Illa Wake
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2015.) |
Wake | |
---|---|
Datos | |
País | Estados Unidos de América |
Illa principal | Wake Island |
Linguas | |
Poboación (2015) | 94 hab. |
Superficie | 7´1 km² |
Superficie lagoa | 6 km² |
Nº de illas | 3 |
Coordenadas | 19°17′24″N 166°37′05″L / 19.29000, -166.61806 |
Maior Altura | |
Localización | |
A illa Wake é un atol de tres illas de coral con 6,5 km2, situada no océano Pacífico e administrada polos Estados Unidos. Foi descuberta polos españois en 1568 e permaneceu sen poboación ata 1935 cando a Pan American Airways (PanAm) construíu instalacións para servir como escala nas viaxes á China.
Wake caeu no poder dos xaponeses na segunda guerra mundial. As últimas tropas xaponesas rendéronse o 4 de setembro de 1945. Despois do final da guerra, foi utilizada como base dos Estados Unidos, e dende 1974, como pista de pouso para emerxencias.
Historia
Descubrimento e establecemento
O español Álvaro de Mendaña de Neira coas naves "Os Reyes" e "Todos os santos" descubriuna en 1568, bautizándoa como "Illa de San Francisco". Os británicos visitárona en 1796 e nomeárona en honra ao Capitán William Wake. A mariña estadounidense visitouna en 1841 e nomeou as dúas illas pequenas por Titian R. Peale, un civil, e o Tenente Charles Wilkes, o capitán da nave. Foi anexada polos Estados Unidos o 17 de xaneiro de 1899. En 1935, Pan American Airways construíu unha pequena vila, con sobrenome "PAAville", para asistir os voos na súa ruta Estados Unidos-China. A vila foi o primeiro establecemento humano na illa, e permaneceu en operación ata o día do primeiro bombardeo aéreo xaponés.
Segunda guerra mundial
1941 - A batalla da Illa Wake
En xaneiro de 1941, a mariña dos Estados Unidos construíu unha base militar no atol. O 19 de agosto, a primeira guarnición militar permanente, elementos do 1er Batallón de Defensa Mariña estaban estacionados na illa.
O 8 de decembro de 1941, 16 bombardeiros xaponeses atacaron a Illa Wake, destruíndo 8 dos 12 avións militares alí presentes. Todos os emprazamentos defensivos da guarnición da mariña foron deixados intactos polo ataque, o cal tivo como obxectivo primario a Frota Naval. A guarnición rexeitou o primeiro intento de aterraxe xaponesa (o único intento de invasión anfibia da segunda guerra) e afundiu unha nave xaponesa, o destrutor Hayate, o 11 de decembro de 1941.
O segundo asedio sobre a guarnición estadounidense en Wake chegou sen que puidesen reabastecerse e Wake caeu ante as Forzas Especiais de Aterraxe Xaponesas o 23 de decembro de 1941 (o mesmo día que o xeneral Douglas MacArthur comeza a retirarse desde Manila a Bataan). Henry Talmage Elrod foi condecorado coa Medalla de Honra dos Estados Unidos de xeito póstumo pola súa acción na illa. Os xaponeses capturaron aos homes restantes da illa (os que estaban maioritariamente constituídos por empregados civís da Morrison-Knudsen Company). A historia destes homes foi conmemorada na película de 1942, Wake Island. Unha condecoración militar especial, o 'Emblema da Illa Wake tamén foi creada para honrar a quen pelexaron defendendo a illa.
1942-1945
O 24 de febreiro de 1942, o portaavións USS Enterprise atacou a guarnición xaponesa na Illa Wake. As forzas estadounidenses bombardearon a illa desde 1942 ata a rendición do Xapón en 1945. O 8 de xullo de 1943, Libertadores B-24 en tránsito desde as Illas Midway bombardearon aos xaponeses que permanecían en Wake. George H. W. Bush tivo a súa primeira misión como aviador sobre Wake. Logo, wake foi ocasionalmente bombardeada, pero nunca atacada en masa.
O 7 de outubro de 1943, os avións do USS Yorktown conduciron un ataque extremadamente efectivo. Temendo unha invasión inminente, o Almirante de Retagarda Shigematsu Sakaibara ordenou a execución dos 98 traballadores estadounidenses que foran deixados na illa. Foron levados ao extremo norte da illa cos ollos vendados e alí foron metrallados. Polos seus crimes, Sakaibara e o seu subordinado, o Tenente-Comandante Tachibana foron sentenciados a morte. (a sentenza de Tachibana foi logo cambiada por cadea perpetua)
O 4 de setembro de 1945, o que quedaba da guarnición xaponesa rendeuse ante un destacamento dos United States Marine Corps. O cambio de mando de Wake conduciuse oficialmente nunha apresurada cerimonia.
Posguerra
Subsecuentemente a illa foi usada para defensa e operacións estratéxicas durante a guerra fría. Foi administrada polo Comando de Defensa Espacial e de Mísiles da Armada estadounidense (anteriormente coñecida como Comando de Defensa Espacial e Estratéxica).
Desde 1974, a pista da illa foi usada pola milicia estadounidense e algúns avións de carga comerciais, como tamén para aterraxes de urxencia. Hai máis de 700 aterraxes por ano na illa. Tamén hai dous ancoradoiros próximos á costa para naves grandes.
Cara a 1987 un grupo das Illas Marshall proclamou o non recoñecido Reino de EnenKio, con Murjel Hermios (1987-1998) e Remios Hermios (1998-) como monarcas.
O persoal militar estadounidense abandonou a illa e non hai tampouco habitantes indíxenas. Wake é reclamada pola República das Illas Marshall e aínda quedan algúns civís. Estímase, que en xullo do 2004 había presentes 200 persoas. A illa continúa sendo unha posición estratéxica no Pacífico Norte. Serve como lugar para aterraxes forzosas en voos transpacíficos. Algunhas das construcións da segunda guerra mundial así como cascallos tamén están presentes na illa.