Saltar ao contido

Barbados: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m nova clave para a Categoría:Barbados: " " mediante HotCat
Xanetas (conversa | contribucións)
Liña 12: Liña 12:
| cidade_principal = [[Bridgetown]]
| cidade_principal = [[Bridgetown]]
| idiomas = [[Lingua inglesa|Inglés]], [[Lingua bajan|bajan]]{{Infobox ref|1}}
| idiomas = [[Lingua inglesa|Inglés]], [[Lingua bajan|bajan]]{{Infobox ref|1}}
| goberno = [[Monarquía na Mancomunidade Británica de Nacións|Monarquía constitucional]]
| goberno = [[Reinos da Commonwealth de Nacións|Monarquía constitucional]]
| dirixentes_títulos = [[Xefe de Estado]]<br />[[Lista de gobernadores xerais de Barbados|Gobernador Xeral]]<br />[[Primeiro Ministro de Barbados|Primeiro Ministro]]
| dirixentes_títulos = [[Xefe de Estado]]<br />[[Lista de gobernadores xerais de Barbados|Gobernador Xeral]]<br />[[Primeiro Ministro de Barbados|Primeiro Ministro]]
| dirixentes_nomes = S.M. [[Isabel II do Reino Unido|Isabel II]]<br />[[Sandra Mason]]<br />[[Mia Mottley]]
| dirixentes_nomes = S.M. [[Isabel II do Reino Unido|Isabel II]]<br />[[Sandra Mason]]<br />[[Mia Mottley]]
Liña 79: Liña 79:
[[Ficheiro:Bridgetown barbados parliament building.jpg|miniatura|Edificio do Parlamento na capital]]
[[Ficheiro:Bridgetown barbados parliament building.jpg|miniatura|Edificio do Parlamento na capital]]


[[Isabel II do Reino Unido|Isabel II]] é recoñecida como a Raíña de Barbados, e a súa [[Xefe de Estado]], estando representada por un [[Lista de gobernadores xerais de Barbados|Gobernador Xeral]]. En Barbados o título que leva a Raíña é o de: "Pola Graza de Deus, Raíña de Barbados e dos seus outros Reinos e Territorios, Xefe da Commonwealth". O actual goberno propón que Barbados se constitúa como unha república dentro da [[Commonwealth de Nacións|Commonwealth]] cun presidente honorífico substituíndo á Raíña.
Barbados é un país membro da [[Commonwealth de Nacións]], polo que [[Isabel II do Reino Unido|Isabel II]] é a Raíña de Barbados, e a súa [[Xefe de Estado|Xefa de Estado]], estando representada por un [[Lista de gobernadores xerais de Barbados|Gobernador Xeral]]. En Barbados o título que leva a Raíña é o de: "Pola Graza de Deus, Raíña de Barbados e dos seus outros Reinos e Territorios, Xefe da Commonwealth". O actual goberno propón que Barbados se constitúa como unha república dentro da [[Commonwealth de Nacións|Commonwealth]] cun presidente honorífico substituíndo á Raíña.


O poder executivo descansa no Primeiro Ministro e o seu gabinete. O Primeiro Ministro é normalmente o líder do partido gañador das eleccións para a Asemblea, que é a Cámara Baixa do Parlamento e ten 28 escanos que son renovados cada cinco anos. O Senado ten 21 membros elixidos polo Gobernador Xeral.
O poder executivo descansa no Primeiro Ministro e o seu gabinete. O Primeiro Ministro é normalmente o líder do partido gañador das eleccións para a Asemblea, que é a Cámara Baixa do Parlamento e ten 28 escanos que son renovados cada cinco anos. O Senado ten 21 membros elixidos polo Gobernador Xeral.

Revisión como estaba o 25 de xaneiro de 2019 ás 18:13

Modelo:País Barbados é unha illa nación situada no océano Atlántico que forma parte da rexión do Caribe. É unha das Antillas Menores. Durante máis de tres séculos de Barbados estivo baixo o dominio británico e, aínda hoxe en día, mantén a Raíña Isabel II como Xefe de Estado. A súa capital é Bridgetown.

Os seus veciños máis próximos son as illas San Vicente e as Granadinas e Santa Lucía cara ao oeste e Trinidad e Tobago, país co que agora comparte unha fronteira marítima fixa oficial, e América do Sur cara o sur. A superficie total do estado é de 431 quilómetros cadrados, principalmente de baixa altitude, con algunhas zonas máis altas cara o interior da illa, sendo o punto máis alto o Monte Hillaby (336 msnm).

A composición xeolóxica de Barbados é de orixe non-volcánica, estando na súa maioría composta de pedra calcaria de coral. A illa ten un clima tropical, con ventos alisios do Océano Atlántico constantes, que serven para manter unhas temperaturas suaves. Algunhas zonas menos desenvolvidas do país están constituídas por bosques tropicais e mangleiral. Outras partes do interior do país contribúen á industria agrícola, salpicadas con grandes leiras de cana de azucre e pastos de pendentes suaves.

