Suva
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País insular | Fidxi | ||||
División | División Central, Fidxi | ||||
Provincia | Rewa (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 88.271 (2009) (43,1 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 2.048 km² | ||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Altitude | 0 m | ||||
Páxina web | suvacity.org |
Suva é a capital e cidade máis grande de Fidxi. Está localizada na costa sueste da illa de Viti Levu, na división de Fidxi Central, da cal tamén é a capital. Suva converteuse na capital oficial de Fidxi en 1877 cando a xeografía de Kaivalagi, un antigo asentamento europeo en Levuka na illa de Ovalau, quedou pequeno. No censo de 1996, o último ata a data, a cidade de Suva tiña unha poboación de 77.366 habitantes. Incluíndo os suburbios independentes, a poboación da área urbana de Suva do Norte era de 167.975 no mesmo censo.[1]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Suva é o centro comercial e político de Fidxi, e a cidade máis grande no Pacífico Sur fóra de Australia e Nova Zelandia. É o porto principal de Fidxi e foi a sede dos Xogos do Pacífico Sur en varias ocasións, a ultíma no 2003.
Aínda que Suva se sitúa nunha península, e está case rodeada polo mar, a praia máis próxima está a 40 quilómetros de distancia en Pacific Harbour, e a costa próxima está rodeada de mangleiral. Unha significativa parte do centro da cidade, incluíndo o antigo Edificio Parlamentario, foi construída sobre o mangleiral. Suva recibe unha considerable cantidade de choivas, e aínda que non chove máis que en Pohnpei, un estado de Micronesia, ten máis precipitacións que Nadi e o occidente de Viti Levu, o cal é coñecido polos suvaneses como, "o occidente ardente".
Historia
[editar | editar a fonte]En 1868 o xefe bauano Seru Epenisa Cakobau, vendeulle 5000 km² de terreo, dos que 575 km² quedaban no que era entón a aldea de Suva, á Compañía Polinesia, unha compañía australiana, co propósito de pagar as súas débedas aos E.U.A. A Compañía Polinesia pensaba crear unha industria de algodón co terreo comprado, pero o clima da rexión impediullo.
Logo da anexión das illas de Fidxi ao Reino Unido en 1874, as autoridades coloniais decidiron cambiar a capital, de Levuka a Suva en 1877. A transición fíxose oficial en 1882. O Coronel F.E. Pratt dos Enxeñeiros Reais foi nomeado Deseñador Xeral en 1875 e deseñou a nova capital, coa asistencia de 'W. Stephens e o Coronel R.W. Stewart.
En 1909 logo da promulgación da Ordenanza da Constitución do Municipio, Suva adquiriu status municipal. A aldea orixinalmente consistía en só unha milla cadrada; estes bordos permaneceron intactos ata 1952 cando os distritos de Muanikau e Samabula foron anexados, expandindo o seu territorio máis de 13 quilómetros cadrados. En outubro dese ano, Suva foi proclamada cidade, a primeira de Fidxi. Entón foi anexada Tamavua; a extensión máis recente dos seus límites foi a incorporación do distrito de Cunningham no norte da cidade. O crecemento urbano resultou nun número de suburbios nos arredores da cidade e forman parte da área Metropolitana de Suva.
Arquitectura e urbanismo
[editar | editar a fonte]O edificio máis alto de Fidxi, o Suva Central, foi recentemente inaugurado e levántase a 24´6 metros máis que o Edificio do Banco de Reserva de Fidxi. Suva Central é hoxe en día a edificación máis alta da rexión Insular Pacífica. Outra estrutura moi coñecida é a Biblioteca de Suva, construída en 1909 e financiada polo empresario e magnate Andrew Carnegie.
O complexo de edificios gobernamentais ocupa o que unha vez foi un terreo pantanoso de mangleiral, o cal foi drenado en 1935 e aproximadamente 5 km de concreto reforzado foi usado para cementar a área para que puidese soportar os grandes edificios que ían ser construídos. O edificio central foi terminado en 1939; unha nova á foi terminada en 1967. Con todo, o parlamento de Fidxi foi trasladado cara a outra localidade na Rúa Ratu Sukuna en 1992.
A Casa Gobernamental foi a antiga residencia dos gobernadores coloniais de Fidxi e logo da súa independencia en 1970, a dos Gobernadores Xerais de Fidxi. É agora a residencia oficial do Presidente. Orixinalmente construída en 1882, tivo que ser reconstruída en 1928, logo de serios danos tras unha tormenta eléctrica en 1921.
A Escola de Medicina de Fidxi e un dos tres campus universitarios da Universidade do Pacífico Sur está en Suva. O campus da Universidade do Pacífico Sur (UPS) ocupa o que unha vez foi unha base de hidroavións de Nova Zelandia. É o máis grande dos campus da UPS que se atopan por todo o Pacífico Sur.
O Museo de Fidxi, localizado nos Xardíns Thurston, foi fundado en 1904 e orixinalmente ocupaba a antiga alcaldía, pero moveuse ata a súa localización actual en 1954. O museo alberga a colección máis extensiva de artefactos fidxianos do mundo, e tamén é unha institución educativa e de investigacións, especializada en arqueoloxía, a preservación de tradicións orais fidxianas, e a publicación de material acerca da cultura e linguaxe de Fidxi.
Suva ten ao redor de 78 parques. Estes inclúen o novo Xardín Takashi Suzuki e o Xardín Thurston. Aberto en 1913, os Xardíns Thurston están repletos con flora de toda a rexión do Pacífico Sur. O Parque Apted, é un lugar ideal para ver o amencer e o anoitecer.
Goberno municipal
[editar | editar a fonte]Suva ten un status municipal e é gobernado por un alcalde e un concello de vinte membros o cal é controlado polo partido Soqosoqo Duavata ni Lewenivanua que gañou a maioría de postos logo das eleccións municipais do 2005 en Suva. O actual alcalde é Ratu Peni Volavola.
Demografía
[editar | editar a fonte]Suva é unha cidade multirracial e multicultural. Fidxianos indíxenas e indo-fidxianos, os principais dous grupos étnicos de Fidxi, compón a maioría da poboación de Suva, pero a poboación da cidade inclúe caucásicos e chineses, entre outros. A maioría de expatriados en Fidxi atópanse en Suva. O idioma máis falado na cidade é o inglés, pero o fidxiano, e o hindustano tamén é falado en certas áreas da cidade.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Statsfiji.gov.fj". Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2012. Consultado o 22 de maio de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Suva |