Saltar ao contido

Envoltura vírica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 25 de abril de 2015 ás 19:54 por Miguelferig (conversa | contribucións)
Esquema dun citomegalovirus, un virus con envoltura.
Saída dun virus don envoltura da célula.
Micrografía do virus da gripe, un virus con envoltura.

A envoltura vírica é unha estrutura que rodea a cápsida vírica típica de moitos virus animais. Só uns poucos virus de plantas e bacteriófagos teñen envoltura. Nos animais a envoltura provén fundamentalmente da membrana plasmática das células do hospedador (ou ás veces da súa membrana nuclear ou de orgánulos); pero esta membrana lipoporteica de orixe celular non é o único compoñente da envoltura, xa que contén tamén glicoproteínas, que se proxectan ao exterior como espículas, que están codificadas no xenoma vírico. Estas espículas son moi importantes como antíxenos ou para a adhesión dos virus ás células. Estes compoñentes proteicos víricos insírense na membrana da célula antes de que o virus se ensamble e despois durante a liberación do virus xa están incorporados á membrana.

Debaixo da envoltura normalmente está a cápsida, per moitos virus entre a envoltura e a cápsida presentan unha matriz proteica cementante (exemplo: Rhabdoviridae).

A envoltura é flexible, pleomórfica (cambia de forma). Ademais, a bicapa lipídica da envoltura é relativamente sensible á desecación, á calor e aos deterxentes, polo que o éter pode usarse para disolver os lípidos, e o virus queda inactivado.

A función principal da envoltura é axudar ao virus a entrar na célula hóspede. As glicoproteínas da superficie serven para identificar e unirse aos puntos receptores na membrana do hóspede. A envoltura vírica fusiónase despois coa membrana da célula, o que permite a entrada da cápsida e do xenoma vírico.

Xeralmente, a célula infectada queda danada pola saída de partículas víricas envoltas e adoita morrer, outras veces queda debilitada e pode seguir liberando virus durante un período longo.

Nalgúns virus teñen envolturas con varias membranas, que lles proporcionan protección (por exemplo, poxvirus).

Exemplos de virus envoltos

Os seguintes son grupos de virus envoltos que son patóxenos para os humanos:

Virus de ADN

Virus de ARN

Retrovirus

Notas

  1. "The Rabies Virus". CDC. Consultado o 2008-11-07.