O posto de Barbados na clasificación do Índice de Desenvolvemento Humano é constante entre os 75 primeiros países do mundo, chegando, por exemplo, en 2006 a ocupar o posto 31, sendo o terceiro posto do continente americano, despois do Canadá e os Estados Unidos.

Historia

Os primeiros habitantes de Barbados eran amerindios nómades. Ao longo do tempo tres ondas de inmigrantes trasladáronse cara ao norte camiño de América do Norte. A primeira estaba integrada por un grupo de agricultores, pescadores e ceramistas que chegaron en canoa dende o val do Orinoco, en Venezuela, ao redor do ano 350. Os pobos arauacos foron o segundo grupo que migrou dende o continente suramericano no ano 800, sendo asentamentos destes pobos na illa a punta Stroud, a baía de Chandler, a veiga de Saint Luke, e a cova de Mapp. De acordo cos relatos contados polos descendentes das tribos aborixes arauacas, noutras illas da zona, o nome orixinal de Barbados foi Ichirouganaim. No século XIII, os caribes chegaron dende América do Sur nunha terceira onda de inmigrantes, desprazando aos dous anteriores pobos da illa e vivindo illados nela así como fixeran os dous pobos anteriores.

Os portugueses, en ruta cara o Brasil, son os primeiros europeos que chegaron á illa. O nome de Barbados probable que proveña do explorador Pedro Campos, que en 1536 chamouna Os Barbados. O nome vénlle á illa pola aparencia das figueiras que hai nela, xa que teñen longas raíces aéreas colgando e lle lembraban a unha especie de barbas. Despois das observacións de Campos entre 1536 e 1550, os conquistadores españois capturaron moitos caribes e utilizáronos como escravos en plantacións, o resto deles puideron fuxir da illa con distintos destinos.

Estatua de Horatio Nelson na Praza dos Heroes Nacionais, en Bridgetown

Máis tarde os mariños ingleses chegaron a Barbados, concretamente na década de 1620 desembarcando na actual Holetown, mais atoparon a illa deshabitada. Dende a chegada dos primeiros colonos británicos entre 1627 e 1628 até a súa independencia en 1966, Barbados estivo ininterrompidamente baixo control británico. Con todo, a illa sempre gozou dunha grande autonomía local: a súa asemblea comezou a funcionar en 1639. Entre a primeiras figuras ilustres da mesma cabe destacar a Sir William Courten.

A industria do azucre desenvolveuse moi rápido en Barbados, e a illa dividiuse en grandes plantacións que substituíron ás pequenas propiedades dos primeiros colonos británicos. Algúns dos granxeiros desprazados pola agrupación de terras fundaron novas colonias inglesas en América do Norte, sobre todo en Carolina do Sur. Para traballar as plantacións, escravos procedentes do oeste de África foron transportados en barco ata Barbados e outras illas caribeñas. O comercio de escravos cesou en 1804. En 1834 o escravismo foi abolido no Imperio Británico, aínda que en Barbados e no resto das colonias das Indias Occidentais Británicas, existiu unha moratoria doutros seis anos máis.

Os políticos locais estiveron dominados polos terratenentes e comerciantes descendentes de británicos. Non foi até a década de 1930, cando un movemento polos dereitos políticos comezou a arraigar entre os descendentes dos escravos emancipados. Un dos líderes deste movemento, Sir Grantley Adams, fundou o Partido Laborista de Barbados en 1938.

Novos progresos cara a un goberno máis democrático de Barbados tiveron lugar en 1951 cando se introduciu o sufraxio universal na illa. Isto foi seguido de avances políticos encamiñados a alcanzar o autogoberno, acadando en 1961 a autonomía interna.

Dende 1958 até 1962, Barbados foi un dos dez membros da Federación das Indias Occidentais, sendo Sir Grantley Adams o seu primeiro e único Primeiro Ministro. Cando a Federación se disolveu, volveu ao seu status de colonia autogobernada. A esta situación seguiron varios intentos de formar outra federación entre Barbados e as Illas de Barlovento e Sotavento que non culminaron, polo que Barbados negociou a súa propia independencia do Reino Unido nunha conferencia constitucional en xuño de 1966, acadando a súa independencia como estado membro da Commonwealth o 30 de novembro de 1966.

Goberno e Política

Edificio do Parlamento na capital

Barbados é un país membro da Commonwealth de Nacións, polo que Isabel II é a Raíña de Barbados, e a súa Xefa de Estado, estando representada por un Gobernador Xeral. En Barbados o título que leva a Raíña é o de: "Pola Graza de Deus, Raíña de Barbados e dos seus outros Reinos e Territorios, Xefe da Commonwealth". O actual goberno propón que Barbados se constitúa como unha república dentro da Commonwealth cun presidente honorífico substituíndo á Raíña.

