Reno: Diferenzas entre revisións
m r2.7.2) (Bot: Cambio nn:Reinsdyr por nn:Rein |
m Bot: Engado: ceb:Rangifer tarandus |
||
Liña 46: | Liña 46: | ||
[[br:Karv-erc'h]] |
[[br:Karv-erc'h]] |
||
[[ca:Ren]] |
[[ca:Ren]] |
||
[[ceb:Rangifer tarandus]] |
|||
[[cr:ᐊᑎᐦᒄ]] |
[[cr:ᐊᑎᐦᒄ]] |
||
[[cs:Sob polární]] |
[[cs:Sob polární]] |
Revisión como estaba o 17 de febreiro de 2013 ás 13:58
Rena | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | ||||||||||||
|
O reno ou rena, tamén chamado caribú na América do Norte, é un cervídeo de gran porte, característico das rexións árticas do norte do Canadá, Alasca, Rusia, Escandinavia e Islandia. En 1952 reintroduciuse a especie con éxito na Escocia, onde se extinguira no século X. Hai oito subespecies de reno recoñecidas, que corresponden ás poboacións de diferentes áreas.
O reno presenta dimorfismo sexual, sendo os machos de ata 300 kg bastante maiores que as femias. Ambos os sexos teñen galladas, que son máis elaboradas nos machos. A principal fonte de alimentación das renas son liques e herbas rastreiras. Este animais poden, no entanto, comer tamén pequenos paxaros e ovos. O reno ten dentes frontais apenas no maxilar inferior.
O reno é bastante importante na economía das populacións nativas do Ártico como os Inuit e os habitantes da Laponia. Estes pobos domesticaron o reno como fonte de alimento e de peles e animal de tracción. Para alén das manadas domésticas, os renos tamén se cazan nalgúns lugares polos mesmos motivos.
Na cultura popular, a zorra do Pai Nadal é tirada por renos.