Saltar ao contido

Che Guevara: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xosel (conversa | contribucións)
das wikis port e española. Tratei de poñelo imparcial
Xosel (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{en progreso}}

[[Image:Che_Guevara1987.jpg|thumb|250px|Retrato do Che Guevara.]]
[[Image:Che_Guevara1987.jpg|thumb|250px|Retrato do Che Guevara.]]
'''Ernesto Rafael Guevara de la Serna''' ([[14 de xuño]] de [[1928]] – [[9 de outubro]] de [[1967]]), coñecido como '''Che Guevara''' ou '''el Che,''' foi un [[Revolución|revolucionario]] [[marxista]] e líder da [[guerrilla]] [[Cuba|cubana]], nado en [[Rosario]], [[Arxentina]] o [[14 de xuño]] de [[1928]], morto en [[La Higuera]], [[Bolivia]], o [[9 de outubro]] de [[1967]]). Fillo de Ernesto Guevara Lynch e Celia de la Serna y Llosa.
'''Ernesto Rafael Guevara de la Serna''' ([[14 de xuño]] de [[1928]] – [[9 de outubro]] de [[1967]]), coñecido como '''Che Guevara''' ou '''el Che,''' foi un [[Revolución|revolucionario]] [[marxista]] e líder da [[guerrilla]] [[Cuba|cubana]], nado en [[Rosario]], [[Arxentina]] o [[14 de xuño]] de [[1928]], morto en [[La Higuera]], [[Bolivia]], o [[9 de outubro]] de [[1967]]). Fillo de Ernesto Guevara Lynch e Celia de la Serna y Llosa.

Revisión como estaba o 22 de xaneiro de 2006 ás 21:37

Ficheiro:Che Guevara1987.jpg
Retrato do Che Guevara.

Ernesto Rafael Guevara de la Serna (14 de xuño de 19289 de outubro de 1967), coñecido como Che Guevara ou el Che, foi un revolucionario marxista e líder da guerrilla cubana, nado en Rosario, Arxentina o 14 de xuño de 1928, morto en La Higuera, Bolivia, o 9 de outubro de 1967). Fillo de Ernesto Guevara Lynch e Celia de la Serna y Llosa.


En 1952, co seu amigo Alberto Granado, bioquímico, Guevara realiza un soño: atravesa a América do Sur nunha vella moto coñecida polo nome de La Poderosa. Nesa viaxe, Guevara comeza a ver a América do Sur como unha única entidade económica e cultural que precisa unirse. El ve a miseria e a impotencia das masas e conclúe que a única maneira de acabar coas desigualdades sociais é a revolución. De volta á Arxentina, acaba os estudos de Medicina en 1953 e pasa a se dedicar á política.


En 1954, no México a través de Ñico López, un amigo das loitas na Guatemala, el coñece a Raúl Castro que logo o presentaría a o seu irmán máis vello, Fidel Castro. Este último organizou e lidera o movemento guerrilleiro 26 de xullo, ou M26, en referencia a José Martí e que ten por obxectivo tomar o poder en Cuba. Guevara fai parte dos 82 homes que parten para Cuba en 1956 con Fidel Castro e dos cales só sobreviverían 12 (número que levanta controversias; algúns dicen que Fidel insiste neste número para asocialos aos 12 discípulos de Cristo).

É durante ese ataque cando o Che, o médico do grupo, deixa a maleta médica por unha caixa de munición dun compañeiro abatido, un momento que tempos despois definiría como o marco divisor na súa transición de doutor a combatente.

De seguida eles instálanse nas montañas da Sierra Maestra de onde inician a guerrilla contra o ditador cubano Fulgencio Batista, que estaba apoiado polos Estados Unidos.

Os rebeldes fortalécense lentamente, aumentando o seu armamento e angariando apoio e o recrutamento de moitos campesiños, intelectuais e traballadores urbanos. Guevara mostra gran coraxe, talento en combate, e crueldade cos inimigos e logo tórnase un dos homes de confianza de Fidel Castro.

Triunfo da Revolución, presidente do Banco Nacional

O Che convertiuse na man dereita de Fidel Castro e é nomeado presidente do Banco Nacional de Cuba e logo Ministro de Industria.

Mantivo entrevistas cos principais líderes do momento: Nasser (República Árabe Unida), Nehru (India), Tito (Yugoslavia), Kruschev (Unión Sovética), Mao Tse Tung (Chiña), Haedo (Uruguai), Frondizi (Arxentina), Quadros (Brasil) e Ben Bela (Arxelia). Pronunciou discursos ante a Asemblea Xeneral da ONU e nunha reunión do Consello Económico e Social da OEA.

En 1959 casou con Aleida March e xuntos visitaron Exipto, India, Xapón, Indonesia, Paquistán e Xugoslavia. De volta a Cuba, como Ministro de Industria, asinou un pacto de negocios coa URSS que liberou á industria azucareira cubá da dependencia do décimo do mercado de EE.UU. (febreiro 1960). Das experiencias que Che obtivo durante a revolución cubá, naceu un axioma: "Non é necesario agardar ata que todas as condicións para a revolución existan, o foco insurreccional pódeas criar". E como Mao Zedong, el creu que o campo debía levar a revolución ás cidades en países predominantemente agrícolas. O Che escribiu moito sobre a criación do home novo, como condición necesaria para a Revolución, parte do seu pensamento obsérvase en: "O home realmente chega ao seu estado de completa humanidade cando el produce, sen ser forzado por necesidade física a se vender a si mesmo como mercadoría".

En 1965, Guevara deixa Cuba para propagar os ideais da revolución cubana polo mundo coa axuda de voluntarios de varios países latinoamericanos.

Parte primeiro para o Congo, na África (onde atopa con Kabila). Despois do fracaso dos combates no Congo, parte para a Bolivia, onde tenta estabelecer unha base guerrilleira para loitar pola unificación dos países da América Latina. Mais enfrenta dificuldades co terreo descoñecido e en conquistar a confianza dos campesiños. É finalmente cercado e capturado o 8 de outubro de 1967 e executado no día seguinte por un comando ás ordes de axentes da CIA. Os boatos que cercaron a execución de Che Guevara levantaron dúbidas sobre a identidade real do guerrilleiro, que utilizaba documentos uruguaios falsos. A confusión estabelecida en torno do caso culminou no desaparecemento do seu corpo, que só se atopou trinta anos despois.

A imaxe do Che é mítica en toda a América Latina. Na localidade onde foi asasinado en 1967 érguese actualmente unha estatua na súa homenaxe. Pasou a ser coñecido na rexión como "San Ernesto de La Higuera" e dáselle case culto como santo pola poboación local.

En 1997 foron atopados os seus restos mortais, por investigadores nunha vala común, xunto a outras osadas, na cidade de Vallegrande, a cerca de 50 Km de onde ocorreu a súa execución. A súa osada estaba sen as mans, que segundo consta en relatos non oficiais, serían amputadas para o recoñecemento da súa identidade logo despois da súa morte. Os seus restos mortais foron transferidos para Cuba, onde se enterraron o 17 de outubro dese mesmo ano con honrarías de Estado na presenza de membros da súa familia e do líder cubano e antigo compañeiro de revolución Fidel Castro.