Saltar ao contido

Vairë

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 3 de maio de 2016 ás 19:45 por BanjoBot 2.0 (conversa | contribucións) (top: Arranxos varios using AWB)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Vairë é un personaxe ficticio do legendarium de J. R. R. Tolkien, que aparece na súa obra O Silmarillion. É unha dos Valar, os seres anxelicais que custodian e gobernan Arda (o mundo no universo de Tolkien). O seu nome quere dicir Tecelá en Quenya.

Vairë é a esposa de Mandos, e a encargada de tecer todos os acontecementos que tiveron lugar desde o comezo dos tempos en forma de redes, que cobren as Estancias de Mandos, en Valinor. Malia ter este destacado papel, Vairë apenas intervén na historia que se conta n'O Silmarillion: Tolkien só a menciona no Valaquenta, onde ofrece unha breve descrición.

Noutras versións do legendarium

[editar | editar a fonte]

Nalgúns dos escritos máis temperáns de Tolkien aparece unha Vairë diferente. En The Book of Lost Tales, era unha Elfa de Tol Eressëa. Ela e máis o seu esposo Lindo cóntanlle ao mariñeiro humano Ælfwine/Eriol as historias que máis tarde se converterían no Quenta Silmarillion.