Saltar ao contido

Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
Modelo:BiografíaEduardo Rodríguez-Losada Rebellón
Biografía
Nacemento2 de marzo de 1886 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte2 de novembro de 1973 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Lugar de sepulturacemiterio de Santo Amaro da Coruña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor, arquitecto Editar o valor en Wikidata
Familia
ParellaMaría Trulock Bertorini Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1535825 BUSC: rodriguez-losada-rebellon-eduardo-1886-1973


Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón, nado na Coruña o 2 de marzo de 1886 e finado na mesma cidade o 2 de novembro de 1973, foi un arquitecto e compositor galego. Losada constitúe o caso do compositor diletante, cuxo vínculo coa música é vocacional, xa que a súa profesión foi a de arquitecto.

Traxectoria

Era fillo do coronel de artillaría Camilo Rodríguez-Losada y Ozores, fundador das escolas populares de balde da Coruña, e de Felipa Rebellón y Vázquez.[1][2] Estudou arquitectura en Madrid entre 1905 e 1911.[3]

Eduardo Rodríguez-Losada e a súa muller María Trulock.

O 4 de marzo de 1914 foi nomeado arquitecto provincial da Coruña (inicialmente interino[4]), con 3.000 pesetas de soldo[5]. Tamén foi tesoureiro da Sociedade Filharmónica da Coruña[6][7], vogal do Orfeón El Eco[8] e presidente da Asociación de Arquitectos de Galicia[9]. En 1918 deseñou un proxecto de "reforma e ensanche da vila" de Muxía[10]. En 1928 foi nomeado presidente do Emden Foot-ball Club, daquela o segundo club de fútbol máis importante da Coruña[11][12]. O 2 de maio de 1941 foi nomeado Académico de Número da Sección de Arquitectura da Real Academia de Nosa Señora do Rosario e máis tarde, o 28 de novembro de 1954, Académico de Honor[13]. As súas obras orixinais foron doadas polos seus fillos á Real Academia Nuestra Señora del Rosario da Coruña. Tamén se poden atopar copias na Fundación March, na Sociedade de Autores e na Propiedade Intelectual.

Caricatura de Eduardo dirixindo a opera O Mariscal no Teatro Rosalía de Castro, 27 de maio de 1929.

Obra musical

Dada a súa longa vida, o compositor mantivo un particular eclecticismo, que impregna toda a súa produción, na que destaca especialmente o gran formato orquestral, con partituras como El gnomo, cuxo título evoca o poema sinfónico Los gnomos de la Alhambra do Chapí máis alhambrista.

Son especialmente sobranceiras as súas catro sinfonías e o Concerto para piano e orquestra, aínda que se por algún xénero musical é especialmente lembrado ese é o operístico, no que empregou como base argumental lendas e feitos históricos de Galiza. Este é o caso da ópera O Mariscal, drama estreado no Teatro Circo Tamberlick de Vigo en 1929, con texto dos escritores e políticos galegos Antón Villar Ponte e Ramón Cabanillas.

Óperas

Poemas sinfónicos

  • El diablo mundo (ballet; coreográfico. Autógrafo)
  • El miserere (sobre textos de Gustavo Adolfo Bécquer. Autógrafo)
  • Los Caneiros (impresión sinfónica. Autógrafo; 1946). Interpretada o 17 de novembro de 1946 pola Orquestra Sinfónica de Bilbao dirixida por Jesús Arrámbarri no Teatro Buenos Aires de Bilbao.
  • El Gnogmo (sobre unha lenda de Gustavo Adolfo Bécquer. Autógrafo; 1925). Estreado o 8 de maio de 1925 pola Orquestra Sinfónica de Madrid, dirixida por Enrique Fernández Arbos no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.
  • La Santa Compaña (sobre libro de Rey de Viana; autógrafo; existe redución para piano e borrador.

Sinfonías

  • Sinfonía en Sol menor (autógrafo; existe unha transcrición para dous pianos en manuscrito)
  • Sinfonía en La menor (autógrafo, 1949). Estreada o 4 de decembro de 1949 pola Orquestra Municipal da Coruña e dirixida por Rodrigo A. de Santiago no Teatro Rosalía de Castro.
  • Sinfonía en Do menor (autógrafo).
  • Sinfonía en Re menor (autógrafo).
  • Concierto para piano y orquesta en Si bemol (autógrafo). Estreado o 29 de maio de 1955 pola Orquestra Sinfónica Municipal da Coruña e dirixida por Rodrigo A. de Santiago. Pianista Pilar Cruz. No Teatro Rosalía de Castro da Coruña.
Tumba no cemiterio de Santo Amaro

Música de cámara

  • Colección de 9 cuartetos
  • Coleccion de 3 tríos; O nº 1 estreado o 26 de xaneiro de 1948 na Escola Naval da Coruña. Violín: Horacio Rodríguez Nache. Violoncello: José Béjar. Piano: Pilar C. Rodríguez Nache. Violoncello José Béjar e Piano Pilar Cruz.
  • Preludio en Sol mayor para dos violines y piano. Adicado á súa filla Carmen Losada-Trulock
  • 4 sonatas para piano

Gravacións (conservadas no arquivo sonoro de Radio Nacional de España)

