Fernanda Tabarés
María Fernanda Tabarés Domínguez, nada en Ourense o 27 de febreiro de 1968, é unha xornalista galega.[Cómpre referencia]
Nome orixinal | Fernanda Tabarés Domínguez |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1968 (55/56 anos) Ourense, España |
Formación profesional | Licenciada en Ciencias da información |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Q89547790 | Vía V, de V Televisión |
Actividade | |
Ocupación | Directora de Voz Audiovisual |
Empregador | Grupo Voz |
Lingua | Castelán, galego |
Premios | |
Premio Mestre Mateo |
Traxectoria
editarÉ licenciada en Ciencias da información pola Universidade Complutense de Madrid.[1] Tabarés leva máis de cinco lustros vinculada ao Grupo Voz, onde desenvolveu diversas tarefas xornalísticas e de xestión.[1]
Entre outras funcións, foi delegada de La Voz de Galicia no Carballiño - O Ribeiro, xefa de sección de Sociedade e Cultura de La Voz de Galicia, xefa de Sociedade de Diario 16 e delegada do mencionado xornal coruñés en Vigo.[1]
Entre os anos 2009 e 2010 participou como comentarista en 13 dos programas de Foro Aberto que emitiu a Televisión de Galicia.[2]
Desde 2010 até a súa desaparición en decembro de 2017, dirixiu e presentou o programa Vía V, de V Televisión, con 1 128 emisións.[1][3] Polo seu traballo neste desaparecido programa de debate e faladoiro gañou o premio Mestre Mateo á mellor comunicadora de televisión en 2012.[4]
Presentou as Galas dos Premios Mestre Mateo nos anos 2013 e 2014.[2]
Despois da suspensión das emisións de Via V, desde os comezos do ano 2018 —coa conclusión da serie O final do camiño— a produtora Voz Audiovisual, da Corporación Voz de Galicia, renovou a súa estrutura. Fernanda Tabarés, até esta data directora de V Televisión, foi nomeada directora de Voz Audiovisual, sucedendo a Carlos Carballo.[5]
Fernanda Tabarés escribe un artigo semanal no suplemento YES (Ya Es Sábado) do xornal La Voz de Galicia.[4]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Cierra el programa de Fernanda Tabarés que daba notoriedad a V Televisión. En Mudiario, 1 de decembro de 2016. Consultada o 12 de setembro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 Fernanda Tabarés en IMDb. Consultada o 16 de setembro de 2018.
- ↑ «Vía V» cumple mil programas analizando la actualidad. La Voz de Galicia, 29/02/2016. Consultada o 12 de novembro de 2018.
- ↑ 4,0 4,1 Fernanda Tabarés Arquivado 13 de setembro de 2018 en Wayback Machine. en Deputación de Pontevedra. Foro "As mulleres que opinan son perigosas". Consultado o 12 de setembro de 2018.
- ↑ Fernanda Tabarés, nueva directora de la productora Voz Audiovisual. La Voz de Galicia, 12/01/2017. Consultada o 12 de setembro de 2018.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Fernanda Tabarés en IMDb (en inglés).
- Artigos de Fernanda Tabarés no suplemento YES.
- Listaxe de finalistas dos XII Premios Mestre Mateo.
- Os primeiros minutos de vida de V Televisión. Con Fernanda Tabarés presentando, 30-05-2010. Youtube.
- Entrevista a Fernanda Tabarés. Revista Entrepontes, do IES Campo de San Alberto de Noia, 21-04-2015. Youtube.
- Entrevista a Xosé Manuel Beiras en Vía V, 17-06-2016. Youtube.
- PP y PSOE pactan para cerrar en falso el accidente de Angrois 3 años después V Televisión, 10-05-2016. Youtube.
- Fernanda Tabarés "Opinión na contraportada. A páxina máis cobizada" Entrevista no Canal Rías Baixas, 4-04-2018. Youtube.