Antonio Couceiro Freijomil
Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un filólogo, bibliógrafo, pedagogo e escritor galego, coñecido polo seu Diccionario bio-bibliográfico de escritores. Foi membro de número da Real Academia Galega desde 1941[1].
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xuño de 1888 Pontedeume, España |
Morte | 9 de maio de 1955 (66 anos) Santiago de Compostela, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor, catedrático |
Membro de | Real Academia Galega (académico de número) (1941–1955) Real Academia Galega (membro correspondente) (1926–1941) |
Obra | |
Obras destacables | |
Traxectoria
editarEstudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela e fundou en Pontedeume un colexio de primeiro ensino. Exerceu como profesor en varios colexios de Lugo e Ourense, onde casou con Elisa Pavón Rodríguez. Foi membro da Real Academia Galega e do Seminario de Estudos Galegos.
Fundou con Edmundo Roberes Alonso El Eco de Puentedeume en 1906,[2] foi redactor de Ecos del Eume, redactor xefe de El Diario de Orense e colaborou en La Zarpa, Galicia, El Norte de Galicia, Vida Gallega, El Compostelano, El Correo Gallego e La Noche.
Obra
editar- La aceptación del dolor, 1914.
- Ortografía gallega. Bases para su unificación, 1929.
- La bandera de Galicia, 1929.
- Los factores del desenvolvimiento humano, 1934.
- El idioma gallego, Historia, Gramática, Literatura, 1935.
- Los niños anormales y su educación especial, 1936.
- Historia de Pontedeume y su comarca, 1944.
- Diccionario bio-bibliográfico de escritores, Editorial de los Bibliófilos Gallegos, 1951-1954.
- Programa escolar, 1955.
Notas
editar- ↑ "Antonio Couceiro Freijomil". Real Academia Galega.
- ↑ La Voz de Galicia, 21-2-1906, p. 1.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antonio Couceiro Freijomil |
Bibliografía
editar- Brais da Bouza [Ignacio Pérez Vázquez] (2005). "Couceiro Freijomil". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Fernández del Riego, Francisco (1990). Diccionario de escritores en lingua galega. Do Castro. p. 100. ISBN 978-84-7492-465-7.
- Simposio sobre Antonio Couceiro Freijomil. Actas do congreso realizado pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, Santiago de Compostela, o día 13 de maio de 2005. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. 2006. ISBN 978-84-453-4146-9.