Gorila: Diferenzas entre revisións
m Bot: Cambio o modelo: Cite book |
m Bot: Cambio o modelo: Citar web |
||
Liña 27: | Liña 27: | ||
*''Pseudogorilla'' <small>Elliot, 1913</small> |
*''Pseudogorilla'' <small>Elliot, 1913</small> |
||
}} |
}} |
||
Os '''gorilas''' constitúense como o [[epónimo]] do [[genus]] ''Gorilla'', sendo os maiores [[primates]] existentes por tamaño. Son animais [[herbívoro]]s que habitan as [[selva tropical|selvas tropicais]] de [[África central]]. O [[xénero (bioloxía)|xénero]] está dividido en dúas [[especie]]s, e de catro a cinco [[subespecie]]s segundo os [[zooloxía|zoólogos]]. O [[ADN]] dos gorilas é moi semellante a o do [[ser humano]], cunha coincidencia do 95–99%. Isto fai dos gorilas un dos primates vivos máis próximos do ser humano, despois dos [[bonobo]]s e os [[chimpancé común|chimpancés]].<ref>In a talk presented at the Annual Meeting of the American Anthropological Association on November 20, 1999, Jonathan Marks stated: "Humans, chimpanzees, and gorillas are within two percentage points of one another genetically." {{ |
Os '''gorilas''' constitúense como o [[epónimo]] do [[genus]] ''Gorilla'', sendo os maiores [[primates]] existentes por tamaño. Son animais [[herbívoro]]s que habitan as [[selva tropical|selvas tropicais]] de [[África central]]. O [[xénero (bioloxía)|xénero]] está dividido en dúas [[especie]]s, e de catro a cinco [[subespecie]]s segundo os [[zooloxía|zoólogos]]. O [[ADN]] dos gorilas é moi semellante a o do [[ser humano]], cunha coincidencia do 95–99%. Isto fai dos gorilas un dos primates vivos máis próximos do ser humano, despois dos [[bonobo]]s e os [[chimpancé común|chimpancés]].<ref>In a talk presented at the Annual Meeting of the American Anthropological Association on November 20, 1999, Jonathan Marks stated: "Humans, chimpanzees, and gorillas are within two percentage points of one another genetically." {{Cita web | url=http://personal.uncc.edu/jmarks/interests/aaa/marksaaa99.htm | título=What It Really Means To Be 99% Chimpanzee | lingua= inglés | data=10 de outubro de 2006}}</ref>. |
||
O hábitat natural dos gorilas é o [[bosque chuvioso]] de zonas tropicais e subtropicais. Malia que a súa área de distribución abrangue unha pequena porcentaxe de [[África]], os gorilas distribúense nunha gran variedade de [[altitude]]s. Os [[gorila de montaña|gorilas de montaña]] habitan bosques entre os 2.225 e os 4.267 m, mentres que pola súa banda, o [[gorila do occidente]] mora en selvas densas e pantanos das terras baixas até o [[nivel do mar]]. |
O hábitat natural dos gorilas é o [[bosque chuvioso]] de zonas tropicais e subtropicais. Malia que a súa área de distribución abrangue unha pequena porcentaxe de [[África]], os gorilas distribúense nunha gran variedade de [[altitude]]s. Os [[gorila de montaña|gorilas de montaña]] habitan bosques entre os 2.225 e os 4.267 m, mentres que pola súa banda, o [[gorila do occidente]] mora en selvas densas e pantanos das terras baixas até o [[nivel do mar]]. |
Revisión como estaba o 7 de xuño de 2015 ás 20:51
Gorila | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho adulto de gorila do occidente. . (Gorilla gorilla) | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||
'Troglodytes gorilla' (Savage, 1847) | |||||||||||||||||||
Área de distribución dos gorilas. En cor laranxa o gorila do occidente e en cor amarela o gorila do oriente.
| |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
Os gorilas constitúense como o epónimo do genus Gorilla, sendo os maiores primates existentes por tamaño. Son animais herbívoros que habitan as selvas tropicais de África central. O xénero está dividido en dúas especies, e de catro a cinco subespecies segundo os zoólogos. O ADN dos gorilas é moi semellante a o do ser humano, cunha coincidencia do 95–99%. Isto fai dos gorilas un dos primates vivos máis próximos do ser humano, despois dos bonobos e os chimpancés.[1].