O poder executivo descansa no Primeiro Ministro e o seu gabinete. O Primeiro Ministro é normalmente o líder do partido gañador das eleccións para a Asemblea, que é a Cámara Baixa do Parlamento e ten 28 escanos que son renovados cada cinco anos. O Senado ten 21 membros elixidos polo Gobernador Xeral.

Barbados é membro de pleno dereito na Comunidade Caribeña ou CARICOM.

Organización político-administrativa

Barbados está dividido administrativamente en once parroquias que deben o seu nome á relixión anglicana dos colonos ingleses. Ademais a capital da nación, Bridgetown, que está situada dentro da parroquia de Saint Michael é posible que poida formar nun futuro a súa propia parroquia.

  1. Christ Church.
  2. Saint Andrew.
  3. Saint George.
  4. Saint James.
  5. Saint John.
  6. Saint Joseph.
  7. Saint Lucy.
  8. Saint Michael.
  9. Saint Peter.
  10. Saint Philip.
  11. Saint Thomas.

Saint George e Saint Thomas son as únicas parroquias que non teñen contacto coa mar.

Xeografía

Praia de Barbados
Mapa da Illa

Barbados é a illa máis oriental do Caribe, 34 km de longo e 23 km de ancho. Considérase relativamente plana, en comparación cos seus veciños insulares nas Illas de Barlovento. A illa elévase suavemente cara ao altiplano central, sendo o punto culminante do país está o Monte Hillaby con 336 msnm. A illa está situada no Océano Atlántico, ao leste das demais illas das Indias Occidentais. Con respecto á xeoloxía da illa, o chan está composto practicamente de coral (de 90 m de potencia). A terra cae nunha serie de "socalcos" no oeste e entra nun plano inclinado no leste. Gran parte do país está rodeada por arrecifes de coral.

Na parroquia de Saint Michael atópase de a capital de Barbados e principal cidade, Bridgetown, sendo outras cidades importantes Holetown, na parroquia de Saint James; Oistins, na parroquia de Christ Church.; e Speightstown, na parroquia de Saint Peter.

Membros da industria privada de Barbados propuxeron ao goberno unha idea para a creación de dúas pequenas illas artificiais que estarían ancoradas na costa oeste da illa. A primeira das illas sería de arredor de 1 km2 e estaría principalmente adicada ao turismo e a segunda de 0,2 km2, servindo de parque nacional. Ambas as illas estarían situadas preto do Porto de Deep Water, en Bridgetown. unha curta distancia do Porto de Deep Water en Bridgetown.[1]

O clima é tropical, cunha estación de choivas de xuño a outubro. Aínda que un poida crer que a illa soporta severas tormentas e furacáns tropicais durante esta estación de choivas, realmente isto non é así. A illa é alcanzada de cerca por algún destes furacáns cunha media de 3,09 anos e sopórtao de cheo cada 26,6. O último gran furacán que causou graves danos na illa foi o Janet en 1955. As precipitacións anuais oscilan entre os 1 000 e 2 300 mm.

Economía

Artigo principal: Economía de Barbados.

A economía tradicional barbadense baseábase na produción de azucre, principal materia de exportación. Coa explosión do turismo, produciuse unha reorientación da actividade. Agora mantén un sistema moi dependente de Estados Unidos e Europa que son os lugares de procedencia da maioría dos turistas, o que debilita a súa economía nos períodos de contención nos países de orixe. Na actualidade diversificou parcialmente a súa economía con algo de industria lixeira. É así mesmo sede de importantes empresas, sobre todo financeiras, dado o alto nivel de protección do segredo bancario que ofrece e os baixos impostos que soportan. Está considerado pola comunidade internacional coma un paraíso fiscal.

Demografía

Crecemento da poboación dende 1961 (en miles de habitantes)

Barbados conta cunha poboación de 280 946 (2007), dos cales ao redor do 90,0% son de orixe africana, o 4,0% europeos (ingleses, irlandeses e outros) e o 6,0% restante asiáticos e multirraciais (mulatos). O idioma oficial é o inglés, e o dialecto local bajan está recoñecido como lingua rexionais protexida e é falado pola meirande parte da poboación. A esperanza de vida é de 73,0 anos e a media de fillos por muller é de 1,65, sendo a taxa de crecemento da poboación do 0,36% anual. O 99,7% da poboación está alfabetizada.[2]

En canto á relixión, a maioría dos barbadenses son cristiás (67%), principalmente da Igrexa anglicana, mais tamén hai protestantes, católicos, Testemuñas de Xehová, hindis, musulmáns, xudeus e algunhas outras minorías. Barbados é un dos principais destino de emigrantes da nación suramericana da Güiana.