  • Trío en Sol menor (2 de febreiro de 1971)
  • Trío en Re menor (3 de decembro de 1969; Intérpretes: Isabel Picaza, Eduardo Hernández Asiaín e Carlos Baena Intérpretes: Isabel Picaza, Eduardo Hernández Asiaín e Carlos Baena)
  • Trío en Do menor (11 de novembro de 1972; Intérpretes: Ana Mª Gorostiaga, Carlos Baena e Eduardo Hernández Asiaín.
  • Cuarteto en Do menor (13 de novembro de 1972)
  • Cuarteto en Sol menor (24 de abril de 1974; Intérpretes: Cuarteto clásico de RTVE)

Obra arquitectónica

Rodríguez-Losada formou con Pedro Mariño e Leoncio Bescansa o grupo de arquitectos que desenvolveron o eclecticismo arquitectónico na cidade da Coruña.[16] Formou parte ademais da sociedade que impulsou a construción da Cidade Xardín, na que proxectou a "Villa Felisa", na que viviu coa súa familia entre 1924 e 1939.[17] Nos últimos anos da súa carreira achegouse ao racionalismo.[3]

Entre os moitos edificios que deseñou na cidade da Coruña destacan o chalé Escudero (1913),[18][19] a casa Cortés[20] (1918),[21] a casa Escariz na praza de Pontevedra (1927)[20] e o colexio notarial (1927-1932).[22] En marzo de 1928 presentou un proxecto para a construción do novo Hospicio Provincial nos terreos da Granxa Experimental da Coruña[23] e en abril de 1929 foi designado polo Concello da Coruña para realizar o "proxecto de execución das obras da praia e plataformas no balneario de Riazor"[24].

Fóra da cidade deseñou o edificio José Carrera en Corcubión[25] (1924).

Vida persoal

Casou en Vilagarcía de Arousa con María Trulock Bertorini o 15 de outubro de 1913[26], coa que tivo dez fillos.

Notas

  1. Tarrío, José M. (1998). "Casamientos en la vieja Coruña". Anuario Brigantino (en castelán) (Betanzos) (21): 151. 
  2. "Documentos para a historia da Educación: Escuelas Populares Gratuitas. Grupo de San Antonio- Niñas (A Coruña)". Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2018. Consultado o 17 de maio de 2017. 
  3. 3,0 3,1 Martínez Suárez & Casabella López 1989, p. 240.
  4. "Comisión provincial". El Eco de Santiago (en castelán) (Santiago). 5-3-1914. p. 2. 
  5. "Crónica regional. Coruña". El Correo de Galicia (en castelán) (Santiago de Compostela). 20-3-1914. p. 2. 
  6. "Sociedad Filarmónica". El Noroeste (en castelán) (A Coruña). 21-3-1916. p. 2. 
  7. "Centros y Sociedades. La Filarmónica". El Orzán (en castelán) (A Coruña). 18-3-1918. p. 1. 
  8. "El Orfeon «El Eco»". El Orzán (en castelán). 30-3-1927. p. 2. 
  9. "Comunicado". El Noroeste (en castelán) (A Coruña). 27-2-1917. p. 2. 
  10. "Crónica local". El Orzán (en castelán) (A Coruña). 21-7-1918. p. 2. 
  11. "La nueva directiva del 'EMDEN'". El Orzán (en castelán) (A Coruña). 29-2-1928. p. 2. 
  12. "La directiva del 'EMDEN F. C.'". El Orzán (en castelán) (A Coruña). 3-3-1928. p. 2. 
  13. Relación Académicos de Honor www.academiagallegabellasartes.org.
  14. "«El monte de las ánimas», una ópera de Rodríguez Losada". El Orzán (en castelán) (A Coruña). 6-3-1927. p. 1. 
  15. "Excursión a Santiago. «El Monte de las Ánimas»". El Orzán (en castelán) (A Coruña). 21-5-1927. p. 1. 
  16. "Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón. Arquitecto". Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2018. Consultado o 17 de maio de 2017. 
  17. "Proyecto Palmera". Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2018. Consultado o 17 de maio de 2017. 
  18. "Los chalés del Camino Nuevo, un recuerdo de los viejos tiempos". Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2016. Consultado o 06 de decembro de 2015. 
  19. Tamén coñecido polos nomes de "Casa Alonso Escudero" e "Palacete de Juan Flórez", pola rúa na que se encontra.
  20. 20,0 20,1 Garrido Moreno, Antonio. La galería gallega: una tipología tradicional en permanente evolución (PDF) (en castelán). Anuario Brigantino. Consultado o 6 de decembro de 2015. 
  21. Casa Cortés
  22. Historia del colegio
  23. "El proyecto del nuevo hospicio". El Orzán (en castelán) (A Coruña). 23-3-1928. p. 2. 
  24. "En el Ayuntamiento. Una sesión interesante. Orden del día". El Orzán (en castelán) (A Coruña). 30-4-1929. p. 1. 
  25. Edificio José Carrera Arquivado 13 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. www.corcubion.info.
  26. "Galicia". El Eco de Santiago (en castelán) (Santiago de Compostela). 16-10-1913. p. 1. 

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas