Saltar ao contido

Paul Creston

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPaul Creston
Biografía
Nacemento10 de outubro de 1906 Editar o valor en Wikidata
Manhattan, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte24 de agosto de 1985 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
San Diego, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpianista, compositor Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoSinfonía Editar o valor en Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Descrito pola fonteBrief Biographical Dictionary of Foreign Composers (en) Traducir, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1433190 BNE: XX1188525 Last fm: Paul+Creston Musicbrainz: 049eef82-f716-44ac-ae0f-513e3ccf9308 Discogs: 1269390 Allmusic: mn0001350354 Find a Grave: 104635611 Editar o valor en Wikidata

Paul Creston (Nova York, Estados Unidos, 10 de outubro de 1906San Diego, Estados Unidos, 24 de agosto de 1985) foi un compositor estadounidense de música clásica.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Nado na cidade de Nova York no seo dunha modesta familia de emigrantes sicilianos baixo o nome de Giuseppe Guttoveggio, Creston foi un compositor precoz e fundamentalmente autodidacta debido ás carencias económicas da súa familia. Á idade de oito anos comezou a tomar leccións de piano e violín.

Forzado a abandonar os seus estudos musicais para soster economicamente á súa familia, o mozo Giuseppe alternou o seu traballo en bancos e compañías de seguros con estudos tan variados como inglés, linguas estranxeiras, misticismo, piano e composición. O seu primeiro emprego como músico conseguiuno en 1926 como organista de teatros onde se exhibían películas mudas, ocupación na que se mantivo ata 1929. En 1934 foi contratado como organista na igrexa de San Malaquías, en Nova York, cargo que ostentou durante máis de trinta anos, ata 1967.

En 1940 Creston foi aceptado como profesor de piano e composición da Cummington School of the Arts de Massachusetts. Durante esta década compuxo igualmente varias partituras para a radio e a televisión, polas que obtivo varios premios, incluíndo o dos críticos de Nova York pola súa Primeira Sinfonía.

Autor prolífico, durante a década dos anos cincuenta estreáronse máis de trinta obras novas da súa autoría. A súa fama internacional expandiuse e a súa música, xunto á de George Gershwin e Samuel Barber, foi a máis interpretada dun compositor norteamericano no estranxeiro. Dende 1956 e ata 1960 ostentou o cargo de presidente da Sociedade de Compositores e Directores Americanos.

Cara a finais dos anos sesenta, a música de Creston comezou a caer no pesimismo e a escuridade, e perdeu a súa preponderancia na escena fronte ás obras de compositores máis novos e vangardistas. Creston sentíase amargado polo camiño que estaba tomando a música pero, a pesar diso, continuou compoñendo e en 1982 aínda estreou a súa Sexta Sinfonía para órgano no Kennedy Center de Nova York.

En 1975 Paul Creston retirouse de tódalas súas actividades docentes, residindo nun rancho nas aforas da localidade californiana de San Diego ata o seu falecemento en 1985 vítima dun cancro que se lle diagnosticou un ano antes.

Estilo e composicións

[editar | editar a fonte]

A súa obra tende a ser lixeiramente conservadora e firmemente tonal no seu estilo, e cun forte compoñente rítmico.

O ritmo é a clave do estilo de Paul Creston, a súa técnica depende principalmente dun constante cambio das subdivisións do metro regular e do uso de modelos de ostinato rítmicamente irregulares. Cultivou unha exuberante e robusta linguaxe harmónica inspirada en técnicas impresionistas, usando as secuencias de acordes de dominante expandidos para evitar o establecemento de centros tonales, reducindo ó mínimo a percepción de disonancia. As súas formas son claras, concisas e ben organizadas, mostrando un enxeño notable no desenvolvemento temático, mentres que a súa música a miúdo transmite unha impresión de espontaneidade temeraria, case chulesca.

O seu catálogo inclúe, entre outras obras, seis sinfonías, dous concertos para violín, un para marimba, un para dous pianos, un para acordeón e un para saxofón alto, unha fantasía para trombón e orquestra e unha sonata tamén para saxofón alto escrita para Cecil Leeson. Algúns dos seus traballos atópanse inspirados na obra do poeta Walt Whitman.

