Río Amu Daria

río de Asia Central
(Redirección desde «Amu Daria»)

O río Amu Daria,[1][2] (en taxico, Омударё ou дарёи Ому, Omudaryo ou Daryoi Omu; en persa آمودریا, Âmudaryâ; en uzbeko, Amudaryo, onde darya en persa antigo significa mar ou gran río), é un longo río de Asia Central, antigumente chamado Pamir e Oxus, polos gregos.

Modelo:Xeografía físicaRío Amu Daria
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteAsia Editar o valor en Wikidata
País da cuncaTurkmenistán, Uzbekistán, Tadjiikistán e Afganistán Editar o valor en Wikidata
División administrativaGhowr, Afganistán (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónRio Pamir (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaAqtöbe, Kazakhstán (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónSouth Aral Sea (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 37°06′22″N 68°18′23″L / 37.106, 68.3063
44°06′30″N 59°40′52″L / 44.1083, 59.6811
Afluentes
Características
Altitude29 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións2.620 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica309.000 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal1.400 m³/s Editar o valor en Wikidata

Nace na cordilleira do Pamir, serve de fronteira natural entre Afganistán, Tadjiikistán, Turkmenistán e Uzbekistán, e desemboca no mar de Aral; antigamente desembocaba no mar Caspio.

Ten un curso aproximado de 2 540 km.

Recibe o nome da cidade de Āmul, actual Türkmenabat, pola cal flúe.

Xeografía

editar

O Amu Daria nace na unión do río Vakhsh (786 km) e o río Panj (1 125 km).

A poboación local refírese ao río como Jayhoun (جيحون) cuxo nome se pensaba que derivaba de Gihon, o nome bíblico dun dos catro ríos do xardín do Edén ou paraíso. O río tamén foi coñecido por este nome pola maior parte dos escritores islámicos medievais.

O río é navegábel ao longo de 1450 km, sendo a súa lonxitude total de 2 540 km, e a súa conca de 534 739 km².

Cada ano verte ao mar de Aral ao redor de 55 km3 de auga, que ven das montañas do sur, onde a precipitación anual rolda os 1 000 mme. Incluso antes de comezar a irrigación masiva, a gran evaporación durante o verán impide que gran parte da súa auga alcance o mar.

Historia

editar

Hai evidencias de que os glaciares do Pamir subministraban bastante auga ao río durante os séculos XIV e XIII a.C.[Cómpre referencia]

Os escritos históricos indican que en diversos períodos o río fluíu até o mar de Aral (polo sur), ao mar Caspio (polo leste) ou a ambos os dous. O último cambio de desembocadura documéntase no século XIII, cando se produce a conquista de Kunya-Urgench por parte dos mongois tras desviar o Amu Daria e propiciar así a inundación da cidade; antes o río discorría atravesando a conca do lago Sariqamish, formando rápidos e cataratas a través do leito actualmente seco do Uzboy, para desembocar nunha gran baía existente nese momento ao leste do Caspio.[3]

Galería de imaxes

editar
  1. persa: آمودریا, aːmuː dæɾˈyaː
    turcomán: Amyderýa / Амыдеря
    uzbeko: Amudaryo / Амударё/ەمۇدەريا
    taxico: Амударё
    paxto: د آمو سيند, də Āmú Sínd
    turco: Ceyhun / Amu Derya
    grego antigo: Ὦξος, e historicamente coñecido en latín como Oxus
  2. Ptolemaeus, Geography, §6.10.1
  3. Kropotkin, P. (1898): The Old Beds of Amu Daria - JSTOR, pp. 306 e 310

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar