Economía de Malaisia
A economía de Malaisia transformouse, entre 1981 e o final da década de 1990 dun produtor de materias primas nunha economía emerxente multi-sectorial. O crecemento debeuse case exclusivamente ás exportacións – particularmente de produtos electrónicos[1].
Economía de Malaisia | |
---|---|
Moeda | Ringgit |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, ASEAN, APEC, IOR-ARC |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 506,7 mil millóns (2012) |
Posición do PIB | 30ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | 5,6% (2012) |
PIB per cápita | 17 200 (2012) |
PIB por sector | agricultura 11,4%, industria 40,2%, servizos 48,3% (2012) |
Inflación | 1,7% (2012) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 12.900.000 (2012) |
Forza de traballo por sector | agricultura 11,1%, industria 36% servizos 53% |
Desemprego | 3% (2012) |
Industrias | Península malaia: caucho e procesamento de aceite de palma, petróleo e gas natural, industria lixeira, fármacos, tecnoloxía médica, electrónicos e semicondutores, procesamento de madeira. Sabah: extracción de madeira, produción de petróleo e gas. Sarawak: procesamento agrícola, produción de petróleo e gas, extracción de madeira. |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 247 mil millóns (2012) |
Produtos de exportación | semicondutores e equipamentos electrónicos, aceite de palma, petróleo e gas natural liqüefeito, madeira e derivados, caucho, têxteis, produtos químicos, paneis solares |
Principais mercados | Singapur 13,6%, a República Popular da China 12,6%, o Xapón 11,8%, os Estados Unidos 8,7%, Tailandia 5,4%, Hong Kong 4,3%, a India 4,2% e Australia 4,1% (2012) |
Importacións | 181,6 mil millóns (2012) |
Principais produtos importados | electrónicos, máquinas, derivados de petróleo, plástico, vehículos, produtos de ferro e aceiro, produtos químicos |
Principais mercados | A República Popular da China 15,1%, Singapur 13,3%, o Xapón 10,3%, os Estados Unidos 8,1%, Tailandia 6%, Indonesia 5,1% e Corea do Sur 4,1% (2012) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 99,93 mil millóns (2012) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
Os recursos principais do país son:
- Os recursos do subsolo: ouro, estaño, ferro, bauxita (da costa occidental), gas natural e o petróleo, explotados no litoral ao longo da costa oriental.
- Da agricultura e silvicultura: madeira, caucho, aceite de palma e automóbiles. O país está especializado nos semi-condutores.
Despois de chegar ó poder, o primeiro ministro Mahathir bin Mohamad intentou levar a economía máis aló das cadeas produtivas que agregaban valor aos produtos primarios, atraendo investimentos en sectores de alta tecnoloxía, tecnoloxía médica e produción de medicamentos[1].
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 "The World Factbook.". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2019. Consultado o 9 de novembro de 2013.
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).