Saltar ao contido

Identidade sexual: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.9.2
Liña 44: Liña 44:
*[https://web.archive.org/web/20071012125403/http://disforiadegenero.org/modules.php?name=News&file=article&sid=234 Las Muxes de Juchitlan] un documental acerca dunha comunidade en Oaxaca, México onde o transexualismo é aceptado.
*[https://web.archive.org/web/20071012125403/http://disforiadegenero.org/modules.php?name=News&file=article&sid=234 Las Muxes de Juchitlan] un documental acerca dunha comunidade en Oaxaca, México onde o transexualismo é aceptado.
*[http://www.transexualia.org Asociación Española de Transexuais]
*[http://www.transexualia.org Asociación Española de Transexuais]
*[http://www.colegaweb.org COLEGA] - Federación Española de Asociacións de Lesbianas, Gays, Bisexuais e Transexuais.
*[http://www.colegaweb.org COLEGA] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20090510014124/http://www.colegaweb.org/ |date=10 de maio de 2009 }} - Federación Española de Asociacións de Lesbianas, Gays, Bisexuais e Transexuais.
*[http://www.sinver.org SIN VERGÜENZA]{{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20201124003612/https://www.sinver.org/ |date=24 de novembro de 2020 }} - Asociación universitaria SIN VERGÜENZA
*[http://www.sinver.org SIN VERGÜENZA]{{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20201124003612/https://www.sinver.org/ |date=24 de novembro de 2020 }} - Asociación universitaria SIN VERGÜENZA
*[http://www.pari-t.com Plata-Forma de Acción, Reconesencia, Identitaria, transxénera(o)]
*[http://www.pari-t.com Plata-Forma de Acción, Reconesencia, Identitaria, transxénera(o)]

Revisión como estaba o 28 de decembro de 2022 ás 18:40

  

A identidade sexual é a suma das dimensións biolóxicas e da conciencia dun individuo que lle permiten recoñecer a pertenza a un sexo ou outro, é dicir, ser home ou muller.

Formación da identidade

A formación da identidade sexual é un proceso complexo que comeza na concepción, pero que se volve clave durante o proceso de xestación e ata en experiencias vitais tralo nacemento. Existen moitos factores e bastantes combinacións dos mesmos que poden levar á confusión, pero a tradición na maioría das sociedades insiste en catalogar cada individuo pola aparencia dos seus xenitais. Por esta razón xorden moitos conflitos en persoas que nacen con trazos intersexuais.

Se, por exemplo, socialmente asígnaselle a unha persoa a identidade sexual dun home, pero os seus xenitais son femininos, esta persoa pode experimentar o que se veu a chamar disforia de xénero, é dicir unha profunda inconformodidade co rol de xénero que lle toca vivir.

Algúns estudos indican que a identidade sexual fíxase na infancia temperá (non máis aló dos 2 ou 3 anos) e a partir de entón é inmutable. Esta conclusión obtense xeralmente preguntando a persoas transexuais cando se decataron por primeira vez que a identidade sexual que lles asignou a sociedade non se corresponde coa identidade sexual coa que se identifican.

Conflitos coa identidade sexual

Moitas persoas que nacen con combinacións de trazos dos dous sexos, é dicir, enfróntanse a complicacións cando a sociedade mófase ou escandaliza do seu físico -o que adoita acontece coas persoas intersexuais- ou insiste en que asignar a un individuo un sexo co que non se identifica -o que adoita acontecer entre as persoas transexuais.

No caso das persoas transexuais, os seus problemas adoitan reducirse cando poden pasar polo proceso de reasignación de sexo, no cal inclúese a cirurxía de reasignación sexual, mal chamada "operación de mudanza de sexo".

Doutra banda, a identidade sexual adoita intentar diferenciarse da orientación sexual, na que poden darse individuos heterosexuais, homosexuais, bisexuais e asexuais. De igual xeito ca orientación sexual, a identidade sexual non se pode elixir.

Equivocamente, hai persoas que definen a transexualidade cunha homosexualidade extrema; é dicir, segundo estas persoas, unha persoa transexual ama tanto ao outro sexo que acaba identificándose con el.

Con todo, investigacións en sexoloxía da Universidade Libre de Ámsterdan apuntan que a identidade e a orientación sexual son feitos absolutamente diferentes, polo que poden darse persoas transexuais con diferentes orientacións sexuais. De feito, hai estudos que indican que máis dun 30% da poboación transexual é homosexual ou bisexual, moi por riba do 5% ao 10%, porcentaxe que adoita darse na poboación non transexual.

En relación coa identidade sexual tamén se adoita falar da identidade de xénero ou rol de xénero, é dicir, a asunción e manifestación do que se sente baseado nunhas normas sociais.

Sexismo e discriminación

Probablemente hai tantas formas de entender a identidade sexual e a de xénero como humanos existen, con todo as sociedades tenden a clasificar en compartimentos inamovibles aos individuos e a asignarlles roles ás veces moi reducidos.

Este etnocentrismo ponse de manifesto ao observar que nalgunhas sociedades existen outras clases de roles sociais; por exemplo, os Hijra da India son persoas intersexuais e dentro da súa cultura considéraselles "o terceiro sexo".

Ás veces a fronteira entre a identidade sexual e a identidade de xénero non se amosa moi clara. Neste punto, a teoría Queer rexeita a categorización do individuo en categorías universais como "homosexual", "heterosexual", "home" ou "muller". Segundo esta teoría, a orientación sexual e a identidade sexual das persoas son o resultado dunha construción social. De ser así non existirían papeis sexuais esencial ou biolóxicamente inscritos na natureza humana.

O sexismo contra transexuais tamén foi identificado en datas recentes e aínda non foi incluído no discurso público. Tradicionalmente, viuse a transexualidade como un problema psicolóxico ligado a un trastorno de identidade de xénero. Con todo, recentes investigacións médicas sobre cerebros de transexuais indican que a composición destes amosa a miúdo a composición do sexo co que se identifica o individuo en lugar da do sexo de nacemento. Isto apoia a teoría de que o cerebro dun individuo pode desenvolverse nun sentido diferente ao dos seus xenitais, polo que a transexualidade é de orixe innata e non psicolóxica. A investigación tamén apoia as expresións «home atrapado no corpo dunha muller» e «muller atrapada no corpo du home».

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas