Muíños
Muíños | |
---|---|
Casa consistorial | |
Situación | |
Xentilicio[1] | muiñense (non oficial) |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Comarca | Comarca da Baixa Limia |
Poboación | 1.418 hab. (2024)[2][3] |
Área | 109,7 km²[3] |
Densidade | 12,93 hab./km² |
Entidades de poboación | 12 parroquias[4] |
Política (2015) | |
Alcalde | Plácido Álvarez Dobaño (PPdeG) |
Concelleiros | PPdeG: 7 PSdeG-PSOE: 2 |
Eleccións municipais en Muíños | |
Uso do galego[5] (2011) | |
Galegofalantes | 76,93% |
Na rede | |
www.concellomuinos.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Muíños é un concello do sur da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Baixa Limia. Limita ao norte con Lobeira, Bande e Porqueira, ao leste con Calvos de Randín, ao sur con Portugal e ao oeste con Lobios. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1.622 habitantes (1.821 en 2011, 2.012 en 2003).
Xeografía
O concello, de 109 km², abrangue 12 parroquias. Está a uns 680 metros de altitude, sobre os vales do río Limia (encoro das Conchas) e do río Salas, á beira da fronteira portuguesa. Comparte con este país veciño o Parque Natural Baixa-Limia, na Serra do Xurés.
O nome do concello de Muíños, procede da parroquia de Muíños. A primeira que se relaciona na lista dos novos concellos que se publica no BOPOR, do 14 de xuño de 1836.[6]
Desde 1997, a capitalidade municipal está situada no lugar de Mugueimes, na parroquia de Muíños [7].
Demografía
Censo Total | 1.622 (2014) |
Menores de 15 anos | 77 (4.75 %) |
Entre 15 e 64 anos | 867 (53.45 %) |
Maiores de 65 anos | 678 (41,8 %) |
Evolución da poboación de Muíños Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
4.579 | 4.436 | 4.341 | 4.291 | 1.985 | 1.821 | 1.782 | 1.779 | |||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Turismo
Amais da gandería e da agricultura, de vital importancia en toda a Baixa Limia, Muíños despunta polo turismo, con casas de turismo rural e un albergue á beira do encoro das Conchas a carón da praia fluvial. Alí hai instalacións para practicar deportes acuáticos como o piragüismo ou a vela. Preto deste lugar hai unhas pozas de augas termais.
A primeira fin de semana de agosto celébrase a festa das sopas do burro cansado.
Patrimonio
O inventario do patrimonio histórico e artístico do concello aparece indicado no DOGA, número 134, do 15 de xullo de 1991[8].
- Necrópole do Outeiro de Cavaladre (Requiás ) M1 e M5
- Necrópole de Maus de Salas (Encoro de Salas )
- Anta Casiña da Moura
- Anta Casota do Foxo
- Castro de Taboadela (Barxés)
- Castro de Outeiro de Cela (Mugueimes)
- Castro de San Pedro de Muíños (Muíños)
- Castro de Santa María do Castro (Guntumil)
A vía XVIII que vai dende Braga cara a Astorga, atravesa o concello. No encoro das Conchas está o campamento Aquis Querquennis.
Muíños na literatura popular
- A Virxe da Aparecida/ onde foi aparecer:/ antre Couso e Porqueirós,/ meniñas, vámola ver [9].
- As mociñas, as de Maus,/ cando van ó fiadeiro/ collen ó pai polas barbas:/ curre pra aiquí, meu carneiro! [10].
- Blandeaivos, blandeaivos,/ costureiriñas das Maus,/ blandeaivos, blandeaivos/ de Gustós para Meaus [11].
- O que queira vir, que veña,/ quen queira correr, que corra,/ pra botar un ventureiro/ na festa da Clamadoira [12].
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Muíños.
-
Igrexa parroquial de Santa María de Cados
-
Casiña da Moura no encoro de Santa Baia das Maus de Salas
-
Igrexa parroquial de San Pedro de Muíños
Parroquias
Lugares de Muíños
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Muíños vexa: Lugares de Muíños.
Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2024) "Muíños".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Concello de Muíños, Símbolos
- ↑ Decreto 316/1997, polo que se aproba o cambio de capitalidade do concello de Muíños a Mugueimes (DOG nº 221, 14.11.1997). No decreto explican que a casa consistorial xa estaba situada neste lugar, "desde hai moitos anos", pero sen especificar data.
- ↑ Concello de Muíños (ed.). "Arqueoloxía". Consultado o 18 de novembro de 2013.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 52). Santiago de Couso de Salas e Santo André de Porqueirós son parroquias do concello de Muíños.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 47. Santa Baia das Maus de Salas, parroquia do concello de Muíños.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 53. Blandearse é combarse, alabearse a madeira do piso, dun moble, etc. As Maus de Salas é parroquia do concello de Muíños; Gustós era, segundo Xaquín Lorenzo “un lugarciño preto de Calvos de Randín”, aínda que hoxe non figura no Nomenclátor; e ese Meaus é lugar da parroquia de San Lourenzo de Tosende, no concello de Baltar, que figura no Nomenclátor como As Maus.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 123. O ventoreiro é un tipo de baile semellante á muiñeira. A festa da Clamadoira celébrase o 8 de xullo (segundo Xaquín Lorenzo) e existe unha ermida da Clamadoira en Muíños, próximo ó encoro das Conchas.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Muíños |
Outros artigos
Ligazóns externas
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |