Saltar ao contido

Reno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 14 de xuño de 2014 ás 18:40 por 83.165.33.109 (conversa)
Reno
Rango fósil: Plistoceno (-620.000)[1] ata Actualidade
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[2]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Familia: Cervidae
Subfamilia: Capreolinae
Xénero: ''Rangifer''
C.H. Smith, 1827
Especie: ''R. tarandus''
Nome binomial
'Rangifer tarandus'
(Linnaeus, 1758)
Hábitat do reno en Norte América e Eurasia
Hábitat do reno en Norte América e Eurasia

Hábitat do reno en Norte América e Eurasia
Subespecies
Sinonimia

Caribú en Norte América

O reno ou rena, tamén chamado caribú na América do Norte, é un cervídeo de gran porte, característico das rexións árticas do norte do Canadá, Alasca, Rusia, Escandinavia e Islandia. En 1952 reintroduciuse a especie con éxito na Escocia, onde se extinguira no século X. Hai oito subespecies de reno recoñecidas, que corresponden ás poboacións de diferentes áreas.

O reno presenta dimorfismo sexual, sendo os machos de ata 300 kg bastante maiores que as femias. Ambos os sexos teñen galladas, que son máis elaboradas nos machos. A principal fonte de alimentación das renas son liques e herbas rastreiras. Este animais poden, no entanto, comer tamén pequenos paxaros e ovos. O reno ten dentes frontais apenas no maxilar inferior.

O reno é bastante importante na economía das populacións nativas do Ártico como os Inuit e os habitantes da Laponia. Estes pobos domesticaron o reno como fonte de alimento e de peles e animal de tracción. Para alén das manadas domésticas, os renos tamén se cazan nalgúns lugares polos mesmos motivos.

Na cultura popular, a zorra do Papá Noel é tirada por renos.

Notas

  1. Kurtén, Björn (1968). "Pleistocene Mammals of Europe". Transaction Publishers. pp. 170–. ISBN 978-1-4128-4514-4. Consultado o 6 August 2013. 
  2. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome IUCN

Modelo:Ligazón AD Modelo:Ligazón AB Modelo:Ligazón AB