Saltar ao contido

Reno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Reno
Rango fósil: Plistoceno (-620.000)[1] ata Actualidade
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[2]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Familia: Cervidae
Subfamilia: Capreolinae
Xénero: Rangifer
C.H. Smith, 1827
Especie: R. tarandus
Nome binomial
'Rangifer tarandus'
(Linnaeus, 1758)
Hábitat do reno en Norte América e Eurasia
Hábitat do reno en Norte América e Eurasia

Hábitat do reno en Norte América e Eurasia
Subespecies
Sinonimia

Caribú en Norte América

O reno ou rena (Rangifer tarandus), tamén chamado caribú (Rangifer tarandus ssp. caribou) na América do Norte, é un cervídeo de gran porte, característico das rexións árticas do norte do Canadá, Alasca, Rusia, Escandinavia e Islandia. En 1952 reintroduciuse a especie con éxito na Escocia, onde se extinguira no século X. Hai oito subespecies de reno recoñecidas, que corresponden ás poboacións de diferentes áreas.

O reno presenta dimorfismo sexual, sendo os machos de ata 300 kg bastante maiores que as femias. Ambos os sexos teñen galladas, que son máis elaboradas nos machos. A principal fonte de alimentación das renas son liques e herbas rastreiras. Este animais poden, no entanto, comer tamén pequenos paxaros e ovos. O reno ten dentes frontais apenas no maxilar inferior.

O reno é bastante importante na economía das populacións nativas do Ártico como os Inuit e os habitantes da Laponia. Estes pobos domesticaron o reno como fonte de alimento e de peles e animal de tracción. Para alén das mandas domésticas, os renos tamén se cazan nalgúns lugares polos mesmos motivos.

Na cultura popular, a zorra do Papá Noel é tirada por renos.

Notas

  1. Kurtén, Björn (1968). "Pleistocene Mammals of Europe". Transaction Publishers. pp. 170–. ISBN 978-1-4128-4514-4. Consultado o 6 August 2013. 
  2. Henttonen, H. & Tikhonov, A. (2008). "Rangifer tarandus". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o 29 April 2010. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.