Península do Barbanza
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2015.) |
A Península do Barbanza[1][2] ou Península da Barbanza[3] é unha área xeográfica do oeste provincia da Coruña, entre a ría de Arousa e a ría de Muros e Noia. Abrangue os concellos da comarca de Barbanza (Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo) e algúns outros da comarca de Noia (Porto do Son, Lousame e Noia).
Tipo | península | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Provincia da Coruña, España | |||
| ||||
Descrición
editarEstá bañada, polo noroeste, pola ría de Muros e Noia, e polo sueste, pola ría de Arousa. O punto máis occidental é o cabo Corrubedo e o máis meridional, a punta Perico, ambos no concello de Ribeira. Os puntos máis setentrionais e orientais non lindan co mar senón con outros concellos coruñeses.
O punto máis alto é Iroite, monte de 691 metros entre os concellos de Boiro, Lousame e Porto do Son. Mais supérao en fama, quizais, a Curota, de 514 metros de altura, dende o que se albisca toda a ría de Arousa.
A extensión dos concellos é, aproximadamente, de 468 km², nos que se concentra unha poboación moi elevada: 94 931 [cando?]. Isto dá unha alta densidade de poboación: 202,8 ha.b/km². Esta alta densidade de poboación, porén, parece non afectar demasiado á fauna e flora do lugar, pois mesmo no concello de Ribeira, o máis poboado, atópase o parque natural das dunas de Corrubedo; así como hai outras moitas zonas relativamente virxes, especialmente no concello de Porto do Son e Lousame, onde hai zonas con baixas densidades de poboación.
A península do Barbanza é un lugar onde se poden atopar moitos ríos, algúns bastante caudalosos, coma o río Sieira ou o río Barbanza. Pero, indubidablemente, o maior río que pasa polo Barbanza, é tamén un dos maiores de Galicia, é o Tambre, que pasa polo concello de Lousame e desemboca no de Noia.
No apartado económico, pódese salientar a grande industrialización de Santa Uxía, capital de Ribeira; a vila de Noia, onde se atopa unha gran cantidade de comercios; e a vila de Boiro, coñecida tanto pola súa importante industria conserveira así como pola gran cantidade de establecementos de hostalería. Son importantes tamén núcleos urbanos que non son capital de concello, por exemplo, os que rodean Santa Uxía (Palmeira, Aguiño...) ou Portosín, no concello de Porto do Son.
Notas
editar- ↑ "Barbanza, península do". Diccionario enciclopédico galego universal 7. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 125. ISBN 84-7680-429-6.
- ↑ "Barbanza". Enciclopedia Galega Universal 3. Ir Indo Edicións. 1999-2002. p. 100-102. ISBN 84-7680-288-9.
- ↑ "Barbanza, A". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Barbanza". Enciclopedia Galega Universal 3. Ir Indo. 1999-2002. pp. 100–102. ISBN 84-7680-288-9.