Creston foi tamén un notable docente. Entre os seus discípulos encóntranse os compositores John Corigliano e Charles Roland Berry, así como os músicos de jazz Rusty Dedrick e Charlie Queener. Tamén é autor dos libros de teoría da música Principles of Rhythm (1964), Creative Harmony (1970) e Rational Metric Notation (1979).

Obras para orquestra

[editar | editar a fonte]
  • 1938 Threnody Op. 16.
  • 1938 Two Choric Dances Op. 17B.
  • 1940 Sinfonía nº.1 Op. 20.
  • 1940 Concertino para marimba e orquestra Op. 21.
  • 1941 Preludio e danza Op. 25.
  • 1941 Concerto para saxofón e orquestra Op. 26.
  • 1941 Un rumor Op. 27.
  • 1941 Pastoral e Tarantella Op. 28.
  • 1941-1942 Variacións de danza Op. 30 para soprano coloratura e orquestra.
  • 1942 Fantasía Op. 32.
  • 1943 Canto de 1942 Op. 33 para orquestra.
  • 1943 Fronteras Op. 34.
  • 1944 Sinfonía nº.2 Op. 35.
  • 1945 Poema Op. 39.
  • 1947 Fantasía Op. 42 para trombón e orquestra.
  • 1951 Sinfonía nº.4 Op. 52.
  • 1953 Invocación e danza Op. 58.
  • 1953 Toccata Op. 68.
  • 1959 Janus Op. 77.
  • 1965-1966 Introito Op. 87 (homenaxe a Pierre Monteux).
  • 1966 Variacións sobre unha pavana Op. 86.
  • 1966 Oda chthonica Op. 90 (homenaxe a Henry Moore) para gran orquestra, con eufonio, celesta e piano.
  • 1981 Sadhana Op. 117 para violoncello e orquestra.
  • 1982 Sinfonía nº.6 Op. 118 "Sinfonía para órgano" para órgano e orquestra.
  • Suite coreográfica Op. 86b.
  • Concerto para piano e orquestra Op. 43.
  • Corintios XIII Op. 82.
  • Obertura de danza.
  • Tarde en Texas.
  • Homenaje Op. 41 para cordas.
  • Kangaroo Kaper.
  • Nocturno Op. 83 para soprano lírica, tenor e once instrumentos.
  • Rumba – Tarantella.
  • Atardecer en Porto Rico.
  • Sinfonía nº.3 Op. 48.

Obras para orquestra e cordas

[editar | editar a fonte]
  • 1939 Sonata para saxofón alto e Piano, Op. 19.
  • 1940 Concertino para marimbáfono e banda Op. 21.
  • 1942 "Leyenda" Op. 31.
  • 1944 Concerto para saxofón alto Op. 26.
  • 1946 Zanoni Op. 40.
  • 1954 Obertura Celebración Op. 61.
  • 1959 Preludio e danza Op. 76.
  • 1967 Anatolia – Rapsodia turca Op. 93.
  • 1972 Calamus Op. 104 para coro mixto, catro trompetas, dos cornos, tres trombóns, eufonio, tuba, tímpano e percusión.
  • 1981 Obertura festiva.
  • Kalevala Op. 95 Fantasía sobre cancións folclóricas finesas para banda.
  • Liberty Song '76 Op. 107 para coro mixto e banda de concerto.

Obras para coro

[editar | editar a fonte]

Misas e música religiosa

[editar | editar a fonte]
  • 1945 Psalm XXIII Op. 37 para soprano, coro mixto, coro masculino e orquestra.
  • Missa Solemnis Op. 44 para coro masculino e orquestra.

Obras para escena

[editar | editar a fonte]
  • 1938 Two Choric Dances - "Time Out of Mind" Op. 17A Ballett

Obras para percusión

[editar | editar a fonte]
  • Ceremonial Op. 103 para sete percusionistas e piano.

Libros e publicacións

[editar | editar a fonte]
  • 1964 Principles of Rhythm.
  • 1970 Creative Harmony.
  • 1979 Rational Metric Notation.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]