimentos de esterilización eran levados a cabo no barracón 30 por un xinecólogo alemán, Carl Clauberg, e outro doutor alemán, Horst Schumann.[150]

Experimentos médicos no bloque 10

[editar | editar a fonte]
Bloque 10, en Auschwitz I, onde se fixeron experimentos médicos en mulleres.

Os doutores alemáns realizaron unha gran variedade de experimentos nos prisioneiros de Auschwitz. Os doutores das SS testaron a eficacia dos raios X como un mecanismo de esterilización administrandoo en grandes doses nas prisioneiras femininas. Carl Clauberg inxectou químicos nos úteros das mulleres nun intento de pechalos pegándoos. Os prisioneiros foron infectados con febres infecciosas para investigar a vacinación e foron expostos a substancias tóxicas para estudar os seus efectos.[154] Nun experimento, Bayer, daquela parte de IG Farben, pagou 150 reichsmarks por cada unha das 150 prisioneiras de Auschwitz (o campo pedira uns 200 reichsmarks por muller), que foron trasladadas ás instalacións de Bayer para probar un anestésico. Un empregado de Bayer escribiulle a Rudolf Höss: "O transporte de 150 mulleres chegou en boas condicións. Porén, non fomos quen de obter resultados concluíntes porque morreron durante os experimentos. Rogámoslle que nos envíe outro grupo de mulleres co mesmo número e ó mesmo prezo". A investigaciónd de Bayer foi liderada en Auschwitz por Helmuth Vetter, de Bayer/IG Farben, quen tamén foi médico en Auschwitz e capitán das SS, e polos médicos de Auschwitz Friedrich Entress e Eduard Wirths.[155]

Demandados durante o xuízos dos doutores, Nürnberg, 1946–1947.

O máis infame doutor de Auschwitz foi Josef Mengele, o "Anxo da Morte", quen traballou en Auschwitz II dende o 30 de maio de 1943, nun principio no campo das familias xitanas.[156] Interesado en realizar investigacións con xemelgos idénticos, ananos e persoas con doenzas hereditarias, Mengele estabeleceu unha gardería nos cuarteis 29 e 31 para os nenos cos que estaba a experimentar, e para tódolos nenos xitanos menores de seis anos, onde recibían mellores racións de comida.[157] Dende maio de 1944, escolleu xemelgos e ananos entre os acabados de chegar durante a "selección",[158] chamando polos xemelgos ó berro de "Zwillinge heraus!" ("os xemelgos dean un paso adiante!").[159] El e outros doutores (estes últimos, prisioneiros) mediron as partes do corpo dos xemelgos, fotografáronos e sometéronos a probas dentais, de visión e de audición, a raios-x, análises de sangue, cirurxías e transfusións de sangue entre eles.[160] Posteriormente, facíaos matar e diseccionar.[158] Kurt Heissmeyer, outro doutor alemán e oficial das SS, levou 20 nenos polacos xudeus dende Auschwitz até o campo de concentración de Neuengamme, preto de Hamburgo, para usalos en experimentos pseudocientíficos. Foron inxectados co bacilli da tuberculose para probar unha cura. En abril de 1945, os nenos foron asasinados colgados para ocultar o proxecto.[161]

Unha colección de esqueletos xudeus foi obtida de entre un grupo de 115 prisioneiros escollidos polas súas características racais percibidas e estereotipadas. Rudolf Brandt e Wolfram Sievers, xerente de Ahnenerbe (un instituto de investigación nazi), entregaron os esqueletos ó Instituto de Anatomía do Reichsuniversität Straßburg en Alsacia-Lorena. A colección foi autorizada por Heinrich Himmler e baixo a dirección de August Hirt. Finalmente, 87 dos prisioneiros foron enviados a Natzweiler-Struthof e asasinados en agosto de 1943.[162] Brandt e Sievers foron executados en 1948 logo de ser condenados no xuízo dos doutores, como parte dos Xuízos de Núremberg.[163]

Castigos e bloque 11

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Bloque 11.
Bloque 11 e o "muro da morte" (esquerda, en Auschwitz I, 2000.

Os prisioneiros podían ser golpeados e asasinados polos gardas e polos kapos pola máis lixeira infracción das regras. A historiadora polaca Irena Strzelecka escribiu que os kapos recibiron alcumes que reflectían o seu sadismo: "sanguento", "ferro", "o estrangulador", "o boxeador".[164] En base ós 275 informes de castigo existentes nos arquivos de Auschwitz, Strzelecka lista as infraccións máis comúns: regresar unha segunda vez para comer á hora de comer, quitar o teu propio dende de ouro para mercar pan, irrumpir na porqueira para roubar a comida dos porcos, meter as mans nos petos.[165]

As flaxelacións durante os pases de lista eran comúns. Unha mesa de flaxelación chamada "a cabra" inmobilizaba os pés dos prisioneiros nunha caixa, mentres permanecían estirados ó longo da mesa. Os prisioneiros tiñan que contar os lategazo ("25 mit besten Dank habe ich erhalten"; "25 recibidos con moitas grazas"), e se se trabucaban, a flaxelación comezaba dende o principio.[165] Outro castigo implicaba atar as mans dos prisioneiros ás costas con cadeas unidas a ganchos e despois alzar as cadeas para que os prisioneiros quedasen pendurados polos pulsos. Se os seus ombreiros quedaban danados de máis para traballar, eran enviados á cámara de gas. Os prisioneiros eran sometidos a este castigo por axudar a outro preso que estaba a ser golpeado e por recoller unha cabicha de tabaco.[166] Para extraer información dos prisioneiros, os gardas achegaban as súas cabezas contra unha estufa acesa e mantíñannos alí, queimándolles a cara e os ollos.[167]

Coñecido como bloque 13 até 1941, o bloque 11 de Auschwitz I era unha prisión dentro da prisión, reservada para os presos sospeitosos de realizar actividades de resistencia.[168] A cela 22 do bloque 11 era unha estreita cela para ficar de pé (Stehbunker) e sen ventás. Dividida en catro seccións, cada unha delas medía menos de 1 metro cadrado e retiña a catro prisioneiros, que entraban nela a través dunha trapela preto do chan. Había unha abertura de 5 cm x 5 cm para o aire, cuberta por unha lámina perforada. Strzelecka escribiu que os prisioneiros tiñan que quedar alí varias noites na cela 22; Wiesław Kielar pasou alí catro semanas por romper un cano.[169] Varios dos cuartos do bloque 11 eran considerados o Polizei-Ersatz-Gefängnis Myslowitz en Auschwitz (a póla de Auschwitz da estación de policía de Mysłowice).[170] Tamén había casos chamados Sonderbehandlung ("trato especial") para polacos e outros considerados perigosos para o Terceiro Reich.[171]

Muro da morte

[editar | editar a fonte]
O "muro da morte" coa bandeira do campo, as raias azuis e brancas cun triángulo vermello que simboliza o uniforme dos presos políticos de Auschwitz.

O patio entre os bloques 10 e 11, coñecido como o "muro da morte", serviu como área de execución, mesmo para os polacos na área do Goberno Xeral que foran condenados a morte por un tribunal penal.[171] As primeiras execucións, disparando ós prisioneiros na parte posterior da testa, tiveron lugar no muro da morte o 11 de novembro de 1941, no Día Nacional da Independencia de Polonia. Os 151 acusados foron conducidos ó muro, desnudadas e atados coas mans no lombo. Danuta Czech sinalou que unha "misa católica clandestina" foi celebrada o domingo seguinte no segundo andar do bloque 4 en Auschwitz I, nun estreito espazo entre as liteiras.[172]

Estímase que uns 4 500 prisioneiros políticos polacos foron executados no muro da morte, incluíndo a membros da resistencia no campo. Outros 10 000 polacos foron levados ó campo para seren executados sen ser rexistrados. Arredor de 1 000 prisioneiros de guerra soviéticos foron asasinados por execución, aínda que só é unha estimación. Un informe do goberno polaco no exilio recollía que 11 274 prisioneiros e 6 314 prisioneiros de guerra foran executados.[173] Rudolf Höss escribiu que as "ordes de execución chegaban nunha secuencia ininterrompida".[170] Segundo o oficial das SS Perry Broad, "algúns destes esqueletos andantes pasaron meses nas cheirentas celas, onde nin sequera se manterían os animais, e apenas podían manterse erguidos. E aínda así, nos seus últimos momentos moitos deles berraban 'Longa vida a Polonia', ou 'Viva a liberdade'."[174] Os mortos incluíron o coronel Jan Karcz e o comandante Edward Gött-Getyński, executados o 25 de xaneiro de 1943 xunto con outros 51 sospeitosos de actividades de resistencia. Józef Noji, o corredor polaco de longa distancia, foi executado o 15 de febreiro dese mesmo ano.[175] En outubro de 1944, 200 Sonderkommando foron executados pola súa implicación na revolta dos Sonderkommando.[176]

Campos familiares

[editar | editar a fonte]

Campo familiar xitano

[editar | editar a fonte]

Un campo separado para os xitanos, o Zigeunerfamilienlager ("campo familiar xitano"), foi creado no sector BIIe de Auschwitz II-Birkenau en febreiro de 1943. Por razóns descoñecidas, non foron suxeiro de selección e as familias puideron permanecer unidas. O primeiro transporte de xitanos alemáns chegou o 26 de febreiro dese ano. Antes diso, había un número moi pequeno de prisioneiros xitanos; dous prisioneiros xitanos checos, Ignatz e Frank Denhel, tentaron escapar en decembro de 1942, o último con éxito, e unha muller xitana polaca, Stefania Ciuron, chegou o 12 de febreiro de 1943 e escapou en abril.[177] Josef Mengele, o médico máis infame do Holocausto, traballou no campo familiar xitano dende o 30 de maio de 1943, cando comezou o seu traballo en Auschwitz.[156]

O rexistro de Auschwitz (Hauptbücher) amosa que había 20 946 xitanos rexistrados como prisioneiros,[178] e crese que outros 3 000 entraron no campo sen rexistrarse.[179] O 22 de marzo de 1943, un transporte de 1 700 xitanos e sinti polacos goi gaseado logo da súa chegada por mor das doenzas, ó igual que un segundo grupo de 1 035 persoas o 25 de maio de 1943.[178] As SS tentaron liquidar o campo o 16 de maio de 1944, mais os xitanos loitaron contra eles, armados con coitelos e canos de ferro, e as SS retiráronse. Pouco despois diso, as SS retiraron 2 908 persoas do campo familiar para envialos a traballar, e o 2 de agosto de 1944 gasearon a 2 897 xitanos. Dez mil xitanos permanecen sen contabilizar.[180]

Campo familiar de Theresienstadt

[editar | editar a fonte]
Ruínas do campo.

As SS deportaron arredor de 18 000 xudeus cara a Auschwitz dende o gueto de Theresienstadt en Terezin, Checoslovaquia,[181] comezando o 8 de setembro de 1943 cun transporte de 2 293 homes e 2 713 mulleres.[182] Localizado no sector BIIb como un "campo familiar", tiveron permitido conservar as súas pertenzas, levar as súas roupas e escribir cartas á súa familia; non tiveron que rapar o cabelo e non foron sometidos a selección.[181] A correspondencia entre a oficina de Adolf Eichmann e o Comité Internacional da Cruz Vermella suxire que os alemáns estabeleceron este campo a tempo para unha visita planificada da Cruz Vermella, e para poñer en dúbida a veracidade dos informes sobre Auschwitz e os asasinatos en masa que se producían.[183] As mulleres e as nenas foron colocadas nos barracóns con números impares, e os homes e os nenos nos barracóns pares. Creouse tamén unha enfermaría nos barracóns 30 e 32, e o barracón 31 converteuse nunha escola e gardería de nenos.[181] Porén, as condicións de vida algo mellores deste campo non eran as axeitadas; 1 000 membros do campo familiar morreron nos seguintes seis meses.[184] Dous grupos máis, con 2 491 e 2 473 xudeus, chegaron dende Theresienstadt ó campo familiar o 16 e o 20 de decembro de 1943.[185]

O 8 de marzo de 1944, 3 791 dos prisioneiros (homes, mulleres e nenos) foron enviados á cámara de gas; os homes foron levados primeiro ó crematorio III e as mulleres despois ó crematorio II.[186] Informouse que parte dos membros do grupo ían cantando o Hatikvah e o himno nacional checo polo camiño.[187] Antes de morrer, pedíuselles que escribisen postais ós seus parentes, datadas do 25–27 de marzo. Varios xemelgos foron retidos para experimentos médicos.[188] O goberno checoslovaco no exilio iniciou manobras diplomáticas para salvar os restantes xudeus checos despois de que o seu representante en Berna recibise o informe Vrba-Wetzler, escrito por dous prisioneiros fuxidos, Rudolf Vrba e Alfréd Wetzler, que alertaban de que os últimos prisioneiros do campo familiar serían gaseados cedo.[189] A BBC tamén se deu conta do informe; o seu servizo alemán transmitiu novas dos asasinatos no campo familiar durante o seu programa de mulleres o 16 de xuño de 1944, advertindo: "Tódolos responsables de tales masacres, dende o máis alto ó máis baixo, serán chamados a render contas."[190] A Cruz Vermella visitou Theresienstadt en xuño de 1944 e foron persuadidos polas SS de que ninguén estaba sendo deportado dende alí.[183] O mes seguinte, arredor de 2 000 mulleres do campo familiar foron escollidas para trasladarse a outros campos, e 80 rapaces foron trasladados ó campo dos homes; as restantes 7 000 persoas foron gaseadas entre o 10 e o 12 de xullo.[191]

Proceso de selección e exterminio

[editar | editar a fonte]

Cámaras de gas

[editar | editar a fonte]
Unha reconstrución do crematorio I, Auschwitz I, fotografado en 2014.[192]

Os primeiros gaseamentos en Auschwitz tiveron lugar a comezos de setembro de 1941, cando uns 850 prisioneiros de guerra soviéticos algúns polacos enfermos foron asasinados con Zyklon B no soto do bloque 11 de Auschwitz I. O edificio resultou pouco axeitado, polo que pasaron a realizar os gaseamentos no crematorio I, tamén en Auschwitz I, que estivo operativo dende decembro de 1942. Alí, máis de 700 vítimas podían ser executadas ó mesmo tempo.[193] Ducias de miles de persoas foron asasinadas no crematorio I.[46] Para manter as vítimas tranquilas, decíanlles que se tiñan que someter a un proceso de desinfección; despois eran obrigadas a espirse, logo eran encerrados e gaseados. Despois do seu desmantelamento como cámara de gas, o edificio converteuse nunha instalación de almacenamento e despois serviu como refuxio antiaéreo das SS.[194] A cámara de gas e o crematorio foron reconstruídos despois da guerra. Dwork e van Pelt escribiron que a cheminea foi recreada; catro aberturas no tellado foron instaladas para amosar como se introducía o Zyklon B e dous dos tres fornos foron reconstruídos cos seus compoñentes orixinais.[28]

Xudeus húngaros chegando a Auschwitz II, en maio/xuño de 1944.
Crematorios II e III coas súas chemineas visibles ó fondo, a esquerda e dereita da imaxe.
Mulleres e nenos xudeus de Hungría camiñando cara a cámara de gas en Auschwitz II, en maio/xuño de 1944. A porta da esquerda conduce ó sector BI, a parte máis antiga do campo.[195]

A comezos de 1942, os exterminios masivos foron trasladados a dúas cámaras de gas provisionais (a "casa vermella" e a "casa branca", coñecidos tamén como búnker 1 e 2) en Auschwitz II, ó tempo que os crematorios máis grandes (II, III, IV e V) estaban en construción. O búnker 2 foi temporalmente reactivado dende maio até novembro de 1944, cando un gran número de xudeus húngaros foron gaseados.[196] No verán de 1944, a capacidade combinada dos crematorios e dos pozos de incineración ó aire libre era de 20 000 corpos ó día.[197] O crematorio VI nunca foi construído.[198]

Dende o ano 1942, os xudeus foron transportados a Auschwitz dende todas partes da Europa ocupada por Alemaña a través de trens, chegando en convois diarios.[199] As cámaras de gas traballaron ó máximo da súa capacidade dende maio até xullo de 1944, durante o Holocausto en Hungría.[200] Unha liña de tren que conducía ós crematorios II e III en Auschwitz II foi completada ese mesmo mes de maio, e unha nova rampla foi construída entre os sectores BI e BII para que as vítimas chegasen máis preto das cámaras de gas (véxanse as imaxes da dereita). O 29 de abril, os primeiros 1 800 xudeus de Hungría chegaron ó campo.[201] Dende o 14 de maio até comezos de xullo de 1944, 437 000 xudeus húngaros, a metade da poboación antes da guerra, foron deportados a Auschwitz, cunha media de 12 000 cada día durante un tempo considerable.[122] Os crematorios tiveron que ser revisados. Os crematorios II e III recibiron novos elevadores que conducían dende as estufas ás cámaras de gas, instaláronse novas reixas e pintáronse varios dos vestiarios e cámaras de gas. Escaváronse pozos de incineración detrás do crematorio V.[201] O volume entrante era tan grande que os "Sonderkommando" recorreron á queima de cadáveres en foxas ó aire libre, así como nos crematorios.[202]

Selección

[editar | editar a fonte]

De acordo co historiador polaco Franciszek Piper, dos 1 095 000 xudeus deportados a Auschwitz, arredor de 205 000 foron rexistrados no campo e recibiron un número de serie; 25 000 foron enviados a outros campos e 865 000 foron asasinados nada máis chegar.[203] Incluíndo as vítimas non xudías, un total de 900 000 persoas foron asasinadas sen seren rexistradas.[204]

Durante a "selección" que se facía ó chegaren, aqueles considerados capaces de traballar eran enviados á dereita e admitidos no campo (rexistrados), e o resto eran enviados á esquerda ás cámaras de gas. Os escollidos para morrer incluían case tódolos nenos, mulleres con meniños, anciáns e outros, que logo dunha breve e superficial inspección por un doutor das SS, non eran considerados aptos para o traballo.[205] Practicamente calquera falla (cicatrices, vendaxes, forúnculos e delgadez extrema) podían ser motivo abondo para ser considerado non apto.[206] Facían que os nenos camiñasen cara a un pau sostido a unha certa altura, e aqueles que podían camiñar por baixo del eran seleccionados para a cámara de gas.[207] Os prisioneiros que non eran quen de camiñar ou que chegaban pola noite eran levados ós crematorios en camións; no caso contrario, os acabados de chegar simplemente camiñaban até alí.[208] As súas pertenzas eran confiscadas e clasificadas por outros reclusos nos almacéns "Kanada", unha área do campo no sector BIIg que consistía en 30 barracóns usados para almacenar os bens incautados; o seu nome provén da visión que tiñan os reclusos do Canadá como unha terra de fartura.[209]

Dentro dos crematorios

[editar | editar a fonte]
Entrada do crematorio III, Auschwitz II, 2008.[210]

Os crematorios consistían dun vestiario, dunha cámara de gas e dun forno. Nos crematorios II e III, os vestiarios e a cámara de gas estaban baixo terra; nos IV e V, estaban na planta baixa. Os vestiarios tiñan ganchos numerados na parede para pendurar a roupa. No crematorio II, tamén había unha sala de disección (Sezierraum).[211] Os oficiais das SS dicíanlles ás vítimas que tiñan que ducharse e someterse a unha desinfección. As vítimas espíanse no vestiario e entraban na cámara de gas; os sinais dicían "Bade" (baño) ou "Desinfektionsraum" (cuarto de desinfección). Un ex-preso testemuñou que a lingua dos sinais cambiaba dependendo de quen ía a ser asasinado.[212] A algúns dos reclusos dábaselles xabón e unha toalla.[213] Unha cámara de gas podía albergar máis de 2 000 persoas; un antigo prisioneiro declarou que a capacidade roldaba as 3 000 persoas.[214]

O Zyklon B era introducido no crematorio pola oficina especial das SS, coñecida como o Instituto da Hixiene.[215] Logo de que as portas fosen pechadas, homes das SS botaban os gránulos de Zyklon B a través de reixas de ventilación no teito ou polos buratos no costado da cámara. As vítimas estaban mortas ó cabo de 10 minutos; Rudolf Höss testificou que podían ser precisos até 20 minutos.[216] Leib Langfus, un membro dos Sonderkommando, enterrou o seu diario (escrito en yiddish) preto do crematorio III de Auschwitz II. Foi atopado en 1952, asinado por "A.Y.R.A":[217]

Podería ser difícil chegar a imaxinar que tanta xente collese nun [cuarto] tan pequeno. A calquera que non quixese entrar disparábanlle [...] ou era esnaquizado polos cans. Terían asfixiado pola falta de aire ó cabo de varias horas. Despois, tódalas portas eran pechadas hermeticamente e guindábase o gas por un pequeno burato no teito. Non había nada máis que a xente de dentro puidese facer. E entón só berraban con voces amargas e lamentables. Outros queixábanse con voces cheas de desesperación, e outros aínda saloucaban espasmodicamente e lanzaban un pranto terrible e desgarrador. ... Namentres, as súas voces facíanse máis e máis débiles ... Por mor do grande amoreamento, as persoas caían unhas enriba das outras mentres morrían, até que se formaba unha pila consistente en cinco ou seis capas, chegando a unha altura dun metro. As nais quedaban inmóbiles nunha posición sentada no chan abrazando os seus fillos cos brazos, e os maridos e as esposas morrían abrazándose entre eles. Algunhas das persoas formaban unha masa sen forma. Outros quedaban nunha posición inclinada, mentres que as súas partes superiores, dende o estómago cara a arriba, estaban nunha posición acostada. Algunhas das persoas volvéranse completamente azuis baixo a influencia do gas, mentres que outras se vían completamente frescas, como se estivesen durmidas.[218]

Uso dos corpos

[editar | editar a fonte]
Unha das fotografías dos Sonderkommando: mulleres camiñando até as cámaras de gas en Auschwitz II, agosto de 1944.

Os Sonderkommando eran os encargados de sacar os corpos da cámara levando máscaras de gas. Recollían os lentes e as próteses artificiais e rapaban o cabelo das mulleres;[216] o cabelo das mulleres era rapado antes de entrar nas cámaras de gas en Bełżec, Sobibór e Treblinka, mais en Auschwitz facíase despois de mortas.[219] O 6 de febreiro de 1943, o Ministerio de Economía do Reich recibiu 3 000 kg de cabelo de muller dende Auschwitz e Majdanek.[219] O cabelo era limpado cunha solución de sal amoniacal, secado no chan de ladrillos do crematorio, peiteado e colocado en bolsas de papel.[220] O cabelo era enviado a varias compañías, incluíndo unha planta manufactureira en Bremen-Bluementhal, onde os traballadores atoparon pequenas moedas con letras gregas nalgunhas das trenzas, posiblemente dalgúns dos 50 000 xudeus gregos deportados a Auschwitz en 1943.[221] Cando o campo foi liberado en xaneiro de 1945, o Exército Vermello atopou 7 000 kg de cabelo humano en bolsas listas para ser enviadas.[220]

Xusto antes da cremación, quitábanlles as xoias, xunto con implantes dentais e dentes con metais preciosos.[222] O ouro foi extraído das dentaduras dos prisioneiros mortos dende o 23 de setembro de 1940 por orde de Heinrich Himmler.[223] O traballo era levado a cabo por membros do Sonderkommando que eran dentistas; calquera que pasase por alto os implantes dentais podía ser incinerado vivo como castigo.[222] O ouro era enviado ó Servizo de Saúde das SS e era usado polos dentistas para tratar a membros das SS e as súas familias; 50 kg foran recollidos até o 8 de outubro de 1942.[223] A comezos de 1944, entre 10 e 12 kg de ouro eran extraídos cada mes das dentaduras das vítimas.[224]

Os corpos eran queimados nos incineradores, e as súas cinzas eran enterradas, botadas ó río Vístula ou usadas como fertilizante. Calquera anaco de óso que non fose queimado correctamente era moído con morteiros de madeira.[225]

Número de vítimas

[editar | editar a fonte]
Presos acabados de chegar, Auschwitz II-Birkenau, maio/xuño de 1944.

Cando menos 1,3 millóns de persoas foron enviadas a Auschwitz entre 1940 e 1945, e cando menos 1,1 millóns morreron.[5] Un total de 400 207 prisioneiros foron rexistrados no campo: 268 657 homes e 131 560 mulleres.[143] Un estudo de finais da década de 1980 do historiador polaco Franciszek Piper, publicado por Yad Vashem en 1991,[226] empregou os horarios de chegadas de trens combinados con rexistros de deportación para calcular a cifra de 1,3 millóns de enviados ó campo, dos cales 1 082 000 morreron alí, unha cifra (redondeada a 1,1 millóns) que Piper considera como a mínima.[5] Esta cifra chegou a ser amplamente aceptada.[h]

Os alemáns tentaron agochar o número real de mortos. En xullo de 1942, segundo as memorias de posguerra de Rudolf Höss, Höss recibiu unha orde de Heinrich Himmler, a través da oficina de Adolf Eichmann e do comandante das SS Paul Blobel, que dicía que "abriranse tódalas foxas comúns e queimaranse os cadáveres. Ademais, as cinzas deben eliminarse de tal maneira que sexa imposible nalgún momento futuro calcular a cantidade de cadáveres queimados."[230]

As primeiras estimacións do número total de mortos superaban as cifras de Piper. Despois da liberación do campo, o goberno soviético emitiu un comunicado o 8 de maio de 1945, segundo o cal catro millóns de persoas foran asasinadas no lugar, unha cifra baseada na capacidade dos crematorios.[231] Höss declarou perante os fiscais de Nuremberg que polo menos 2 500 000 persoas foron gaseadas alí, e que outras 500 000 morreron de fame e polas doenzas.[232] Testemuñou que a cifra de máis de dous millóns proviña de Eichmann.[233] Nas súas memorias, escritas baixo custodia, Höss explicou que Eichmann lle dera a cifra de 2,5 millóns ó oficial superior de Höss, Richard Glücks, en base a rexistros que foron destruídos.[234] Höss considerou esta cifra como "demasiado elevada. Mesmo Auschwitz tiña límites nas súas posibilidades destrutivas", escribiu.[235]

Nacionalidade/etnicidade
(Fonte: Franciszek Piper)[4]
Mortos rexistrados
(Auschwitz)
Mortos non rexistrados
(Auschwitz)
Total
Xudeus 95 000 865 000 960 000
Polacos 64 000 10 000 74 000 (70 000–75 000)
Xitanos e sinti 19 000 2 000 21 000
Prisioneiros soviéticos de guerra 12 000 3 000 15 000
Outros europeos:
Cidadáns soviéticos (belarusos, rusos, ucraínos),
checos, iugoslavos, franceses, alemáns, austríacos
10 000–15 000 n/a 10 000–15 000
Total de mortos de Auschwitz, 1940–1945 200 000–205 000 880 000 1 080 000–1 085 000

Aproximadamente un de cada seis xudeus asasinados no Holocausto morreron en Auschwitz.[236] Por países, o maior número de vítimas xudías que morreron en Auschwitz proviña de Hungría, con 430 000 mortos, seguida por Polonia (300 000), Francia (69 000), os Países Baixos (60 000), Grecia (55 000), o Protectorado de Bohemia e Moravia (46 000), Eslovaquia (27 000), Bélxica (25 000), Alemaña e Austria (23 000), Iugoslavia (10 000), Italia (7 500), Noruega (690) e outros (34 000).[237] Timothy Snyder escribiu que menos do un por cento do millón de xudeus soviéticos que morreron durante o Holocausto foron asasinados en Auschwitz.[238] Dos 387 testemuñas de Xehová que foron encerrados en Auschwitz, 132 morreron no campo.[239]

Resistancia, fuxidas e liberación

[editar | editar a fonte]

Resistencia no campo, fluxo de información

[editar | editar a fonte]

A información sobre Auschwitz estivo ó acceso dos Aliados grazas ós informes do capitán Witold Pilecki do Armia Krajowa polaco[242] quen, baixo a identidade de "Thomasz Serfiński" (número de serie 4859),[243] deixouse arrestar en Varsovia para ser levado a Auschwitz.[242] Estivo prisioneiros alí dende o 22 de setembro de 1940[244] até a súa fuxida o 27 de abril de 1943.[243] Michael Fleming escribiu que Pilecki recibiu instrucións para manter a moral, organizar a comida, a roupa e a resistencia, prepararse para facerse cargo do campo se era posible e pasar información de contrabando ó exército polaco.[242] Pilecki chamou ó seu movemento de resistencia Związek Organizacji Wojskowej (ZOW, "Unión de organización militar").[244]

O capitán Witold Pilecki.

A resistancia enviou a primeira mensaxe oral sobre Auschwitz con Aleksander Wielkopolski, un enxeñeiro polaco que foi liberado en outubro de 1940.[245] O mes seguinte, a resistencia polaca en Varsovia preparou un informe sobre a base desa información, The camp in Auschwitz, parte do cal foi publicado en Londres en maio de 1941 nun folleto, The German Occupation of Poland, creado polo Ministerio Polaco de Asuntos Externos. O informe dicía dos xudeus no campo que "apenas ningún deles saíu con vida". De acordo con Fleming, o folleto foi "circulado amplamante entre os oficiais británicos". O Polish Fortnightly Review baseou unha historia niso, escribindo que "tres fornos crematorios non eran abondos para facer fronte ós corpos que debían ser cremados", ó igual que The Scotsman o 8 de xaneiro de 1942, a única organización de noticias británica en facelo.[246]

O 24 de decembro de 1941, os grupos de resistencia das diversas faccións de prisioneiros reuníronse no bloque 45 e acordaron cooperar entre eles. Fleming escribiu que non foi posible rastrexar as accións de intelixencia inciais de Pilecki no campo. Pilecki recompilou dous informes despois da súa fuxida en abril de 1943; o segundo, o informe W, detallaba a súa vida en Auschwitz I e estimaba que 1,5 millóns de persoas, a maioría xudeus, foran asasinados.[247] O 1 de xullo de 1942, o Polish Fortnightly Review publicou un informe describindo Birkenau, escribindo que os "prisoneiros chamaban a este campo suplementario 'Paradisal', presumiblemente porque só hai un camiño que conduce ó Paraíso". Reportou que os prisioneiros eran asasinados "a través de traballo excesivo, tortura e medios médicos", e tamén observou o gaseamento dos prisioneiros de guerra soviéticos e os reclusos polacos en Auschwitz I en setembro de 1941, o primeiro do campo. Dixo: "Estímase que o campo de Oświęcim pode albergar quince mil prisioneiros, pero a medida que morren a grande escala sempre hai espazo para os acabados de chegar."[248][249][250]

A insignia dos prisioneiros políticos polacos non xudeus.

O Goberno polaco no exilio en Londres informou do gaseamento de prisioneiros en Auschwitz o 21 de xullo de 1942,[251] e do gaseamento de soviéticos e xudeus o 4 de setembro de 1942.[252] En 1943, oKampfgruppe Auschwitz (grupo de combate de Auschwitz) foi organizado dentro do campo co obxectivo de enviar información sobre o que estaba ocorrendo.[253] O Sonderkommando enterrou notas no chan, agardando que algún día serían descubertas polos liberadores do campo.[254] O grupo tamén tirou e difundiu fotografías; as fotografías dos Sonderkommando, dos eventos arredor das cámaras de gas en Auschwitz II, foron sacados de contrabando do campo en setembro de 1944 nun tubo de pasta de dentes.[255]

Segundo Fleming, a prensa británica reaccinou, en 1943 e a primeira metade de 1944, ou non publicando os informes sobre Auschwitz ou enterrándoas nas páxinas interiores. A excepción foi o Polish Jewish Observer, un suplemento de City and East London Observer editado por Joel Cang, un antigo correspondente en Varsovia para o Manchester Guardian. As resistencias dos británicos xurdiron pola preocupación do Ministerio de Relacións Exteriores de que a opinión pública forzase ó goberno a brindar refuxio ós xudeus, así como que as accións británicas en nome dos xudeus puidesen afectar ás súas relacións en Oriente Medio. Houbo reticencias semellantes nos Estados Unidos, así como dentro do goberno polaco no exilio e da resistencia. Segundo Fleming, os estudosos suxiren que a resistencia polaca distribuíu información sobre o Holocausto en Auschwitz mais non desafiou ós Aliados darlle a importancia precisa.[256]

Fuxidas e Protocolos de Auschwitz

[editar | editar a fonte]
Telegrama do 8 de abril de 1944 de KL Auschwitz informando da escapada de Rudolf Vrba e Alfréd Wetzler.

Dende a primeira fuxida o 6 de xullo de 1940 de Tadeusz Wiejowski, cando menos 802 prisioneiros (757 homes e 45 mulleres) tentaron escapar do campo, segundo o historiador polaco Henryk Świebocki.[257][i] Escribiu que a maioría das fuxidas foron tentativas dende os sitios de traballo fóra do valado perimetral do campo.[259] Das 802 fuxidas, 144 tiveron éxito, 327 foron capturados, e o destino de 331 é descoñecido.[258]

Catro prisioneiros polacos, Eugeniusz Bendera (número de serie 8502), Kazimierz Piechowski (número 918), Stanisław Gustaw Jaster (número 6438) e Józef Lempart (número 3419), escaparon con éxito o 20 de xuño de 1942. Despois de entrar nun almacén, tres deles vestiron con roupa de oficiais das SS, roubaron rifles e levaron un coche persoal das SS, o cal conduciron fóra do campo cun cuarto prisioneiro esposado. Posteriormente escribiron a Rudolf Höss pola perda do vehículo.[260] O 21 de xullo de 1944, o recluso polaco Jerzy Bielecki vestiu cun uniforme das SS e, usando un pase falso, conseguiu pasar pola porta do campo coa súa moza xudía, Cyla Cybulska, pretendendo que a estaba acompañando para facer un interrogatorio. Ámbolos dous sobreviviron á guerra. Por tela salvado, Bielecki foi recoñecido por Yad Vashem como un dos Xustos entre as Nacións.[261][262]

Jerzy Tabeau (número 27273, rexistrado como Jerzy Wesołowski) e Roman Cieliczko (número 27089), ámbolos dous prisioneiros polacos, escaparon o 19 de novembro de 1943; Tabeau fixo contacto coa resistencia polaca e, entre decembro de 1943 e comezos de 1944, escribiu o que sería coñecido como o informe do comandante polaco sobre a situación do campo.[263] O 27 de abril de 1944, Rudolf Vrba (número 44070) e Alfréd Wetzler (número 29162) escaparon a Eslovaquia levando información detallada para o Ústredňa Židov (o consello xudeu de Eslovaquia) sobre as cámaras de gas. A distribución do informe Vrba-Wetzler, e a publicación de partes del en xuño de 1944, axudou a deter a deportación de xudeus húngaros a Auschwitz. O 27 de maio de 1944, Arnost Rosin (número 29858) e Czesław Mordowicz (número 84216) tamén escaparon a Eslovaquia; o informe Rosin-Mordowicz foi engadido ó de Vrba-Wetzler e Tabeau para converterse nos coñecidos como Protocolos de Auschwitz.[264] Os informe foron publicados integramente por vez primeira en novembro de 1944 polo War Refugee Board dos Estados Unidos, nun só documento titulado The Extermination Camps of Auschwitz (Oświęcim) and Birkenau in Upper Silesia.[265]

Proposta de bombardeo

[editar | editar a fonte]
Vista aérea de Auschwitz II-Birkenau tomada pola RAF o 23 de agosto de 1944.

En xaneiro de 1941, o comandante en xefe do exército polaco e o primeiro ministro no exilio, Władysław Sikorski, organizaron o envío dun informe para o Air Marshal Richard Pierse, xefe do Comando de Bombardeo da Royal Air Force.[266] Escrito por prisioneiros de Auschwitz por volta de decembro de 1940, o informe describía as atroces condicións de vida do campo e pedía ó goberno polaco no exilio que o bombardease:

Os prisioneiros imploran ó Goberno Polaco que bombardeen o campo. A destrución do arame de púas electrificado, o pánico e a escuridade prevalecendo e a posibilidade de escapar sería xenial. A poboación local agocharaos e axudaralles a abandonar a veciñanza. Os prisioneiros agardan con confianza o día no que os avións polacos de Gran Bretaña lles permitan escapar. Esta é a demanda unánime dos prisioneiros ó goberno polaco en Londres.[267]

Pierse respondeu que non era tecnicamente factible o bombardeo do campo sen danar os prisioneiros.[266] En maio de 1944, o rabino eslovaco Michael Dov Weissmandl suxeriu que os Aliados bombardeasen os raís que conducían ó campo.[268] O historiador David Wyman publicou un ensaio en Commentary en 1978 titulado "Why Auschwitz Was Never Bombed", argumentando que as Forzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos de América podían e debían ter atacado Auschwitz. No seu libro The Abandonment of the Jews: America and the Holocaust 1941–1945 (1984), Wyman argumenta que, mentres que a planta IG Farben de Auschwitz III foi bombardeada tres veces entre agosto e decembro de 1944 pola Décimo Quinta Forza Aérea dos Estados Unidos desplegada en Italia, tería sido posible bombardear tamén os outros campos ou liñas ferroviarias. A obra Britain and the Jews of Europe (1979) de Bernard Wasserstein e Auschwitz and the Allies (1981) de Martin Gilbert propuxeron preguntas semellantes sobre a inacción británica.[269] Dende a década de 1990, outros historiadores argumentaron que a precisión dos bombardeiros dos Aliados non era suficiente para a proposta de ataque de Wyman, e que a historia contrafactual é un esforzo inherentemente problemático.[270]

Revolta dos Sonderkommando

[editar | editar a fonte]
O membro dos Sonderkommando Zalmen Gradowski, fotografado coa súa muller, Sonia, enterrou o seu diario preto do crematorio III. Sonia Gradowski foi gaseada o 8 de decembro de 1942.[271]

Os Sonderkommando que traballaban nos crematorios eran testemuñas dos asasinatos masivos e por iso eran asasinados de xeito regular.[272] O 7 de outubro de 1944, tras o anuncio de que 300 deles serían enviados a unha vila achegada para limpar cascallos (as "transferencias" eran unha estrataxema común para o asasinato de prisioneiros) o grupo, composto na súa maioría de xudeus de Grecia e Hungría, organizaron un levantamento.[273] Atacaron ás SS con pedras e martelos, matando tres deles, e prendéronlle lume ó crematorio IV con farrapos enchoupados de aceite que tiñan agochados.[274] Escoitando a conmoción, os Sonderkommando do crematorio II creron que o levantamento do campo comezara e botaron ó seu Oberkapo nun forno. Logo de escapar por un dos valados, usando cortadores de arame, conseguiron chegar até Rajsko, onde se agocharon no celeiro dun campo satelital de Auschwitz, mais as SS perseguíronos e matáronos prendéndolle lume ó celeiro.[275]

Na época da represión da revolta do crematorio IV, 212 membros dos Sonderkommando aínda estaban vivos e 451 foron asasinados.[276] Entre os mortos estaban Zalmen Gradowski, que tiña notas da súa estadía en Auschwitz e que as enterrou preto do crematorio III; despois da guerra, outro membro dos Sonderkommando amosoulle ós fiscais onde debían cavar para atopalas.[277] As notas foron publicadas en diferentes formatos, incluíndo unha publicación de 2017 titulada From the Heart of Hell.[278]

Evacuación e marchas da morte

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Marchas da morte (Holocausto).
Ruínas do crematorio IV, Auschwitz II, explotado durante a revolta.

O derradeiro transporte masivo en chegar a Auschwitz foi de 60 000–70 000 xudeus do gueto de Łódź, uns 2 000 de Theresienstadt e 8 000 de Eslovaquia.[279] A última selección tivo lugar o 30 de outubro de 1944.[197] O 1 ou o 2 de novembro de 1944, Heinrich Himmler ordenou ás SS que parasen os asasinatos en masa con gas;[280] e o 25 de novembro ordenou que as cámaras de gas e os crematorios de Auschwitz fosen destruídos. Os Sonderkommando e outros prisioneiros comezaron a traballar desmantelando os edificios e limpando o lugar.[281] O 18 de xaneiro de 1945, Engelbert Marketsch, un criminal alemán transferido dende Mauthausen, converteuse no derradeiro prisioneiro en ter asignado un número de serie en Auschwitz, o número 202499.[282]

De acordo co historiador polaco Andrzej Strzelecki, a evacuación do campo foi un dos seus "máis tráxicos capítulos".[283] Himmler ordenou a evacuación de tódolos campos en xaneiro de 1945, dicíndolle ós comandantes: "O Führer responsabilízavos persoalmente de ... asegurarvos que ningún prisioneiro dos campos de concentración caia vivo en mans do inimigo."[284] Os bens saqueados do barracón "Kanada", xunto cos materiais de construción, foron transportados ó interior de Alemaña. Entre o 1 de decembro de 1944 e o 15 de xaneiro de 1945, máis dun millón de pezas de roupa foron empacadas para envialas fóra de Auschwitz; 95 000 deses paquetes foron enviados a campos de concentración en Alemaña.[285]

Dende o 17 de xaneiro de 1945, uns 58 000 prisioneiros de Auschwitz (dous terzos deles xudeus; 20 000 de Auschwitz I e II e 30 000 dos subcampos) foron evacuados baixo vixilancia, ó principio a pé en dirección oeste, e despois en trens de carga con teito aberto, até os campos de concentración de Alemaña e Austria: Bergen-Belsen, Buchenwald, Dachau, Flossenbürg, Gross-Rosen, Mauthausen, Dora-Mittelbau, Ravensbrück e Sachsenhausen.[286] Menos de 9 000 prisioneiros permaneceron no campo, considerados demasiado enfermos para moverse.[287] Durante as marchas, as SS disparaban e asasinaban a calquera que non fose quen de continuar; había executadores seguindo a marcha que asasinaban a calquera que quedase atrás.[283] Peter Longerich estimou que un cuarto dos prisioneiros foi asasinado desta maneira.[288][289] En decembro de 1944, uns 15 000 prisioneiros xudeus que chegaran dende Auschwitz a Bergen-Belsen, foron liberados polos británicos o 15 de abril de 1945.[290]

O 20 de xaneiro, os crematorios II e III foron estoupados, e o 23 de xaneiro, os almacéns "Kanada" foron queimados; aparentemente arderon durante cinco días. O crematorio IV fora parcialmente derrubado logo da revolta dos Sonderkommando no pasado outubro, e o resto del foi destruído despois. O 26 de xaneiro, un día antes da chegada do Exército Vermello, o crematorio V voou polos aires.[291]

Liberación

[editar | editar a fonte]
Nenos sobreviventes do campo, liberado polo Exército Vermello en xaneiro de 1945.
Lentes das vítimas, 1945.

O primeiro campo do complexo en ser liberado foi Auschwitz III, o campo de IG Farben en Monowitz; un soldado da 100ª División de Infantaría do Exército Vermello entrou no campo arredor das 9 da maña do sábado 27 de xaneiro de 1945.[292] O 60º exército da Primeira Fronte Ucraína (tamén parte do Exército Vermello) chegou a Auschwitz I e II arredor das 3 da tarde. Atoparon 7 000 prisioneiros vivos nos tres campos principais, 500 nos subcampos, e máis de 600 corpos.[293] Os obxectos que atoparon incluían 837 000 pezas de roupa de muller, 370 000 abrigos de home, 44 000 pares de zapatos,[294] e 7 000 kg de cabelo humano, que a comisión de crimes de guerra soviética estimou que pertencía a 140 000 persoas.[220] Algúns dos cabelos foron examinados polo Instituto de Ciencia Forense de Cracovia, onde atoparon trazas de cianuro de hidróxeno, o ingrediente principal do Zyklon B.[295] Primo Levi describiu a súa visión dos primeiros catro soldados achegándose a cabalo a Auschwitz III, no que outrora fora a enfermaría. Lanzaron "miradas estrañamente avergoñadas ós corpos espallados, ás cabanas maltreitas e ós poucos que aínda vivíamos ...":[296]

Non nos saudaron nin sorriron; parecían oprimidos non só pola compaixón senón tamén por unha confusa restrición, que selaba os seus beizos e unía os seus ollos á escena fúnebre. Era esa vergoña que coñeciamos tan ben, a vergoña que nos afogaba despois das seleccións, e cada vez que tiñamos que mirar, ou someternos, a algunha ultraxe: a vergoña que os alemáns non coñecen, a que o home xusto experimenta polo crime doutro; o sentimento de culpa de que tal crime existise, que fose introducido irrevocablemente no mundo das cousas que existen, e que a súa vontade para facer o ben houbese sido demasiado débil ou nula, e que non lles servise como defensa.[297]

