Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda
María Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda, nada en Vigo o 21 de agosto de 1961 e finada na mesma cidade o 23 de setembro de 2018,[1] foi unha profesora e investigadora galega, especialista na figura de Rosalía de Castro.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de agosto de 1961 Vigo, España |
Morte | 23 de setembro de 2018 (57 anos) Vigo, España |
Formación profesional | Filoloxía hispánica |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Xénero artístico | ensaio |
Familia | |
Cónxuxe | Xesús Alonso Montero |
Pai | San Luis |
Traxectoria
editarFoi a segunda filla de María Victoria Ruiz de Ojeda e Luis Jacobo Álvarez Rodríguez, pintor, máis coñecido como San Luis. Licenciada en Filoloxía Hispánica en 1984 pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesora de ensino secundario en varios institutos, no de Mos nos últimos anos,[1] e formou parte do padroado da Fundación Rosalía de Castro[2] e da Fundación Blanco Amor.
Colaborou en publicacións como Anuario de Estudos Literarios Galegos, Grial, revista galega de cultura, Follas novas: revista de estudos rosalianos, Boletín da Real Academia Galega e Festa da Palabra Silenciada.
Publicacións
editar- Rosalía de Castro para nenos. Madrid: Ediciones de la Torre. 1988. ISBN 84-86587-26-3.[3]
- Entrevistas con E. Blanco-Amor. Nigra. 1994. ISBN 84-87709-16-8. Con prólogo de Xesús Alonso Montero.
- "Os que se ocultan: a práctica do pseudónimo na literatura galega". Anuario de Estudos Literarios Galegos: 69–92. 1992.[4]
- "Sobre a "demisión" de Rosalía: unha carta inédita de Manuel Murguía". Grial (131): 389–399. 1996.
- "Un importante documento para a biografía de Rosalía de Castro". Grial (136): 479–501. 1997.
- "Sobre as orixes de Rosalía de Castro: a inclusa de Santiago de Compostela e o caso de Josefa Laureana de Castro". A Trabe de Ouro (39). 1999.
- "A primeira carta en prosa en galego moderno: Camilo Alvarez de Castro escribe a Rosalía sobre "Cantares gallegos" (1963)". Grial (143): 455–474. 1999.
- "Documento para a biografía de Rosalía de Castro: testamento de José Martínez Viojo, presbítero". Grial (146): 169–178. 2000.
- "Manuel Murguía e a Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago". Grial (147): 399–429. 2000.
- "Para unha bibliografía, correcta e completa, de Manuel Murguía". Boletín da Real Academia Galega (361): 15–58. 2000. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2018. Consultado o 23 de setembro de 2018.
- "Eladio Rodríguez González e a Real Academia Galega. Crónica e epistolario". Boletín da Real Academia Galega (362): 9–67. 2001. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2018. Consultado o 23 de setembro de 2018.
- "Manuel Azaña e Eduardo Blanco Amor. Epistolario inédito (1935-1944)". Grial (163): 57–73. 2004.
- Rosalía de Castro para niños y jóvenes (en castelán). Madrid: Ediciones de la Torre. 2008. ISBN 84-7960-387-9.[5]
- Colectiva: Angueira, Anxo et al. (2009). Rosalía 21 (en varias linguas). Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9782-880-2.
- "O labor xornalístico de Rosalía de Castro"". Xornalistas con opinión 2. Galaxia. 2010. pp. 67–81. ISBN 978-84-9865-338-0.
- "Agna de Valldaura, unha amizade catalá de Rosalía de Castro" (PDF). Festa da Palabra Silenciada (26): 56–64. 2010.
- "Lembranza de Ricardo Bastid (1919-1966): Luces e sombras". Grial (191): 65–73. 2011.
- "Testemuños dunha orientación artística" (PDF). Festa da Palabra Silenciada (27): 111–126. 2011.
- "Micaela Mutuberría" (PDF). Festa da Palabra Silenciada (28): 77–80. 2012.
- "Avances na investigación da biografía rosaliana". Madrygal 21. 2018. ISSN 1138-9664. doi:10.5209/MADR.62612.
- Sobre a lingua galega de Rosalía de Castro. Manuais. Editorial Galaxia. 2020. ISBN 978-84-9151-452-7.[6]
Recoñecemento
editarEn decembro de 2018 a revista do Centro de Estudos Galegos da Universidade Complutense de Madrid, Madrygal, adicoulle unha separata[7] e en 2019 a Secretaría Xeral de Política Lingüística e o IES de Mos fixéronlle unha homenaxe.[8]
A revista Grial fíxoa protagonista do nº 223 (2019): Victoria Álvarez Ruíz de Ojeda: camiños explorados.
Vida persoal
editarO 16 de xullo de 1997 casou con Xesús Alonso Montero.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Fallece Victoria Álvarez, investigadora y esposa de Alonso Montero". La Voz de Galicia (en castelán). 24/9/2018.
- ↑ "Padroado da Fundación Rosalía de Castro". Arquivado dende o orixinal o 23/09/2018. Consultado o 23/09/2018.
- ↑ Rosalía de Castro para nenos en Google Books.
- ↑ Anuario de Estudos Literarios Galegos Arquivado 24/09/2018, en Wayback Machine. Imaxe da portada.
- ↑ Rosalía de Castro para niños y jóvenes Imaxe da portada.
- ↑ Palacio, Antón (Outubro, novembro, decembro 2020). "De Rosalía e a súa lingua". Revista Grial. LVIII (228): 107, 108. ISSN 0017-4181.
- ↑ Vol. 21 (2018) publicado o 19/12/2018
- ↑ "Política Lingüística réndelle homenaxe á investigadora rosaliana María Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda". O Portal da Lingua Galega. 2 de abril de 2019. Consultado o 5 de abril de 2019.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Álvarez Ruíz de Ojeda, Victoria". Diccionario enciclopédico galego universal 3. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 80. ISBN 84-7680-429-6.
- "Álvarez Ruíz de Ojeda, Victoria". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 47.
- Arias Chachero, Patricia (2018). "Achegamento á vida e á obra de Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda". Madrygal 21. pp 355-379. ISSN 1138-9664. doi 10.5209/MADR.62611.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 49. ISBN 84-8288-019-5.