Malaisia[1] é un país do sueste asiático, constituído pola península Malaia e mais pola Malaisia oriental, no norte de Borneo. O país está situado a aproximadamente 200 km ao norte do ecuador terrestre.

Modelo:Xeografía políticaMalaisia
Malaysia (ms) Editar o valor en Wikidata

HimnoNegaraku Editar o valor en Wikidata

Lema«Bersekutu Bertambah Mutu»
«برسکوتو برتمبه موتو» Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 3°46′50″N 102°18′52″L / 3.7805111, 102.31436167
CapitalKuala Lumpur Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación32.447.385 (2020) Editar o valor en Wikidata (98,09 hab./km²)
Lingua oficiallingua malaia Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie330.803 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porEstreito de Malaca, Estreito de Johor, Mar da China Meridional, Baía do Brunei (pt) Traducir, Mar de Sulu e Mar de Célebes Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Kinabalu (pt) Traducir (4.096 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoOcéano Índico (0 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación16 de setembro de 1963 Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Organización política
Forma de gobernomonarquía constitucional
monarquia federal (pt) Traducir
monarquía electiva
Monarquía parlamentaria Editar o valor en Wikidata
• Yang di-Pertuan Agong (pt) Traducir Editar o valor en WikidataIbrahim Ismail de Johor (pt) Traducir (2024–) Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoCabinet of Malaysia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor en WikidataAnwar Ibrahim (pt) Traducir (2022–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoParlamento da Malásia (pt) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialFederal Court of Malaysia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal372.981.073.018 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
Moedaringgit malaio (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.my Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+60 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia999 Editar o valor en Wikidata
Código de paísMY Editar o valor en Wikidata

Sitio webmalaysia.travel… Editar o valor en Wikidata
Twitter: TourismMalaysia BNE: XX452375 Editar o valor en Wikidata

O termo Malaisia ou arquipélago Malaio xa se empregaba para designar a Indonesia.

Historia

editar

A península Malaia, ocupada polos Malaios, estaba organizada nunha sociedade feudal, sendo un polo de comercio principal da Asia do Sueste.

Os comerciantes árabes foron os primeiros en se instalar no territorio no século XIV. A súa influencia foi decisiva sobre o futuro dos malaios, xa que converteron a poboación ao islam.

No século XV, os europeos, atraídos polo comercio das especias, chegaron despois de teren procurado a ruta das Indias orientais para suplantar o monopolio árabe do comercio. Os portugueses, os holandeses e os británicos sucesivamente disputáronse o control do estreito.

Malaisia ​​independizouse en 1957. En 1981, Mahathir bin Mohamad converteuse en primeiro ministro e liderou o país cara á modernización ata a súa xubilación en 2003.

Política

editar

Malaisia é membro do ASEAN (Asociación das Nacións de Asia do Sueste).

Administración

editar

A Malaisia é unha federación composta de trece estados (nexeri) e de tres distritos federais (wilayah peresekutuan):

Península Malaia (capitais entre parénteses):

Malaisia oriental:

Xeografía

editar
 
Malaisia: península Malaia e Malaisia oriental.

Malaisia está composta por dúas rexións:

Malaisia occidental ou Malaisia peninsular (ao sur de Tailandia) está dividida de norte a sur por unha longa cadea montañosa cuxo punto de maior altitude se sitúa a 2189 m (Monte Tahan) e onde subsisten vastas zonas forestais. A costa oeste é cha; a costa leste está composta de longas praias de area. Os cultivos e plantacións están situados ao longo das chairas costeiras. A parte norte (Perlis e Kedah) considérase o celeiro de arroz do país.

Malaisia oriental, situada ao norte de Indonesia (Borneo), componse dos territorios de Sarawak e de Sabah. Esta parte representa o 15 % da poboación e o 60% do territorio. Está basicamente composta de xungla e dun relevo abondo elevado (monte Kinabalu: 4 095 m).

Comparte fronteiras co Brunei (381 km), Indonesia (1.178 km) e Tailandia (506 km) e dispón de 4.675 km de costas. No 2003, a súa poboación era de 25 200 000 de habitantes.

Economía

editar
Artigo principal: Economía de Malaisia.

Os recursos principais do país son:

Demografía

editar
 
Evolución da poboación entre 1961 e 2003 (cifra da FAO, 2005). Poboación en milleiros de habitantes.

A xente de Malaisia chámase malaisios. Non se debe confundir cos malaios, que son os que constitúen a poboación maioritaria (62 %) e histórica, mais non son os únicos habitantes. Hai aproximadamente un 25% de malaisios de descendencia chinesa e o 10 % é de descendencia india. Establecéronse hai varias xeracións. A poboación é nova e está en expansión (ela tense dobrado entre 1970 e 2000). A taxa de natalidade dos Malaios é moi superior á dos chineses.

O 75% da poboación de Malaisia reside na península Malaia.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para malaisiano.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar