Cucaita
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Colombia | ||||
Departamentos | Boyacá | ||||
Provincia | Provincia do Centro | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 43,58 km² | ||||
Altitude | 2.650 m | ||||
Creación | 1556 (Gregoriano) | ||||
Páxina web | cucaita-boyaca.gov.co… |
Cucaita é un concello colombiano que se atopa na provincia do Centro, no departamento de Boyacá. Está situado a uns 144 quilómetros da cidade de Bogotá.
Toponimia
O topónimo Cucaita, en muysc cubun (lingua muisca) está formado polos termos cu, «semellanza», ca, «cercado», «fortaleza» ou «mansión rexia do soberano», i, «sombra» e «ta», labranza. En conxunto, este vocábulo significa "Cercado do Seminario".[1][2]
Historia
Na época precolombiana, o territorio do actual municipio estivo habitado polos muiscas, que tiñan alí un dos seus principais "seminarios" de formación para os chyquy (sacerdotes muiscas). Naquel tempo, unha inmensa lagoa ocupaba boa parte do val que se estende entre Cucaita e Samacá. Nas ribeiras de devandita lagoa, asentábanse os cacicados independentes de Saquencipa, Moniquirá e Sáchica. O cacicado de Cucaita estaba situado na beira oriental da desaparecida lagoa. O casarío atopábase un pouco retirado da beira da lagoa, no que hoxe son predios de Chanzos e Cuesta en Medio.
Xeografía
Cucaita sitúase na Cordilleira Oriental, ó nordés do departamento de Boyacá. A súa cabeceira municipal atópase a unha altitude aproximada de 2.650 m s. n. m., cunha temperatura media anual de 14,2 °C.
Cucaita limita polo norte co concello de Sora, polo leste con Tunja, a capital do departamento, polo sur con Tunja e Samacá e polo oeste con Samacá.[1]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 Erro no código da cita: Etiqueta
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nomeAlcaldía
- ↑ (en castelán) Etymology Municipalities Boyacá - Excelsio.net
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cucaita |
Bibliografía
- Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. ISBN 958-9077-02-1
Ligazóns externas
- Páxina oficialArquivado 08 de agosto de 2018 en Wayback Machine. (en inglés)