El Norte de Galicia
El Norte de Galicia foi un xornal que se editou en Lugo entre 1901 e 1923.
El Norte de Galicia | |
---|---|
Fundación | 1901 |
Fundador | Juan Manuel Pardo y Pardo Montenegro |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Lugo |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
- Non confundir con El Norte de Galicia de Ferrol, nome que recibiu Ferrol Diario nunha segunda etapa.
Historia e características
editarApareceu o 31 de xaneiro de 1901 (II Época, Ano III, nº 1), tiña como subtítulo Diario político y de información que cambiou posteriormente por Diario de información y el de mayor circulación de Lugo y su provincia. Foi propiedade de Antonio Pardo Pardo-Montenegro, un empresario fillo de Manuel Pardo de la Vega.
Voceiro da política conservadora na provincia de Lugo, o seu primeiro director foi Emilio Tapia Rivas. Tivo como redactores a Antonio Couceiro Freijomil, Juan Ramón Somoza, Ramón Robles Neira e Manuel Molina Mesa e entre os seus colaboradores figuraron Manuel García Blanco e Antón Villar Ponte.
Cesou a súa publicación en xaneiro de 1923. Nos seus talleres pasou a imprimirse La Provincia, novo órgano conservador de Lugo.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Norte de Galicia, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. p. 374. ISBN 84-7492-489-8.