O hábitat natural dos gorilas é o bosque chuvioso de zonas tropicais e subtropicais. Malia que a súa área de distribución abrangue unha pequena porcentaxe de África, os gorilas distribúense nunha gran variedade de altitudes. Os gorilas de montaña habitan bosques entre os 2.225 e os 4.267 m, mentres que pola súa banda, o gorila do occidente mora en selvas densas e pantanos das terras baixas até o nivel do mar.
Etimoloxía
O físico e misioneiro americano Thomas Staughton Savage e o naturalista Jeffries Wyman foron os primeiros en describir o gorila do occidente, que eles chamaron Troglodytes gorilla en 1847 a partir de espécimes obtidos de Liberia.[2] O nome foi derivado do grego Γόριλλαι (Gorillai), que significa "tribo de mulleres peludas" [3]. Este nome foi dado polo cartaxinés Hannón o Navegante, quen posibelmente visitou a área que hoxe se coñece como Serra Leoa cara o ano -480.[4]
Clasificación
Até hai pouco, considerábase que o gorila era unha única especie con tres subespecies: o gorila do occidente, o gorila do oriente e o gorila de montaña. Na actualidade, o gorila está dividido en dúas especies, divididas á súa vez en dúas subespecies cada unha. Máis recentemente, tense afirmado a existencia dunha terceira subespecie de gorila do oriente, a cal non recibiu unha denominación latina completa. Coñécese como gorila de montaña de Bwindi ou simplemente como gorila de Bwindi.
Debido á falta de consenso, os científicos continúan estudando as relacións entre as diferentes especies de gorila. Deseguido aparece a clasificación coas catro subespecies, que é a que conta co maior consenso científico: [5]
- Gorila do occidente (Gorilla gorilla)
- Gorila occidental das chairas (Gorilla gorilla gorilla)
- Gorila do río Cross (Gorilla gorilla diehli)
- Gorila do oriente (Gorilla beringei)
- Gorila oriental das chairas (Gorilla beringei graueri)
- Gorila de montaña (Gorilla beringei beringei)
Comportamento e ecoloxía
Os gorilas desprázanse xeralmente a catro patas. As súas extremidades anteriores son máis longas que as posteriores e aseméllanse a brazos, aínda que son utilizadas tamén como punto de apoio ao camiñar. Os machos miden entre 1,65 e 2 m de altura, e pesan entre 170 e 250 kg. As femias pesan arredor da metade do que os machos.
O gorila é unha especie en perigo e foi branco de cazadores furtivos durante longos períodos de tempo. As ameazas á supervivencia dos gorilas inclúen a destrución do seu hábitat e a cacería. Esta última incrementouse cos conflitos armados nos países en que habita, e tamén por un crecente interese polas "carnes exóticas". Na actualidade, estímase que hai arredor de 100.000 gorilas occidentais das chairas en liberdade e 4.000 en zoos. Pola súa banda, o gorila oriental das chairas ronda os 4.000 individuos en liberdade e 24 en catividade. En novembro de 2012, estimábase que a poboación total de gorilas de montaña ascendía a 880. A pesar de que o seu número está medrando lentamente con respecto a anos anteriores, o gorila de montaña segue a considerarse como unha especie en perigo crítico de extinción.[6]
Folerpa de Neve foi o único caso de gorila albino que se coñece até o momento presente. Calcúlase que naceu sobre 1964 e faleceu en Barcelona en 2003.
Notas
- ↑ In a talk presented at the Annual Meeting of the American Anthropological Association on November 20, 1999, Jonathan Marks stated: "Humans, chimpanzees, and gorillas are within two percentage points of one another genetically." "What It Really Means To Be 99% Chimpanzee" (en inglés). 10 de outubro de 2006.
- ↑ Conniff R. Discovering gorilla. Evolutionary Anthropology, 18: 55–61. doi 10.1002/evan.20203
- ↑ Γόριλλαι, Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, on Perseus Digital Library
- ↑ Müller, C. (1855–61). Geographici Graeci Minores. pp. 1.1–14: text and trans. Ed, J. Blomqvist (1979).
- ↑ Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (Editors). 2005. Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed).
- ↑ Aldred, Jessica (13 de novembro de 2012). "Mountain gorilla numbers rise by 10%". Consultado o 29 de xullo de 2013.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gorila |
Outros artigos
Ligazóns externas
- Ano do Gorila, promovido polo Programa de Nacións Unidas para o Medioambiente (PNUMA).