Walter Hävernick
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de xaneiro de 1905. Hamburgo, Alemaña |
Morte | 23 de xaneiro de 1983 (78 anos) Hamburgo. Alemaña |
Director de museo | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Alemá |
Educación | Universidade de Hamburgo. Universidade de Frankfurt. Universidade de Múnic. |
Q89547790 | Director do Museo de Historia de Hamburgo. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Lugar de traballo | Hamburgo |
Ocupación | catedrático, numismático |
Empregador | Universidade de Hamburgo |
Partido político | Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores |
Membro de | |
Influencias en | |
Obra | |
Doutorando | Peter Berghaus, Vera Hatz, Gert Hatz. |
Premios | |
(1953): Medalla Huntington (ANS). |
Walter Hävernick, nado o 23 de xaneiro de 1905 en Hamburgo e finado o 23 de xaneiro de 1983 na mesma cidade, foi un numismático e folclorista alemán, director do Museo de Historia de Hamburgo entre 1946 e 1973.[1][2]
Traxectoria
Walter Hävernick pertencía a unha familia acomodada de Hamburgo. Era fillo do comerciante Hans Hävernick e de Ella Kulow.[2]
Logo de iniciar en 1924 os seus estudos universitarios de Historia, Antigüidade Alemá, Folclore e Historia da Arte nas universidades de Frankfurt, de Múnic e de Hamburgo, en 1929 graduouse nesta última cunha tese dirixida por Friedrich Keutgen titulada "O pffennig de Colonia nos séculos XII e XIII").[1][2]
Os catro anos seguintes pasounos como colaborador en prácticas no Museo de Historia de Hamburgo e en 1935 ingresou como conservador do gabinete numismático ducal de Gotha, onde se dedicou á catalogación dos tesouros de moeda medieval achados en Turinxia.[1][2]
En 1937, Hävernick acadou a súa habilitación como profesor universitario de Antigüidade e Folclore Alemán, baixo a dirección de Otto Lauffer, daquela director do Museo de Historia de Hamburgo e ao mesmo tempo profesor desa mesma especialidade na Universidade de Hamburgo. En 1943 acadou a habilitación como profesor de Numismática e Historia Monetaria das Idades Media e Moderna na Universidade de Jena, onde tamén exerceu como profesor.
En 1945 regresou a Hamburgo e comezou a ensinar na universidade desa cidade de xeito independente. O ano seguinte encomendóuselle provisionalmente a xestión do Museo de Historia de Hamburgo e a partir do 1 de abril de 1947 tomou o relevo de Lauffer como director do museo e profesor de Folclore na universidade, postos que ocupou ata a súa xubilación en 1973.[1][2]
Nesa mesma época, fundou a revista Hamburger Beiträge zur Numismatik ("Contribucións de Hamburgo á numismática"), que se converteu na principal revista científica desta materia en Alemaña durante varias décadas.
Logo da constitución da República Federal de Alemaña en 1950, xunto con Hans Gebhart e co apoio da Conferencia Permanente de Ministros de Educación, fundou a Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña, cuxo labor principal era a coordinación das actuacións dos gabinetes numismáticos existentes nos diversos estados federais. Hävernick foi o presidente da Comisión ata 1974.[1]
Coa creación da Comisión Numismática, Hävernick logrou restituír os contactos científicos cos países veciños (sinaladamente con Suecia) que se viran interrompidos na etapa nacional socialista, e mesmo, entre 1953 e 1973, o propio Hävernick chegou a ser membro da xunta directiva da Comisión Internacional de Numismática.[3]
Nas décadas de 1960 e 1970, Hävernick foi abandonando progresivamente o mundo numismático nas súas investigacións en favor do folclore e a cultura cotiá, ata a súa xubilación en 1973. O seu libro Schläge als Strafe ("Malleiras como castigo"), de 1970, foi visto como unha defensa do abuso educativo, o que o fixo obxecto de duras críticas en revistas de educación, de psicoloxía e de lexislación.[4][5]
Hävernick finou en Hamburgo en 1983 o día do seu aniversario e foi soterrado xunto coa súa familia no cemiterio de Ohlsdorf, na mesma cidade.[6]
Recoñecementos
- (1953): Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York.[7]
Publicacións
Esta é unha escolma das monografías máis representativas da traxectoria académica de Walter Hävernick:[8][9][10]
- (1930). Der Kölner Pfennig im 12. und 13. Jahrhundert. Periode der territorialen Pfennigmünze. Kohlhammer, Stuttgart.
- (1935). Die Münzen von Köln. Die königlichen und erzbischöflichen Prägungen der Münzstätte Köln, sowie die Prägungen der Münzstätten des Erzstifts Köln. Vom Beginn der Prägung bis 1304. Neubner, Colonia.
- (1936). Das hessische Münzwesen. Elwert, Marburgo.
- (1955). Die mittelalterlichen Münzfunde in Thüringen. Fischer, Jena.
- (1964). „Schläge“ als Strafe. Ein Bestandteil der heutigen Familiensitte in volkskundlicher Sicht. Museum für Hamburgische Geschichte, Hamburgo.
- (1970). Schläge als Strafe : ein Bestandteil der heutigen Familiensitte in volkskundlicher Sicht. Museum für Hamburgische Geschichte, Hamburgo.
- (1975). Numismatik - Aufgabe und Erlebnis 1920-1973. Ein persönlicher Abschlußbericht. Hamburger Museumsverein, Hamburgo.
Premio Walter-Hävernick
A Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña, creada por Hävernick en 1950, creou en 2012, na súa memoria, o Premio Walter-Hävernick, dotado con 2.000 euros e destinado a científicos menores de 35 anos autores de teses exemplares ou outros traballos monográficos sobre calquera área da numismática, escritos en alemán, en inglés ou en francés. Á parte da dotación económica, os gañadores tamén reciben unha medalla creada en 2015 polo medallista Carsten Theumer.[11]
Estes son os gañadores desde a súa creación:[11][12]
- 2012: Angela Berthold.[13]
- 2013: Philipp Rössner e Johannes Wienand.[14][15]
- 2014: Alexa Küter.[16]
- 2015: Stefan Roth.[17]
- 2016: Simone Killen.[18]
- 2017: Johannes Hartner.[19]
- 2018: Sebastian Steinbach, Torsten Bendschus e Johannes Hartner.[20][21]
- 2019: Johannes Peter.[22]
- 2020: (non outorgado)
- 2021: (non outorgado)
- 2022: Julius Roch e Ehsan Shavarebi Moghaddam.[23][24]
- 2023: Samuel Oer de Almeida e Rahel Otte.[25][26]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Hatz, G. (2005). Páxina 1.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Prof. Dr. Walter Hävernick Arquivado 14 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". Hamburger Persönlichkeiten.
- ↑ Hatz, G. (2005). Páxina 2.
- ↑ Véxase (1970) en "Publicacións".
- ↑ Recensión da obra: "Züchtigung durch Mutter". En Der Spiegel. Nº 17. 22 de abril de 1964.
- ↑ "Familiengrab Hävernick (R24,132)". Fredriks.de
- ↑ "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
- ↑ "Hävernick, Walter 1905-1983". WorldCat Identities.
- ↑ "Walter Hävernick". Deutsche National Bibliothek.
- ↑ "Hävernick, Walter". Regesta Imperii.
- ↑ 11,0 11,1 "Walter-Hävernick-Preis". Sitio web da NKLBD.
- ↑ "Bernhard Weisser: Laudatio für Angela Berthold, Walter-Hävernick-Preis 2012". Sitio web da NKLBD.
- ↑ "Die Verleihung des Walter-Hävernick-Preises für Numismatik an Angela Berthold". En MünzenWoche. 10 de xaneiro de 2013.
- ↑ "Wienand, Johannes". En Coins Weekly. 5 de decembro de 2019.
- ↑ "Verleihung des Walter-Hävernick-Preises 2013". En NNB 9/13. Páxinas 1-2.
- ↑ "Alexa Küter erhält den Walter-Hävernick-Preises 2014". En MünzenWoche. 31 de xullo de 2014.
- ↑ "Walter-Hävernick-Preis 2015 an Stefan Roth verliehen". Sitio web da NKLBD.
- ↑ "Johannes Nollé: Laudatio zum Walter Hävernick-Preis 2016 für Simone Killen". Sitio web da NKLBD.
- ↑ "Johannes Hartner wird Nachfolger von Michel Alram". En MünzenWoche. 30 de xullo de 2020.
- ↑ "Steinbach, Sebastian". In Coins Weekly. 2 de novembro de 2016.
- ↑ "Walter-Hävernick-Preis 2018". Muenzen-online.com
- ↑ "Ein alter Münz-Schatz in der Michaelskirche: Johannes Peter untersucht Fuldaer Brakteaten". En Fuldaer Zeitung. 26 de xullo de 2020.
- ↑ "Laudatio für den Walter-Hävernick-Preis". Numismatische-kommission.de
- ↑ "Gutachten für den Walter-Hävernick-Preis 2022 der Nachwuchsstiftung der Numismatischen Kommission der Länder in der Bundesrepublik Deutschland e. V. Ehsan Shavarebi". Numismatische-kommission.de
- ↑ "Walter-Hävernick-Preis 2023 Masterarbeit von Samuel Oer de Almeida". Numismatische-kommission.de
- ↑ "David Wigg-Wolf: Laudatio auf Rahel Otte, Walter-Hävernick-Preisträgerin 2023". Numismatische-kommission.de
Véxase tamén
Bibliografía
- Berghaus, P. ; Hatz, G. (eds.). (1965). Dona Numismatica. Walter Hävernick zum 23. Januar 1965 dargebracht. Lütcke & Wulff, Hamburgo.
- Berghaus, P. (1993). "Numismatiker im Porträt: 18. Walter Hävernick 23. Januar 1905 Hamburg - 23. Januar 1983 Hamburg". En Geldgeschichtliche Nachrichten. Nº 156. Páxinas 166-172.
- Hatz, G. (1984). "Walter Hävernick in memoriam (1905-1983)". En Hamburger Beiträge zur Numismatik. 36/38. Páxinas 7-14.
- Hatz, G. (2005). "Walter Hävernick. 1905 - 23. Januar - 1983". En Numismatisches Nachrichtenblatt. Vol. 54. Nº 1. Páxinas 1-2.
- Wiechmann, R. (2019). "Hävernick, Walter". En Kopitzsch, F.; Brietzke, D. (eds.). Hamburgische Biografie. Vol. 7. Wallstein, Hamburgo. Páxinas 126-128. ISBN 978-3-8353-3579-0