Ulema
Ulema (علماء) é a comunidade de estudantes legais do Islam e da Sharia. A Súa organización e poderes pode cambiar segundo á comunidade musulmá á que pertenzan. Anque a palabra ulema é singular en castelán, en árabe é plural (ʿulamā'), sendo o seu singular ʿalīm.
Os ulemas son sobre todo poderosos no Islam xií, onde o seu papel está institucionalizado, pero están subordinados aos herdeiros de Alí, e á xerarquía dos muláns. Na maioría de países son meras figuras do poder local.
Os Talibáns de Afganistán eran na súa maior parte ulemas que acadaron o poder durante o caos que seguiu á guerra de Afganistán coa Unión Soviética. O máis famoso deles foi o Mullah Omar, que pasou directamente de dirixir unha pequena aldea a dirixir o país enteiro nunha dictadura.