Saltar ao contido

Esquizofrenia/Tratamento/Grupos de autoaxuda

En Galilibros, o Wikibooks en galego.
Galilibro
A ESQUIZOFRENIA
Introdución
Historia
Tratamento
Máis información

Os grupos de autoaxuda para os familiares que teñen que lidar coa esquizofrenia son cada vez máis comúns. Aínda que non son liderados por un terapeuta profesional, estes grupos son terapéuticos a través do mutuo apoio que se brindan os membros. O compartir experiencias con persoas que están nunha situación parecida proporciona consolo e fortaleza. Os grupos de autoaxuda tamén poden desempeñar outras funcións importantes, tales como solicitar que se fagan estudos de investigación e esixir que existan tratamentos adecuados nos hospitais e clínicas da súa comunidade. Se no canto de actuar individualmente, os pacientes se unen para actuar como grupo, eles fan presión para que a sociedade elimine o estigma en contra dos enfermos mentais. Os grupos tamén teñen un papel importante para facer que o público tome conciencia dos casos de abuso e discriminación.

Os grupos de apoio e defensa formados por familiares e persoas con circunstancias similares proporcionan información útil para os pacientes e as familias dos pacientes con esquizofrenia e outros trastornos mentais.