Saltar ao contido

Portal:Música/Cabezallo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 5 de outubro de 2017 ás 23:26 por Piquito (conversa | contribucións) (Nova páxina: "{| width="100%" cellpadding="1" cellspacing="1" style="border-style:solid; border-width:2px; border-color:#000000; background-color:white" | valign="top" style="padding: 0; margin...")
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

A música (do grego: μουσική [τέχνη] - mousikē [téchnē], "a arte das musas") é, segundo a definición tradicional do termo, a forma de arte consistente en combinar lóxica e sensibelmente os sons e silencios coa finalidade de crear unha determinada sensación ou emoción no oínte. De todos xeitos, desde hai varias décadas a definición do concepto de "música" volveuse máis complexa, debido a que destacados compositores realizaron experiencias que, se ben son musicais, traspasan os límites da definición desta arte.

A creación, a execución, a importancia e incluso a definición da música varían de acordo coa cultura e o contexto social. A música abarca desde composicións estritamente organizadas, ata a música baseada na improvisación. A música pode dividirse en xéneros e subxéneros, a pesar de que as liñas divisorias e as relacións entre os xéneros son a miúdo moi sutís, ás veces abertas á interpretación individual, e en ocasións polémicas.

A música, como toda manifestación artística, é un produto cultural. Porén, pode utilizarse con intención artística ou mesmo estética, para fins comunicativas, para entretemento, ou con propósitos cerimoniais ou relixiosos, ademais de ser utilizada por moitos compositores exclusivamente como instrumento para o estudo académico.