Georgii Elisavetskii, un soldado soviético que entrou nun dos barracóns, declarou en 1980 que podía oír a outros soldados dicíndolles ós prisioneiros: "Sodes libres, camaradas!" Mais eles non respondían, polo que provaron a dicirllo en ruso, polaco, alemán e ucraíno. Despois usaron algo de yiddish: "Eles crían que os estaba a provocar. Comezaron a agocharse. E só cando lles dixen: 'Non temades, son un coronel do Exército Soviético e son xudeu. Viñemos para vos liberar' ... Finalmente, como se unha barreira colapsase ... correron cara a nós berrando, axeonlláronse, bicaron as solapas dos nosos abrigos e rodeáronnos as pernas cos brazos".[294]

O servizo médico do exército soviético e a Cruz Vermella Polaca (PCK) estabeleceron hospitais de campaña para atender os 4 500 prisioneiros que sufrían os efectos da inanición (moitos deles con diarrea) e da tuberculose. Voluntarios locais axudaron até que o equipo da Cruz Vermella chegou dende Cracovia a comezos de febreiro.[298] En Auschwitz II, as capas de excrementos dos chans dos barracóns tiveron que ser raspadas con pas. A auga era obtida a partir da neve e dos pozos contra incendios. Antes de que chegase máis axuda, 2 200 pacientes eran atendidos por só uns poucos doutores e 12 enfermeiras. Tódolos pacientes foron posteriormente trasladados a un edificio de ladrillo en Auschwitz I, onde varios bloques foron convertidos nun hospital, con persoal médico traballando en quendas de 18 horas.[299]

A liberación de Auschwitz recibiu pouca atención na prensa da época; o Exército Vermello estaba centrado no seu avance cara a Alemaña e a liberación do campo non estaba considerado como un dos seus obxectivos importantes. Boris Polevoi informou sobre a liberación en Pravda o 2 de febreiro de 1945 mais non fixo mención ós xudeus;[300] os prisioneiros foron descritos colectivamente como "vítimas do fascismo".[301] Non foi até que os Aliados occidentais chegaron ós campos de Buchenwald, Bergen-Belsen e Dachau en abril de 1945 que a liberación dos campos recibiu unha cobertura extensiva.[302]

Despois da guerra

[editar | editar a fonte]

Xuízos ós criminais de guerra

[editar | editar a fonte]
Forca en Auschwitz I onde Rudolf Höss foi executado o 16 de abril de 1947.

Só 789 membros do persoal de Auschwitz, arredor do 15%, foron algunha vez xulgados;[6] a maioría dos casos foron perseguidos en Polonia e na República Federal Alemá.[303] De acordo con Aleksander Lasik, as oficiais femininas das SS foron tratadas máis duramente que os homes; das 17 mulleres sentenciadas, catro recibiron a pena de morte e penas de prisión máis longas cás dos homes. Lasik escribiu que isto puido deberse a que só había 200 mulleres supervisoras e, polo tanto, eran máis visibles e memorables para os reclusos.[304]

O comandante do campo Rudolf Höss foi arrestado polos británicos o 11 de marzo de 1946 preto de Flensburgo, no norte de Alemaña, onde estivera traballando como granxeiro baixo o nome de Franz Lang. Foi encarcerado en Heide, logo transferido a Minden para o seu interrogatorio, na zona de ocupación británica. Dende alí foi trasladado a Nürnberg para testemuñar na defensa do xuízo do SS-Obergruppenführer Ernst Kaltenbrunner. Höss foi franco co seu papel nos asasinatos en masa e dixo que el seguiu as ordes de Heinrich Himmler.[305][j] Extraditado a Polonia o 25 de maio de 1946,[306] escribiu as súas memorias baixo custodia, publicadas en polaco en 1951 e en alemán en 1958 co título Kommandant in Auschwitz.[307] O seu xuízo perante o Tribunal Nacional Supermo en Varsovia comezou o 11 de marzo de 1947; foi sentenciado a morte o 2 de abril e foi aforcado en Auschwitz I o 16 de abril, preto do crematorio I.[308]

O 25 de novembro de 1947, comezaron os xuízos de Auschwitz en Cracovia, onde o Tribunal Nacional Supremo de Polonia chamou á corte a 40 antigos membros do persoal de Auschwitz, incluíndo o comandante Arthur Liebehenschel, a líder do campo das mulleres Maria Mandel, e o líder do campo Hans Aumeier. Os xuízos remataron o 22 de decembro de 1947, con 23 sentenzas de morte, sete cadeas perpetuas, e nove sentenzas de prisión de entre 3 a 15 anos. Hans Münch, un doutor das SS, contou con varios prisioneiros que testemuñaron ó seu favor, sendo a única persoa en ser absolta.[309]

Outros membros do persoal foron aforcados por crimes de guerra nos xuízos de Dachau e nos de Belsen, incluíndo os líderes de campo Josef Kramer, Franz Hössler e Vinzenz Schöttl, o doutor Friedrich Entress e as gardas Irma Grese e Elisabeth Volkenrath.[310] Bruno Tesch e Karl Weinbacher, o dono e o xefe executivo de Tesch & Stabenow, un dos provedores de Zyklon B, foron arrestados polos británicos despois da guerra e foron executados por subministrar a sabendas que o químico era para usar en seres humanos.[311] Os xuízos de Frankfurt Auschwitz, celebrados en Alemaña Occidental dende o 20 de decembro de 1963 até o 20 de agosto de 1965, xulgaron a 22 acusados, incluídos dous dentistas, un médico, dous axudantes de campo e o farmacéutico do campo. A acusación de 700 páxinas, que presenta o testemuño de 254 persoas, foi acompañada por un informe de 300 páxinas sobre o campo, Nationalsozialistische Konzentrationslager, escrito por historiadores do Institut für Zeitgeschichte en Alemaña como Martin Broszat e Helmut Krausnick. O informe converteuse na base do seu libro, Anatomy of the SS State (1968), o primeiro estudo exhaustivo do campo e das SS. O tribunal condenou a 19 dos acusados, ditando seis cadeas perpetuas e penas de entre tres a dez anos para os demais.[312]

Barracóns en Auschwitz II.
Porta de Auschwitz II en 1959.

Nas décadas seguintes despois da liberación, Auschwitz converteuse nun dos principais símbolos do Holocausto. O historiador Timothy D. Snyder atribúe isto ó elevado número de mortos e á "infrecuente combinación dun complexo de campos industriais cunha instalación de exterminio", que deixou máis testemuñas que as instalacións de asasinato dun só propósito, como Chełmno ou Treblinka.[313] En 2005, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas designou o 27 de xaneiro, a data da liberación do campo, como o Día Internacional de Conmemoración en Lembranza das Vítimas do Holocausto.[314] Helmut Schmidt visitou o lugar en novembro de 1977, sendo o primeiro chanceler de Alemaña Occidental en facelo, seguido polo seu sucesor, Helmut Kohl, en novembro de 1989.[315] Nun comunicado sobre o 50 aniversario da liberación, Kohl declarou que "o máis escuro e horrible capítulo da historia de Alemaña foi escrito en Auschwitz."[316] En xaneiro de 2020, os líderes mundiais reuníronse en Yad Vashem en Xerusalén para conmemorar o 75 aniversario da liberación.[317] Foi a reunión política máis grande da historia da cidade, con máis de 45 xefes de estado e líderes mundiais, incluída a realeza.[318] En Auschwitz, Reuven Rivlin e Andrzej Duda, os presidentes de Israel e Polonia, colocaron coroas de flores.[319]

Entre as memorias máis salientables sobre o campo están as escritas por Primo Levi, Elie Wiesel e Tadeusz Borowski.[236] A obra Se isto é un home de Levi, publicada orixinalmente en Italia no ano 1947 baixo o título Se questo è un uomo, converteuse nun clásico da literatura do Holocausto, unha "obra mestra imperecedoira".[320][k] Wiesel escribiu sobre o encarceramento en Auschwitz en Un di Velt Hot Geshvign (1960) e outras obras, e converteuse nun destacado voceiro contra a violencia étnica; en 1986, foi galardoado co Premio Nobel da Paz.[322] A sobrevivente do campo Simone Veil foi elixida Presidenta do Parlamento Europeo, exercendo dende 1979 até 1982.[323] Dúas vítimas de Auschwitz, Maximilian Kolbe, un sacerdote que se ofreceu voluntariamente a morrer de fame no canto dun estraño, e Edith Stein, unha xudía que se converteu ó catolicismo, foron nomeados santos pola Igrexa católica.[324]

En 2017, unha enquisa da Fundación Körber revelou que o 40% dos rapaces alemáns de 14 anos non sabían que era Auschwitz.[325][326] O ano seguinte, unha enquisa organizada pola Claims Conference, o Museo Memorial do Holocausto dos Estados Unidos de América e outros revelou que o 41% dos 1 350 estadounidenses adultos preguntados, e un 66% dos milenials, non sabían o que era Auschwitz, mentres que o 22% dixo que nunca oíran falar do Holocausto.[327] Unha enquisa de 2018realizada por CNN-ComRes revelou unha situación semellante en Europa.[328]

Museo estatal Auschwitz-Birkenau

[editar | editar a fonte]
Czesława Kwoka, fotografada en Auschwitz por Wilhelm Brasse.
Exhibición do museo en 2016.

O 2 de xullo de 1947, o goberno polaco aprobou unha lei estabelecendo un monumento estatal para lembrar "o martirio da nación polaca e doutras nacións en Oswiecim".[329] O museo estabeleceu exhibicións en Auschwitz I; despois da guerra, os barracóns de Auschwitz II-Birkenau foran desmantelados e trasladados a Varsovia para o seu uso en obras de construción. Dwork e van Pelt escribiron que, ademais, Auschwitz I xogou un papel máis importante na persecución dos polacos, en oposición á importancia de Auschwitz II para os xudeus, incluíndo os polacos xudeus.[330] Unha exhibición foi inaugurada en Auschwitz I no ano 1955, amosando fotografías dos prisioneiros; o cabelo, as maletas e os zapatos incautados ós prisioneiros asasinados; botes con boliñas de Zyklon B e outros obxectos relacionados cos asasinatos.[331] A UNESCO engadiu o campo á súa lista de Patrimonio da Humanidade en 1979.[332] Tódolos directores do museo foron, até o ano 1990, antigos prisioneiros de Auschwitz. Os visitantes do lugar pasaron de 492 500 en 2001, a máis dun millón en 2009,[333] e a máis de dous millóns en 2016.[334]

Houbo disputas prolongadas sobre a cristianización percibida no sitio. O papa Xoán Paulo II celebrou unha misa sobre as vías do tren que levaba a Auschwitz II-Birkenau o 7 de xuño de 1979[335] e chamou ó campo "o Gólgota da nosa época", referíndose á crucifixión de Xesús.[336] A controversia foi aínda maior cando unhas monxas carmelitas fundaron un convento en 1984 nun antigo teatro fóra do perímetro do campo, preto do bloque 11 de Auschwitz I,[337] despois do cal un sacerdote local e algúns sobreviventes erixiron unha gran cruz, unha das empregadas durante a misa do papa, detrás do bloque 11 para conmemorar os 152 polacos asasinados polos alemás en 1941.[338][339] Despois dunha longa disputa, o papa Xoán Paulo II interveu e as monxas trasladaron o convento a outro lugar en 1993.[340] A cruz permaneceu no sitio, desencadeando a "guerra das cruces", xa que máis cruces foron erixidas para conmemorar as vítimas cristiás, malia as obxeccións internacionais. Posteriormente, o goberno polaco e a Igrexa católica acordaron eliminar todas as cruces agás a orixinal.[341]

O 4 de setembro de 2003, malia as protestas do museo, tres avións F-15 Eagle da Forza Aérea Israelí realizou un voo sobre Auschwitz II-Birkenau durante unha cerimonia que se estaba a celebrar no campo. Os tres pilotos eran descendentes de sobreviventes do Holocausto, incluíndo o home que liderou o voo, o comandante-xeneral Amir Eshel.[342] O 27 de xaneiro de 2015, uns 300 sobreviventes de Auschwitz reuníronse con líderes mundiais baixo unha carpa xigante na entrada de Auschwitz II para conmemorar o 70 aniversario da liberación do campo.[343][l]

Os conservadores do museo consideran ladróns ós visitantes que recollen obxectos do chan, e a policía local pode acusalos como tal; a pena máxima son 10 anos de prisión.[345] En 2017, dous rapaces británicos de Perse School foron multados en Polonia despois de recoller botóns e anacos de vidro decorativo en 2015 da área de "Kanada" de Auschwitz II, onde os obxectos persoais das vítimas eran almacenados.[346] O sinal Arbeit Macht Frei da porta de entrada do campo foi roubado en decembro de 2009 por un neonazi sueco e dous homes polacos. O sinal foi posteriormente recuperado.[347]

En 2018, o goberno polaco aprobou unha emenda á súa Lei do Instituto de Lembranza Nacional, polo que é un delito facer falsas acusacións sobre a complicidade polaca no Holocausto, o que incluiría referirse a Auschwitz e outros campos como "campos da morte polacos".[348] O persoal do museo foi acusado polos medios de comunicación nacionalistas de Polonia de centrarse en exceso no destino dos xudeus en Auschwitz a expensas dos polacos. O irmán do director do museo, Piotr Cywiński, escribiu que Cywiński experimentou "50 días de odio incesante".[349] Despois de debates co primeiro ministro de Israel, no medio da preocupación internacional de que a nova lei sufocaría a investigación, o goberno polaco axustou a emenda para que calquera persoa que acusase falsamente a Polonia de complicidade fose culpable só dun delito civil.[350]

  1. A Lei para a Restauración da Función Pública, aprobada o 7 de abril de 1933, excluíu á maioría dos xudeus da profesión legal e do servizo civil. Unha lexislación similar privou ós membros xudeus do dereito de practicar outras profesións.[10]
  2. Danuta Czech (Auschwitz 1940–1945, Volume V, Auschwitz-Birkenau State Museum, 2000): "14 de xuño [1940]: O primeiro transporte de prisioneiros políticos polacos chegou dende a prisión de Tarnów: 728 homes enviados a Auschwitz polo comandante da Sipo u. SD (Policía de Seguridade) en Cracovia. Estes prisioneiros recibiron os números de serie 31 até 758. O transporte incluía moitos homes novos e sans aptos para o servizo militar, que foron atrapados tentando de cruzar a fronteira sur de Polonia para chegar ás Forzas Armadas polacas que se estaban formando en Francia. Os organizadores desta operación ilegal de emigración tamén estaban no transporte, xunto con organizadores da resistencia, activista políticos e comunitarios, membros da intelixencia polaca, sacerdotes católicos e xudeus, arrestados na operación 'AB' (Außerordentliche Befriedungsaktion) organizada por Hans Frank na primavera de 1940. Ó mesmo tempo, outros 100 homes das SS (oficiais e homes alistados das SS) foron enviados para reforzar a gornición do campo."[25]
  3. Franciszek Piper escribe que, segundo o testemuño de posguerra de varios reclusos, así como de Rudolf Höss (o comandante en Auschwitz dende maio de 1940), a cámara de gas de Auschwitz I podía albergar a 1 000 persoas.[31]
  4. Danuta Czech (Auschwitz 1940–1945, Volume V, Auschwitz-Birkenau State Museum, 2000): "15 de febreiro de 1942: "O primeiro transporte de xudeus arrestados pola Stapo (Policía Estatal) en Katowice, e destinado a morrer en Auschwitz, chegou dende Beuthen. Foron descargados na rampla do lado do ferrocarril do campo e ordenóuselles deixar a súa equipaxe alí. O escuadrón de voo das SS recibiu ós xudeus da Stapo e conduciunos á cámara de gas no crematorio do campo. Alí, foron asasinados co uso do gas Zyklon B".[36]
  5. Mary Fulbrook (A Small Town Near Auschwitz: Ordinary Nazis and the Holocaust, Oxford University Press, 2012): "Gunter Faerber, por exemplo, lembrou o momento en febreiro de 1942 cando os xudeus de Beuthen (Bytom en polaco), onde vivía a súa avoa, foron levados a través de Bedzin no seu camiño cara a Auschwitz. ... Dous grandes camións do exército, cargados con mulleres xudías de Beuthen, foron levados directamente á estación, e elas fixeron cola na estación ... Aínda tiven a oportunidade de despedirme porque xa o sabíamos ... que as mulleres de Beuthen están chegando ... Baixei á estación, vin a longa cola de mulleres.' Faerber pediu permiso a un garda da Gestapo de achegarse á súa avoa, que estaba canda a súa irmá, 'e díxenlles adeus, e esa foi a última vez que as vin e todo o transporte foi trasladado en tren ...'"[38]
  6. Danuta Czech (Auschwitz 1940–1945, Volume V, 2000): "26 de marzo de 1942: Chegaron novecentas noventa e nove mulleres xudías dende Poprad en Eslovaquia, e fóronlles asignados os números 1000–1998. Este foi o primeiro transporte a Auschwitz rexistrado por RSHA IV B4 (a Oficina Xudía, dirixida polo Obersturmbannführer das SS Adolf Eichmann)."[43]
  7. Este foi o terceiro conxunto de números de serie que comezou no campo.[115]
  8. Robert Jan van Pelt (The Case for Auschwitz, 2002): "Esta cifra [1,1 millóns] foi respaldada por tódolos historiadores profesionais e serios que estudaron a complexa historia de Auschwitz con certo detalle, polo instituto de investigación do Holocausto en Yad Vashem en Xerusalén, e polo Museo Memorial do Holocausto dos Estados Unidos de América, en Washington, D.C."[227] Investigacións anterior, como a de Raul Hilberg na obra de 1961 The Destruction of the European Jews, estimaron que arredor dun millón de xudeus morreran no campo.[228] En 1983, o estudoso francés George Wellers foi un dos primeiros en usar os datos alemáns de deportacións para calcular o total de vítimas; chegou a unha cifra de 1 471 595 mortos, incluíndo 1,35 millóns de xudeus e 86 675 polacos non xudeus.[229]
  9. Entre os fuxidos había 396 homes e 10 mulleres polacos; 164 homes da Unión Soviética (incluíndo 50 prisioneiros de guerra), e 15 mulleres; 112 homes e tres mulleres xudeus; 36 homes e dúas mulleres xitanos, 22 homes e nove mulleres alemáns; 19 homes e catro mulleres checos; dous homes austríacos; unha muller e un home iugoslavos; e outros quince homes e unha muller.[258]
  10. No seu testemuño, segundo o historiador polaco Aleksander Lasik, "Höss nin protexeu a ninguén nin evadiu a súa responsabilidade. A súa postura sorprendeu a moitos, especialmente a aqueles que o vían como unha besta sedenta de sangue. En troques, vía os seus crimes en termos de obstáculos técnicos e desafíos que tivo que enfrontar. Höss declarou que dirixiu os asasinatos en Auschwitz por orde expresa do Reichsführer Himmler."[306]
  11. En The Drowned and the Saved (1986), Levi escribiu que os campos de concentración representaban o epítome do sistema totalitario: "Nunca existiu un estado que fose realmente "totalitario" ... Nunca faltou algunha clase de reacción, un correctivo da tiranía total, nin sequera no Terceiro Reich ou na Unión Soviética de Stalin: en ambos casos, a opinión pública, a maxistratura, a prensa estranxeira, as igrexas, o sentimento pola xustiza e a humanidade que dez ou vinte anos de tiranía non foron quen de erradicar, actuaron en maior ou menor medida como freo. Só no Lager [campo] era inexistente a restrición dende abaixo, e o poder destes pequenos sátrapas, era absoluto."[321]
  12. Entre os asistentes estaban o presidente do Congreso Xudeu Mundial, Ronald Lauder, o presidente polaco Bronisław Komorowski, o presidente francés François Hollande, o presidente alemán Joachim Gauck, o director de cinema Steven Spielberg, e o rei Guillerme Alexandre dos Países Baixos.[343][344]

Referencias

[editar | editar a fonte]
  1. Auschwitz-Birkenau State (ed.). "The unloading ramps and selections". Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2019. Consultado o 26 de febreiro de 2020. 
  2. Auschwitz-Birkenau State Museum (ed.). "Auschwitz I, Auschwitz II-Birkenau, Auschwitz III-Monowitz". Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2019. Consultado o 26 de febreiro de 2020. 
  3. Dwork & van Pelt 2002, p. 166.
  4. 4,0 4,1 4,2 Piper 2000b, p. 230.
  5. 5,0 5,1 5,2 Piper 2000b, pp. 230–231; véxase tamén Piper 1998b, pp. 71–72.
  6. 6,0 6,1 Lasik 2000b, p. 116, n. 19.
  7. Evans 2005, p. 7.
  8. Browning 2004, p. 424.
  9. Longerich 2010, pp. 32–35, 41.
  10. Longerich 2010, pp. 38–39.
  11. Longerich 2010, pp. 41, 67–69.
  12. Longerich 2010, p. 60.
  13. Browning 2004, pp. 24–26; Longerich 2010, p. 144.
  14. Cesarani 2016, p. xxxiii.
  15. Piper 2000b, p. 117.
  16. Matthäus 2004, p. 244.
  17. Gerlach 2016, pp. 84–85.
  18. United States Holocaust Memorial Museum (ed.). "Killing Centers: An Overview". Holocaust Encyclopedia. Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2017. Consultado o 26 de febreiro de 2020. 
  19. 19,0 19,1 Dwork & van Pelt 2002, p. 362.
  20. Piper 2000a, p. 52–53; Dwork & van Pelt 2002, p. 166.
  21. 21,0 21,1 21,2 Gutman 1998, p. 16.
  22. Piper 2000a, p. 52–53; véxase tamén Iwaszko 2000b, p. 51; Dwork & van Pelt 2002, p. 166
  23. Iwaszko 2000a, p. 15.
  24. Czech 2000, p. 121; for serial number 1, Strzelecka & Setkiewicz 2000, p. 65.
  25. Czech 2000, pp. 121–122.
  26. Strzelecka & Setkiewicz 2000, p. 71.
  27. Strzelecka & Setkiewicz 2000, pp. 72–73.
  28. 28,0 28,1 Dwork & van Pelt 2002, p. 364.
  29. Piper 2000b, p. 121.
  30. Piper 2000b, pp. 121, 133; Piper 1998c, pp. 158–159.
  31. 31,0 31,1 31,2 31,3 Piper 2000b, p. 128.
  32. Dwork & van Pelt 2002, p. 292; Piper 1998c, pp. 157–158; Piper 2000b, p. 117.
  33. Czech 2000, p. 142; Świebocki 2002, pp. 126–127, n. 50.
  34. Piper 2000a, p. 61.
  35. Höss 2003, p. 148.
  36. 36,0 36,1 Czech 2000, p. 142.
  37. van Pelt 1998, p. 145; Piper 2000a, p. 61; Steinbacher 2005, p. 107; "Anniversary of the First Transport of Polish Jews to Auschwitz". Auschwitz-Birkenau State Museum, 13 de febreiro de 2006.
  38. Fulbrook 2012, pp. 220–221, 396, n. 49.
  39. Friedländer 2007, p. 359.
  40. Browning 2004, p. 357.
  41. Wachsmann 2015, p. 707.
  42. 42,0 42,1 Czech 2000, p. 143.
  43. 43,0 43,1 43,2 43,3 43,4 Czech 2000, p. 144.
  44. Piper 2000a, p. 62.
  45. 45,0 45,1 Piper 2000b, p. 133, n. 419.
  46. 46,0 46,1 Müller 1999, p. 31; Piper 2000b, p. 133.
  47. Piper 2000b, p. 132, para máis información dos cadáveres, p. 140; para os 400 prisioneiros e os 107 000 cadáveres, véxase Czech 2000, p. 165.
  48. 48,0 48,1 Piper 2000b, p. 144.
  49. Hayes 2003, p. 335.
  50. Piper 2000b, pp. 144, 155 for Kriegsgefangenenlager.
  51. Strzelecka & Setkiewicz 2000, pp. 80–83.
  52. van Pelt 1998, pp. 118–119.
  53. van Pelt 1998, pp. 122–123.
  54. Strzelecka & Setkiewicz 2000, p. 87.
  55. Czech 2000, pp. 138–139.
  56. 56,0 56,1 Steinbacher 2005, p. 94.
  57. Piper 2000b, pp. 134–136; véxase tamén Piper 1998c, p. 161.
  58. Pressac & van Pelt 1998, pp. 214–215; véxase tamén Piper 2000b, p. 138.
  59. Piper 2000b, p. 143.
  60. Piper 2000b, pp. 165–166.
  61. Piper 2000b, p. 159.
  62. Piper 2000b, p. 164.
  63. Steinbacher 2005, p. 45.
  64. Hilberg 1998, pp. 81–82.
  65. Steinbacher 2005, p. 49.
  66. Strzelecka & Setkiewicz 2000, p. 108; para "IG-Auschwitz", véxase Hayes 2001, p. xii.
  67. Strzelecka & Setkiewicz 2000, p. 108.
  68. Strzelecka & Setkiewicz 2000, pp. 109–110.
  69. Strzelecka & Setkiewicz 2000, pp. 111–112.
  70. Lasik 2000a, pp. 151–152.
  71. Steinbacher 2005, p. 53.
  72. Strzelecka & Setkiewicz 2000, p. 112.
  73. Hayes 2001, p. 353.
  74. Hayes 2001, p. 359.
  75. Krakowski 1998, p. 57.
  76. Hayes 2001, p. 364.
  77. Steinbacher 2005, p. 52.
  78. Steinbacher 2005, pp. 52, 56.
  79. Hayes 2001, p. 367; Strzelecka & Setkiewicz 2000, p. 115; para o campo evacuado, e que 9 054 dos 9 792 reclusos eran xudeus, véxase Strzelecka & Setkiewicz 2000, p. 113.
  80. Strzelecka & Setkiewicz 2000, p. 115.
  81. Steinbacher 2005, p. 57.
  82. Strzelecka & Setkiewicz 2000, pp. 103–104.
  83. Strzelecka & Setkiewicz 2000, pp. 103, 119; Gutman 1998, p. 17.
  84. Gutman 1998, p. 18; Piper 1998a, p. 45; Steinbacher 2005, p. 58.
  85. Gutman 1998, pp. 17–18.
  86. Strzelecka & Setkiewicz 2000, p. 106; Kubica 2009, pp. 233–234. véxase tamén "The Budy Massacre—A grim anniversary". Auschwitz-Birkenau State Museum, 10 de outubro de 2007.
  87. Dunin-Wasowicz 1984, p. 139.
  88. Strzelecka & Setkiewicz 2000, p. 104.
  89. Wilkinson, Alec (17 de marzo de 2008). The New Yorker, ed. "Picturing Auschwitz". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2012. Consultado o 3 de xaneiro de 2020. 
  90. Lasik 1998b, p. 288; Lasik 2000b, p. 154.
  91. 91,0 91,1 91,2 91,3 91,4 Lasik 2000a, p. 154.
  92. Harding 2013, p. 100.
  93. Lasik 1998b, pp. 294–295.
  94. Lasik 2000a, pp. 153–157.
  95. Lasik 2000b, p. 314.
  96. Lasik 1998a, p. 282.
  97. Lasik 2000b, p. 299.
  98. Lasik 1998a, p. 274.
  99. Lasik 2000b, p. 323–324.
  100. Lasik 1998a, p. 273.
  101. Lasik 1998a, pp. 272–273.
  102. Lasik 1998a, p. 285.
  103. 103,0 103,1 Strzelecka 2000a, p. 49.
  104. Steinbacher 2005, pp. 35–36.
  105. Wittmann 2003, pp. 519–20.
  106. Piper 2000b, p. 180.
  107. Piper 2000b, pp. 180–181, 184.
  108. Piper 2000b, pp. 170–171.
  109. Piper 2000b, p. 189.
  110. Piper 2000b, pp. 190–191.
  111. Piper 2000b, pp. 180–181.
  112. Piper 2000b, pp. 188–189.
  113. Steinbacher 2005, pp. 90–91.
  114. Gutman 1998, p. 20.
  115. 115,0 115,1 United States Holocaust Memorial Museum (ed.). "Tattoos and Numbers: The System of Identifying Prisoners at Auschwitz". 
  116. Auschwitz-Birkenau State Museum (ed.). "System of triangles". Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2018. Consultado o 27 de febreiro de 2020. 
  117. United States Holocaust Memorial Museum (ed.). "Persecution of Homosexuals in the Third Reich". 
  118. Steinbacher 2005, pp. 31–32.
  119. 119,0 119,1 119,2 Auschwitz-Birkenau State Museum, ed. (14 de outubro de 2009). "An Original German Train Car at the Birkenau Ramp". Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2019. 
  120. 120,0 120,1 Iwaszko 2000a, p. 17.
  121. Piper 1998c, p. 162.
  122. 122,0 122,1 Longerich 2010, p. 408.
  123. Strzelecka 2000b, pp. 65–66.
  124. Iwaszko 2000b, p. 56.
  125. Steinbacher 2005, p. 111.
  126. Levi 2001, pp. 45–46.
  127. Iwaszko 2000b, p. 60.
  128. Strzelecka 2000b, p. 66.
  129. Steinbacher 2005, p. 33.
  130. Auschwitz-Birkenau State Museum (ed.). "Life in the camp: living conditions". Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2016. Consultado o 3 de xaneiro de 2020. 
  131. Strzelecka 2000b, p. 67.
  132. Gutman 1998, pp. 20–21.
  133. Steinbacher 2005, p. 33; Gutman 1998, pp. 20–21.
  134. Iwaszko 2000b, pp. 60–61.
  135. Strzelecka 2000b, pp. 68–69.
  136. Strzelecka 2000b, p. 69.
  137. Gutman 1998, p. 21; Iwaszko 2000b, p. 55; para o chan, véxase Strzelecka 2000b, p. 70.
  138. Iwaszko 2000b, p. 55.
  139. Nyiszli 2011, p. 25.
  140. Gutman 1998, p. 21.
  141. Steinbacher 2005, p. 34.
  142. Rosen 2014, p. 18.
  143. 143,0 143,1 Strzelecka 2000c, p. 171.
  144. 144,0 144,1 Czech 2000, pp. 143–144.
  145. Strzelecka 2000c, p. 177.
  146. Stangneth 2014, p. 22.
  147. Strzelecka 2000c, p. 172.
  148. Czech 2000, p. 155.
  149. Strzelecka 2000c, pp. 172–173.
  150. 150,0 150,1 150,2 Strzelecka & Setkiewicz 2000, p. 88.
  151. Strzelecka 2000c, p. 174.
  152. Perl 1948, pp. 32–33; van Pelt 1998, p. 133.
  153. Strzelecka 2000c, p. 176.
  154. Steinbacher 2005, pp. 114–15.
  155. Strzelecka 2000d, p. 362.
  156. 156,0 156,1 Kubica 1998, p. 319; Czech 2000, p. 178.
  157. Kubica 1998, pp. 320–323.
  158. 158,0 158,1 Kubica 1998, pp. 325.
  159. Friedländer 2007, p. 505.
  160. Kubica 1998, pp. 323–324.
  161. Kater 2000, pp. 124–125.
  162. Spitz 2005, pp. 232–234.
  163. Mehring 2015, pp. 161–163.
  164. Strzelecka 2000d, pp. 371–372.
  165. 165,0 165,1 Strzelecka 2000e, pp. 373–376.
  166. Strzelecka 2000e, pp. 384–385.
  167. Strzelecka 2000e, p. 389.
  168. Strzelecka 2000e, p. 381.
  169. Strzelecka 2000e, pp. 382, 384.
  170. 170,0 170,1 Piper 2000b, p. 77.
  171. 171,0 171,1 Piper 2000b, p. 79.
  172. Czech 2000, p. 139.
  173. Piper 2000b, p. 102.
  174. Piper 2000b, p. 87.
  175. Piper 2000b, p. 89.
  176. Piper 2000b, pp. 89–90.
  177. Bauer 1998, pp. 447–448.
  178. 178,0 178,1 Bauer 1998, p. 448.
  179. Piper 2000b, p. 55, note 145.
  180. Bauer 1998, pp. 449–450.
  181. 181,0 181,1 181,2 Strzelecka & Setkiewicz 2000, p. 96.
  182. Czech 2000, p. 185.
  183. 183,0 183,1 Keren 1998, p. 429.
  184. Keren 1998, p. 428.
  185. Czech 2000, pp. 190–191.
  186. Czech 2000, p. 194.
  187. Keren 1998, p. 439.
  188. Strzelecka & Setkiewicz 2000, p. 97.
  189. Fleming 2014, pp. 231–232.
  190. Fleming 2014, p. 215.
  191. Czech 2000, p. 203.
  192. Dwork & van Pelt 2002, p. 363.
  193. Piper 1998c, pp. 157–159.
  194. Piper 1998c, pp. 159–160.
  195. "Jewish women and children who have been selected for death, walk in a line towards the gas chambers.". United States Holocaust Memorial Museum. 
  196. Piper 1998c, pp. 161–162.
  197. 197,0 197,1 Piper 1998c, p. 174.
  198. Piper 1998c, p. 175.
  199. Piper 2000b, pp. 12–13; Browning 2004, p. 421.
  200. Longerich 2010, p. 407.
  201. 201,0 201,1 Dwork & van Pelt 2002, p. 338.
  202. Dwork & van Pelt 2002, pp. 341–343.
  203. Piper 2000b, p. 227.
  204. Piper 2000b, p. 229.
  205. Piper 2000b, p. 103ff.
  206. Piper 2000b, pp. 109–110.
  207. Piper 2000b, p. 111.
  208. Piper 1998c, pp. 162, 169.
  209. Strzelecka & Setkiewicz 2000, pp. 97–98.
  210. Baxter 2017, p. 241.
  211. Piper 1998c, pp. 166, 168.
  212. Piper 2000b, p. 169, n. 489.
  213. Piper 2000b, p. 169, n. 490.
  214. Piper 2000b, p. 169.
  215. Piper 1998c, p. 162; véxase tamén Piper 2000b, p. 170.
  216. 216,0 216,1 Piper 2000b, p. 170.
  217. Cohen 1998, pp. 529, 531.
  218. Langfus 2000, p. 357.
  219. 219,0 219,1 Strzelecki 2000b, p. 408.
  220. 220,0 220,1 220,2 Strzelecki 2000b, p. 409.
  221. Strzelecki 2000b, p. 411.
  222. 222,0 222,1 Piper 2000b, p. 171.
  223. 223,0 223,1 Strzelecki 2000b, p. 400.
  224. Strzelecki 2000b, p. 406.
  225. Piper 1998c, p. 171.
  226. Piper 1991, pp. 49–103; van Pelt 2016, p. 109; véxase tamén Stets, Dan (7 de maio de 1992). Chicago Tribune, ed. "Fixing the numbers at Auschwitz". 
  227. van Pelt 2016, p. 109.
  228. Hilberg 1961, p. 958; véxase tamén Piper 2000b, p. 214.
  229. Piper 1998b, p. 67; Piper 2000b, p. 214.
  230. Höss 2003, p. 188; véxase tamén Friedländer 2007, p. 404.
  231. Piper 2000b, pp. 210–213.
  232. The International Military Tribunal, Nuremberg 1946, p. 415.
  233. The International Military Tribunal, Nuremberg 1946, p. 397.
  234. Höss 2003, p. 193.
  235. Höss 2003, p. 194.
  236. 236,0 236,1 Snyder 2010, p. 383.
  237. Auschwitz-Birkenau State Museum (ed.). "Ethnic origins and number of victims of Auschwitz". Arquivado dende o orixinal o 2 de febreiro de 2019. 
  238. Snyder 2010, p. 275.
  239. "Jehovah's Witnesses". Auschwitz-Birkenau State Museum.
  240. Fleming 2014, p. 194; Zarembina & Harriman 1944.
  241. Krahelska 1985.
  242. 242,0 242,1 242,2 Fleming 2014, p. 131.
  243. 243,0 243,1 Czech 2000, p. 177.
  244. 244,0 244,1 Bartrop 2016, p. 210.
  245. Świebocki 2000, pp. 68–69, n. 115.
  246. Fleming 2014, pp. 131–132.
  247. Fleming 2014, p. 132.
  248. Fleming 2014, p. 133.
  249. Zarembina 2008.
  250. Fleming 2014, p. 194.
  251. Steinbacher 2005, p. 116.
  252. Fleming 2014, p. 135.
  253. Mais, Engel & Fogelman 2007, pp. 73.
  254. Nyiszli 2011, p. 124.
  255. Didi-Huberman 2008, p. 16.
  256. Fleming 2016, pp. 63–65.
  257. Para Wiejowski, Świebocki 2000, p. 194; para o resto pp. 232–233.
  258. 258,0 258,1 Świebocki 2000, p. 233.
  259. Świebocki 2000, p. 192.
  260. Czech 2000, p. 150; véxase tamén Khaleeli, Homa (11 de abril de 2011). The Guardian, ed. "I escaped from Auschwitz". 
  261. Świebocki 2000, pp. 203–204.
  262. Rees 2005, p. 141.
  263. Świebocki 2002.
  264. Szabó 2011, p. 94; Fleming 2014, p. 230.
  265. Świebocki 2002, p. 58; War Refugee Board, ed. (26 de novembro de 1944). The Extermination Camps of Auschwitz (Oświęcim) and Birkenau in Upper Silesia. 
  266. 266,0 266,1 Biddle 2000, p. 36.
  267. Westermann 2004, p. 197.
  268. Kitchens 2000, pp. 80–81.
  269. Neufeld 2000, pp. 1–2.
  270. Neufeld 2000, pp. 4–5, 9–10.
  271. Gradowski 1989, p. 548.
  272. Piper 2000b, pp. 181–187.
  273. Friedländer 2007, p. 581; Müller 1999, pp. 153–154.
  274. Müller 1999, pp. 155–156; para os tres homes das SS asasinados, véxase Greif 2005, p. 43.
  275. Greif 2005, p. 44.
  276. Greif 2005, p. 44; véxase tamén Piper 2000b, p. 187.
  277. Strzelecki 2000a, p. 54.
  278. Gradowski 1989; Gradowski 2017; "'From the Heart of Hell'. Publication with manuscripts of Załmen Gradowski, a member of Sonderkommando at Auschwitz". Auschwitz-Birkenau State Museum, 27 de febreiro de 2018.
  279. Steinbacher 2005, p. 109; Evans 2008, p. 655.
  280. Piper 2000b, p. 173; Cesarani 2016, p. 747.
  281. Piper 2000b, pp. 173–174.
  282. Czech 2000, p. 227.
  283. 283,0 283,1 Strzelecki 2000a, p. 30.
  284. Friedländer 2007, p. 648.
  285. Strzelecki 2000a, pp. 41–42.
  286. Strzelecki 2000a, pp. 27, 36: para "un estimado de dous terzos eran xudeus", véxase Longerich 2010, p. 415.
  287. Strzelecki 2000a, pp. 27, 29.
  288. Longerich 2010, p. 415.
  289. Longerich 2010, p. 416.
  290. Wachsmann 2015, pp. 335, 597–598.
  291. Strzelecki 2000a, p. 44; Piper 2000b, p. 174.
  292. Czech 2000, p. 230.
  293. Strzelecki 2000a, pp. 47–48.
  294. 294,0 294,1 Stone 2015, p. 45.
  295. Strzelecki 2000b, p. 410.
  296. Levi 2001, p. 187.
  297. Levi 2001, p. 188.
  298. Strzelecki 2000a, p. 48.
  299. Strzelecki 2000a, pp. 49–50; véxase tamén "First help". Auschwitz-Birkenau State Museum.
  300. Stone 2015, p. 46.
  301. Rees 2005, p. 262.
  302. Wachsmann 2015, p. 10.
  303. Lasik 2000b, pp. 108, 113.
  304. Lasik 2000b, p. 110.
  305. Lasik 1998b, p. 296; para "Franz Lang" e Flensburg, véxase Höss 2003, p. 173; para o testemuño de Höss, véxase The International Military Tribunal, Nuremberg 1946, p. 396ff.
  306. 306,0 306,1 Lasik 1998b, p. 296.
  307. Höss 2003, Publisher's Note.
  308. Lasik 1998b, pp. 296–297; Lasik 2000a, pp. 296–297.
  309. Steinbacher 2005, pp. 138–139.
  310. Steinbacher 2005, p. 140.
  311. Evans 2008, p. 744.
  312. Wittmann 2005, p. 3.
  313. Snyder 2010, pp. 382–383.
  314. UN News, ed. (1 de novembro de 2005). "General Assembly designates International Holocaust Remembrance Day". Arquivado dende o orixinal o 05/09/2018. Consultado o 03/03/2020. 
  315. Butturini, Paula (15 de novembro de 1989). Chicago Tribune, ed. "Kohl visits Auschwitz, vows no repetition of 'unspeakable harm'". Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2019. Consultado o 03 de marzo de 2020. 
  316. Kinzer, Stephen (28 de xaneiro de 1995). The New York Times, ed. "Germans Reflect on Meaning of Auschwitz". Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2019. Consultado o 03 de marzo de 2020. 
  317. Halbfinger, David M. (22 de xaneiro de 2020). The New York Times, ed. "World Leaders, Gathering to Mark Holocaust, Are Urged to Fight ‘Deadly Cancer’". 
  318. Holmes, Oliver (22 de xaneiro de 2020). The Guardian, ed. "Jerusalem hosts largest-ever political gathering for Holocaust forum". 
  319. "Auschwitz 75 years on: Holocaust Day prompts new anti-Semitism warnings". BBC News, 27 de xaneiro de 2020.
  320. Simpson, Mona (xuño de 2007). The Atlantic, ed. "If This Is a Man". 
  321. Levi 2017, p. 35–36.
  322. Norwegian Nobel Committee 1986.
  323. "Simone Veil: Holocaust survivor and first female President of the European Parliament (1927‑2017)" Arquivado 21 de novembro de 2019 en Wayback Machine.. European Commission.
  324. Espín 2008; para Kolbe, véxase p. 139.
  325. Deutsche Welle, ed. (28 de setembro de 2017). "Auschwitz-Birkenau: 4 out of 10 German students don't know what it was". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2017. Consultado o 03 de marzo de 2020. 
  326. Posener, Alan (9 de abril de 2018). Foreign Policy, ed. "German TV Is Sanitizing History". 
  327. Claims Conference, ed. (2018). "New Survey by Claims Conference Finds Significant Lack of Holocaust Knowledge in the United States". Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2018. Consultado o 03 de marzo de 2020. Astor, Maggie (12 de abril de 2018). The New York Times, ed. "Holocaust Is Fading From Memory, Survey Finds". Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2018. Consultado o 03 de marzo de 2020. 
  328. Greene, Richard Allen (novembro de 2018). CNN, ed. "CNN poll reveals depth of anti-Semitism in Europe". Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2018. 
  329. Dwork & van Pelt 2002, p. 364; Steinbacher 2005, p. 132.
  330. Dwork & van Pelt 2002, p. 364ff.
  331. Permanent exhibition – Auschwitz I.
  332. UNESCO, World Heritage List.
  333. Curry, Andrew (febreiro de 2010). Smithsonian, ed. "Can Auschwitz Be Saved?". 
  334. Deutsche Welle, ed. (27 de xullo de 2017). "Auschwitz museum plans traveling exhibition". 
  335. Carroll 2002.
  336. Berger 2017, p. 165.
  337. Dwork & van Pelt 2002, pp. 369–370.
  338. Carroll 2002; Berger 2017, p. 166.
  339. BBC News, ed. (27 de agosto de 1998). "Rabbi unhappy at Auschwitz cross decision". 
  340. Berger 2017, p. 166.
  341. Berger 2017, p. 167.
  342. Barkat, Amiram, and agencies (4 de setembro de 2003). Haaretz, ed. "IAF Pilots Perform Fly-over at Auschwitz Death Camp". Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2018. 
  343. 343,0 343,1 BBC News 2015a.
  344. Connolly, Kate (27 de xaneiro de 2015). The Guardian, ed. "Auschwitz liberation ceremony will be the last for many survivors present". 
  345. BBC 2016.
  346. The Jewish News, ed. (30 de marzo de 2017). "Court fines UK teens for stealing from Auschwitz". Jewish Telegraphic Agency. 
  347. Paterson, Tom (31 de decembro de 2010). The Independent, ed. "Former neo-Nazi jailed for Auschwitz sign theft". 
  348. Henley, Jen (1 de febreiro de 2018). The Guardian, ed. "Poland provokes Israeli anger with Holocaust speech law". 
  349. Davies, Christian (7 de maio de 2018). The Guardian, ed. "Poland's Holocaust law triggers tide of abuse against Auschwitz museum". 
  350. Davies, Christian (27 de xuño de 2018). The Guardian, ed. "Poland makes partial U-turn on Holocaust law after Israel row". 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
Gerlach, Christian (2016). The Extermination of the European Jews. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-88078-7. 
Bibliografía adicional

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]