Basilicata
Modelo:Primeira entidade subestatal
Basilicata, tamén chamada Lucania, é unha rexión da Italia meridional con perto de 600.000 habitantes. A capital da rexión é Potenza. Basilicata limita ao sueste co mar Xónico (Golfo de Taranto), ao leste coa Puglia, ao oeste coa [[Campania], ao suroeste co mar Tirreno e ao sur coa Calabria. As cidades principais son Potenza, e Matera (capital da súa provincia), Pisticci, Melfi e Policoro.
Xeografía
O territorio de Basilicata é prevalentemente montañoso (46,8%). O cumios principais do Apenino Lucano son: Pollino 2248 m), Sirino (2007 m), Papa (2000 m), Volturino (1836 m) e Serranetta (1472 m). Na área noroccidental da rexión está presente un volcán inactivo, o monte Vulture. Os outeiros ocupan o 45,13% e as chairas só o 1,8%, sendo a maior a chaira de Metaponto que ocupa a parte meridional da rexión ao longo da costa xónica. Os ríos lucanos son de tipo torrencial, destacando o Bradano, o Basento, o Agri, o Sinni e o Cavone. Entre os lagos, o de Monticchio ten orixe volcánica, mentres que os de Pietra del Pertusillo, San Giulano e Monte Cotugno foron construídos artificialmente para consumo humano e regadíos. As costas do litoral xónico son baixas e areosas, mentres as do litoral tirrénico son altas e rochosas. O clima é de tipo mediterráneo nas costas e continental nas zonas de montaña.
Poboación
A Basilicata divídese en dúas provincias: Potenza e Matera. Os principais núcleos de poboación da Basilicata son:
Posición | Concello | Poboación |
---|---|---|
1° | Potenza | 68.252 |
2° | Matera | 59.738 |
3° | Pisticci (Mt) | 17.810 |
4° | Melfi (Pz) | 17.191 |
5° | Policoro (Mt) | 15.653 |
6° | Lavello (Pz) | 13.672 |
7° | Lauria (Pz) | 13.561 |
8° | Rionero in Vulture (Pz) | 13.413 |
9° | Bernalda (Mt) | 12.183 |
10° | Venosa (Pz) | 12.093 |
11° | Avigliano(Pz) | 12.055 |
12° | Montescaglioso (Mt) | 10.043 |