Cultura

Rihanna, un dos barbadenses máis coñecidos
Partido de críquet

A influencia británica é máis evidente en Barbados que no resto de illas do Caribe. Un bo exemplo diso é que o deporte nacional é o críquet, tendo dado a illa xogadores de renome neste deporte como Garfield Sobers e Frank Worrell.

Os seus habitantes refírense a eles mesmos como Bajans. Este termo parece provir dunha mala pronuncia do xentilicio en inglés Barbadian como Bar-bajan quedando finalmente en Bajan.

Existen dúas festividades de interese cultural e turístico que se celebran na illa como son: o Congaline Festival e o Crop Over Festival. Como ocorre noutros países do Caribe e de Latinoamérica o entroido é unha celebración moi importante do calendario. O Congaline Festival ten lugar durante a última semana de marzo e é o menos relevante dos dous. O Crop Over Festival inclúe competicións musicais, actividades tradicionais e adoita celebrarse desde o principio de xullo ata a primeira semana de agosto terminando cun gran desfile. O persoeiro barbadense máis destacado a nivel internacional é probablemente a cantante Rihanna.

Barbados mantén unha forte influencia británica e é chamado polos seus veciños "Pequeña Inglaterra".

Deporte

Ao igual que noutros países do Caribe de ascendencia británica, o críquet é o deporte máis popular. Ademais de varios encontros amigábeis e até seis partidos do "Super Eight" partidos, Barbados acolleu a final da Copa Mundial de Críquet de 2007. Ademais moitos grandes xogdores naceron na illa como Sir Garfield Sobers, Sir Frank Worrell, Joel Garner ou Sir Clyde Walcott. Tamén da illa é Obadele Thompson, a única velocista de clase mundial do país, que gañou unha medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Sidney 2000 na proba de 100 metros lisos.

En golf, o Aberto de Barbados é un alto do European Seniors Tour. Ademais en decembro de 2006 a Copa do Mundo de Golf tivo lugar en Barbados.

O Automobilismo tamén desempeña un papel importante co Rally de Barbados, celebrado cada verán e que actualmente forma parte do calendario da FIA NACAM. O baloncesto é tamén un deporte moi popular, sobre todo na escola e as universidade, e que está a aumentar en popularidade, ao igual que o voleibol. Nalgunhas praias como a de Brandons en Saint Michael moita xente se reúne para xogar ao volei-praia.

Outros deportes que se practican inclúen o hoquei, tenis de mesa, fútbol, rugby, polo e natación. O Netball é tamén popular entre as mulleres de Barbados.

Festivos

Data Nome en galego Nome local
1 de xaneiro Confraternización Universal New Year's Day
21 de xaneiro Día de Errol Barrow Errol Barrow Day
Variable Venres, Paixón de Cristo Good Friday
Variable Pascua Easter Monday
28 de abril Día dos Heroes Nacionais National Heroes Day
1 de maio Día do Traballo Labour Day
Variable Pentecoste “Whit Monday”
2 de agosto Carnaval barbadense “Kadooment Day”
3 de agosto Día da Emancipación Emancipation Day
30 de novembro Día da Independencia Independence Day
25 de decembro Nadal Christmas Day
27 de decembro Confraternización de Nadal Boxing Day

Turismo

A illa de Barbados ten un único aeroporto importante, o Aeroporto Internacional Grantley Adams (GAIA), cuxa identificación IATA é BGI. Este aeroporto recibe diariamente voos de varias importantes compañías de todos os puntos do mundo, así como voos rexionais e charters. É o centro máis importante de transporte aéreo do Caribe oriental e na actualidade está sendo remodelado e ampliado.

A illa está ben desenvolvida, dispón de bos hoteis, apartamentos de tempo compartido etc. As costas sur e oeste de Barbados son moi populares pola claridade das súas augas e a cor branca e rosado das areas das súas praias. Ao longo da costa este, bañada polo Océano Atlántico, existen lugares propicios para a práctica do surf.

As zonas comerciais son outro dos atractivos de Barbados, cunha ampla variedade de comercios libres de impostos. Existe a posibilidade de saír de noite na maioría das zonas turísticas como en Saint Lawrence Gap. Outras atraccións inclúen reservas de vida salvaxe, xoierías, pesca submarina, paseos en helicóptero, golf, festivais, excursionismo, exploración de cavernas etc.

Atraccións, edificios importantes e lugares de interese

- Parroquia de Christ Church

- Parroquia de St. Andrew

- Parroquia de St. James

- Parroquia de St. Joseph

- Parroquia de St. Lucy

- Parroquia de St. Michael

- Parroquia de St. Peter

- Parroquia de St. Philip

- Parroquia de St. Thomas

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas